Johann Christian Daniel von Schreber

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Johann Christian Daniel von Schreber
Schreber Johann Christian Daniel von 1739-1810.jpg
Nacemento17 de xaneiro de 1739
 Weißensee
Falecemento10 de decembro de 1810
 Erlangen
NacionalidadeConfederación do Rin
Alma máterUniversidade de Halle-Wittenberg, Universidade de Uppsala e Universidade de Erlangen-Nuremberga
Ocupaciónbotánico, escritor, naturalista, liquenólogo, catedrático de universidade, médico e entomologista
Premiosmembro da Royal Society
editar datos en Wikidata ]

Johann Christian Daniel von Schreber, nado en Weissensee, Turinxia (Alemaña) o 17 de xaneiro de 1739 e finado en Erlangen, Baviera (Alemaña) o 10 de decembro de 1810, foi un médico, botánico e zoólogo alemán, discípulo de Carlos Linneo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Schreber estudou medicina, teoloxía e historia natural nas Universidades de Halle e Uppsala.

En 1760, tras obter o seu doutoramento, iniciou o exercicio da medicina en Bützow. Ao ano seguinte comenzou a impartir clases na Universidade desa cidade.

A partir de 1770 ensinou medicina e botánica en Erlangen. En 1773 foille confiada a dirección do xardín botánico da cidade e, en 1776, foi nomeado catedrático de Historia Natural.

En 1774 Schreber comezou a redacción dun tratado titulado Die Säugethiere in Abbildungen nach der Natur mit Beschreibunge (Descrición e ilustración da natureza dos mamíferos), no que acometeu a descrición de todas as especies coñecidas de mamíferos. Moitas delas foron alí descritas cientificamente por primeira vez, e clasificadas de acordo ao sistema binomial desenvolvido polo seu mestre Linneo. As ilustracións, porén, carecían do rigor doutras obras da época.

En 1787 foi nomeado membro da prestixiosa Real Academia das Ciencias de Suecia.

Tras a súa morte, a súa rica colección botánica foi adquirida polo rei Maximiliano Xosé I de Baviera, e serviu de base para a colección estatal de Botánica de Múnic.

Principais obras[editar | editar a fonte]

  • Theses medicae, 1761.
  • Beschreibung der Gräser, pùblicada entre xaneiro de 1769 e marzo de 1810.
  • Lithographia Halensis, 1758.
  • Schreberi Novae Species Insectorvm, 1759.
  • Die Säugetiere in Abbildungen nach der Natur mit Beschreibungen, xaneiro de 1774 a abril de 1804.

Epónimos[editar | editar a fonte]

Varias especies recordan a Schreber no seu nome latino, entre elas:

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

  • A abreviatura Schreb. emprégase para indicar a Johann Christian Daniel von Schreber como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.
  • A abreviatura Schreber emprégase para indicar a Johann Christian Daniel von Schreber como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Galería[editar | editar a fonte]

Láminas de Die Säugethiere in Abbildungen nach der Natur mit Beschreibungen (1774-1804).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Referencias[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]