Ministerio de Emprego e Seguridade Social de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social de España era en 2019 o departamento ministerial con competencias en relacións laborais, de emprego e de Seguridade Social, así como do desenvolvemento da política do Goberno en materia de estranxeiría, inmigración e emigración. A súa titular era Magdalena Valerio.

En Xaneiro de 2020, no goberno de coalición PSOE Unidas-Podemos presidido por Pedro Sánchez o ministerio desdobrouse en dous:

  • Ministerio de Traballo e Economía Social, titular: Yolanda Díaz.[1]
  • Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, titular: José Luís Escrivá.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

O Ministerio de Traballo é un dos ministerios con maior historia, tendo as súas orixes a principios do século XX. O ministerio foi fusionado en multitude de ocasións co ministerio de sanidade ou mesmo co ministerio de agricultura, con todo, a tendencia sempre foi a de ser un ministerio autónomo con competencias non só en emprego, senón tamén nos ámbitos da seguridade social e migración.

A súa nomenclatura do ministerio mantívose sempre como Ministerio de Traballo, fóra dos gobernos de Mariano Rajoy na que cambio á denominación de 'Ministerio de Emprego'.

Funcións[editar | editar a fonte]

Corresponde ao Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social a proposta e execución da política do Goberno en materia de emprego e de Seguridade Social, así como o desenvolvemento da política do Goberno en materia de estranxeiría, inmigración e emigración.

Estrutura[editar | editar a fonte]

Este Ministerio estrutúrase nos seguintes órganos superiores:[3]

  • Secretaría de Estado de Migracións.
  • Secretaría de Estado da Seguridade Social.
  • Secretaría de Estado de Emprego.
  • Subsecretaría de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

O Consello Económico e Social queda adscrito ao Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social - Gabinete de comunicación - Laboral -". prensa.empleo.gob.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-14. 
  2. "Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social - Gabinete de comunicación - Seguridad Social". prensa.empleo.gob.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-14. 
  3. "BOE.es - Documento BOE-A-2018-10244".