Didelphis marsupialis
Didelphis marsupialis | |||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Didelphis marsupialis | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Didelphis mrsupialis Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||||||||||||
Didelphis marsupialis é unha especie de mamífero marsupial didelfimorfo da familia dos didélfidos,[2] propia do sueste de Norteamérica (sueste de México), toda a América Central e o norte de Suramérica.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita por vez primeira por Linneo en 1758, na páxina 54 do primeiro volume da 10ª edición do seu Systema Naturae.[2]
Subespecies
[editar | editar a fonte]Segundo Mammal Species of the World,[2] e o Catalogue o Life,[3] na actualidade recoñécense as seguintes dúas subespecies:
- Especie Didelphis marsupialis Linnaeus, 1758
- Subespeie Didelphis marsupialis caucae J. A. Allen, 1900
- Subespecie Didelphis marsupialis marsupialis Linnaeus, 1758
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]O nome xenérico, Didelphis, deriva do grego antigo: do elemento δí- dí-, de δύο dýo, "dous", e o termo δελφυς dělphys, "útero", "matriz".[4]
O específico, marsupialis, pola súa banda, deriva do adxectivo do latín científico marsūpialis, tirado do substantivo do latín clásico marsūpium, -ii, "a bolsa do diñeiro" en alusión ao marsupio propio destes animais.
Características e comportamento
[editar | editar a fonte]É unha das especies máis grandes do xénero Didelphis (aínda que algo menor que Didelphis virginiana), xa que pode chegar a medir entre 45 e 60 cm de lonxitude, e pode pesar máis de 20 kg.
Trátase dun animal xeralista, con hábitos alimenticios de tipo omnívoro. Aliméntase principalmente de aves, sendo a súa presa máis común a galiña.[Cómpre referencia]
Distribución
[editar | editar a fonte]A especie distribúese polo centro, leste e sueste de México, por toda a América Central (incluídas as Antillas[Cómpre referencia]), algúns países andinos (Colombia, Ecuador, Perú e Bolivia), Venezuela, Güiana e o noroeste do Brasil.
Estado de conervación
[editar | editar a fonte]A UICN, cualificou en 2008 o estado da especie como LC (pouco preocupante) debido, entre outras razóns, á súa ampla área de distribución, á súa presumibelmente gran poboación, á súa tolerancia ás modificacións do seu hábitat e a que está presente en numerosa zonas protexidas.[5]
Aínda que esta especie é cazada e atrapada con garamelos nalgunhas localidades para consumir como alimento, como actividade deportiva ou para protexer ás aves de curral, non semella que fora afectada adversamente polos asentamentos humanos.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cuarón, A.D., Emmons, L., Helgen, K., Reid, F., Lew, D., Patterson, B., Delgado, C. & Solari, S. (2008). "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 `Didelphis virginiana en Wilson & Reeder (eds.) (2005): Mammal Species of the World.
- ↑ Didelphis marsupialis Linnaeus, 1758 Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Species 2000 - ITIS - Catalogue of Life: 21st April 2015.
- ↑ Day, Leslie (10 May 2013). Field Guide to the Natural World of New York City. JHU Press. p. 225. ISBN 978-1-4214-1149-1.
- ↑ 5,0 5,1 Brito, D.; Astua de Moraes, D.; Lew, D.; Soriano, P.; Emmons, L.; Cuarón, A. D.; Helgen, K.; Reid, R. & Vazquez, E. [asesores] (2008): Didelphis marsupialis na Lista vermella de especeies ameazadas da UICN. Versión 2014.3
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Didelphis marsupialis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Didelphis marsupialis |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gould, Edwin; McKay, George & Kirshner, David (1988): Encyclopedia of mammals. San Diego, CA, USA: Academic Press. ISBN 978-0-1229-3670-1.
- Grzimek, B.; Schlager, N. e Olendorf, D. (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
- McKenna, M. C. e Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-231-11013-8.
- Wilson & Reeder (eds.) (2005): Mammal Species of the World 2 vols. 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Didelphis marsupialis en ADW (en inglés)
- Didelphis marsupialis Arquivado 25 de decembro de 2015 en Wayback Machine. en North American Mammals. Smithsonian. National Museum of Natural Historia (en inglés)