Saltar ao contido

Jerry Coyne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJerry Coyne

(2013) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de decembro de 1949 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
St. Louis, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaChicago Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
The College of William and Mary Editar o valor em Wikidata
Director de teseRichard Lewontin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEcoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbiólogo , xenetista , escritor , profesor universitario , ecoloxista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Chicago Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoH. Allen Orr (pt) Traducir, Mohamed Noor (pt) Traducir e Daniel R. Matute (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webwhyevolutionistrue.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm3188311 BNE: XX4892673 Editar o valor em Wikidata

Jerry Allen Coyne, nao o 30mde decembro de 1949,[1][2] é un biólogo estadounidense e un escéptico coñecido polo seu traballo sobre especiación e os seus comentarios sobre o deseño intelixente. É profesor emérito da Universidade de Chicago no Departamento de Ecoloxía e Evolución, e publicou numerosos artigos sobre a teoría da evolución. Centrouse especialmente no estudo da especiación e a xenética ecolóxica e evolutiva, especialmente na da mosca do vinagre Drosophila.[3] En 2023 converteuse en membro do Comité para a Investigación Escéptica.[4]

É o autor do libro de texto Speciation[5] e do libro de non ficción superventas Why Evolution Is True.[6][7] Coyne mantén unha páxina web e escribe no seu blog, que tamén se chama Why Evolution Is True.[8] É un determinista duro.[9]

Coyne chamou a atención fóra da comunidade científica como crítico público da relixión. Como propoñente do Novo Ateísmo,[10] é citado a miúdo xunto cos ateos como Richard Dawkins e Sam Harris. É autor do libro Faith Versus Fact.[11][12]

Primeiros anos e educación

[editar | editar a fonte]

Jerry Allen Coyne naceu o 30 de decembro de 1949 de pais xudeus.[1][13] Graduouse en bioloxía (B.S.) no College of William & Mary en 1971.[Cómpre referencia] Segundo Coyne, cando estaba no college, participou no activismo contra o apartheid e propestou contra a guerra do Vietnam.[11] O seu traballo de graduado na Universidade Rockefeller baixo a dirección de Theodosius Dobzhansky quedou interrompido cando foi recrutado.[Cómpre clarificar] Obtivo un doutoramento (Ph.D.) en bioloxía na Universidade Harvard en 1978, estudando baixo a dirección de Richard Lewontin, e conseguiu unha bolsa para facer traballos posdoutorais na Universidade de California, Davis, con Timothy Prout.[Cómpre referencia]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Coyne obtivo unha bolsa Guggenheim en 1988.[14] Foi elixido membro da Academia Americana das Artes e Ciencias en 2007.[15] Recibiu o Premio o Emperador non vai vestido da Fundación para a Liberdade da Relixión en 2011.[16]

Coyne foi vicepresidente (1996) e presidente (2011) da Sociedade para o Estudo da Evolución. Foi editor asociado das publicacións Evolution (1985–1988; 1994–2000) e The American Naturalist (1990–1993). Ensinou bioloxía evolutiva, especiación, análise xenética, asuntos sociais e coñecemento científico, escritura e discurso científico.[Cómpre referencia] Considera que a bioloxía evolutiva é "... máis como as belas artes da ciencia, porque é bastante satisfactoria esteticamente, pero tamén casualmente é verdadeira, o cal é un bonus extra."[11]

Os seus artigos publicáronse en revistas científicas como Nature e Science, e tamén en prensa de noticias e revistas como The New York Times, o Times Literary Supplement e The New Republic. Os seus intereses na investigación inclúen a xenética de poboacións e evolutiva, a especiación, a xenética cuantitativa e ecolóxica, a evolución dos cromosomas e a competición dos espermatozoides.

Coyne foi consultor da defensa durante o xuízo a O. J. Simpson por asasinato e expresou a súa preocupación de que as evidencias de ADN que implicaban a Simpson fosen defectuosas.[17] En 2024, pouco despois da morte de Simpson, Coyne dixo que pensaba que Simpson era "culpable como o demo" e que o veredito era "un erro xudicial en gran parte debido á incompetencia do fiscal", o que causou que el rexeitase posteriores peticións para declarar como perito.[18]

Nunha crítica de 1996 da teoría creacionista do deseño intelixente, Coyne escribiu nun artigo de New Republic sobre Of Pandas and People (unha recensión do libro), que empezaba o que ía ser unha longa historia de artigos sobre evolución e creacionismo.[19]

A ra ecuatoriana Atelopus coynei recibe o seu nome en honra a Coyne, que recolleu o holotipo nun pantano nunha excursión para buscar ras no oeste de Ecuador cando era estudante a finais da década de 1970.[20]

Conviccións

[editar | editar a fonte]

Críticas ao creacionismo

[editar | editar a fonte]

Coyne é un crítico do creacionismo, da evolución teísta e do deseño intelixente, ao cal chama "as última encarnación do creacionismo relixioso pseudocientífico, intelixentemente manufacturado por un novo grupo de entusiastas que sortean as recentes restricións legais."[21][22][23][24]

Coyne enumera as seguintes evidencias da evolución, como detalla no seu libro Why Evolution Is True e noutros lugares:[25]

Os fósiles transicionais proporcionan boas evidencias da evolución.[26] Charles Darwin predixo a existencia deses fósiles en 1859, e entre os que de identificaron posteriormente están:[25]

  • Tiktaalik (transición entre peixes e anfibios)
  • Ichthyostega (transición entre anfibios e réptiles)
  • Réptiles mamalianos (non clasificados nin como réptiles nin como mamíferos)
  • Archaeopteryx (transición entre réptiles e aves)
  • Ambulocetus (transición entre os mamíferos terrestres e as baleas) e toda unha serie de fósiles intermedios.
  • Primeiros fósiles humanos con cranios simiescos.

As evidencia inclúen tanto os fósiles transicionais coma as súas aparicións no rexistro fósil nas épocas correspondentes entre os supostos antepasados e os seus parentes máis modernos.[25]

Ateísmo e escepticismo

[editar | editar a fonte]
Coyne (dereita) e Richard Dawkins na Universidade George Washington o 24 de maio de 2017

Coyne considérase a si mesmo como un xudeu secular,[13] e abertamente antiteísta. Como partidario do Novo Ateísmo,[10] a miúdo cítase como ateo como Richard Dawkins e Sam Harris.[Cómpre referencia] Apoia as teses do naturalismo metafísico e a tese do conflito.[Cómpre referencia] Afirma que a relixión e a ciencia son fundamentalmente incompatibles, que só a aavaliación racional das evidencias pode descubrir con fiabilidade o mundo e a forma en que funciona e que os científicos que manteñen ideas relixiosas só reflicten a idea de "que as persoas poden manter dúas nocións conflitivas nas súas cabezas e ao mesmo tempo" (disonancia cognitiva). Argumentou que a incompatibilidade da ciencia e a fe está baseada nas irreconciliables difernzas en metodoloxía, filosofía e resultados cando tratsan de discernir verdades sobre o Universo.[27]

Coyne ten unha páxina web en formato de blog titulada Why Evolution Is True.[28] O 10 de xaneiro de 2023, tiña 73.000 subscritores.[29] No blog cobre temas que van desde a ciencia, ética médica, ateísmo, determinismo, filosofía e libre expresión.[11]

Coyne é partidario do escepticismo, e afirmou que "todos os procesos científicos requiren un clima de forte escepticismo."[30] Parricipou en foros públicos e debates con teístas.

Coyne critica os creacionists que pareen pechados de mente ao aterse a intgerpretacións literais da Biblia. Cuestiona o concepto de creacionismo de que os animais diverxeron só dentro de tipos (kinds), o que é en si mesmo unha aceptación de intermediarios transicionais entre grupos moi diferentes (é dicir, baleas e os seus parentes tgerrestres, por exemplo) atopados ao longo do rexistro fósil.[31] Nun artigo en New Republic, Coyne escribiu que "temos moitos exemplos de fósiles transicionais entre o que calquera consideraría distintos tipos: peixes e anfibios (como Tiktaalik, o can mencionou Nye), entre anfibios e réptiles, entre réptiles e mamíferos, entre réptiles e aves, entre animais terrestres e baleas, e, por suposto, entre o humanos antigos e modernos, con fósiles temperáns que mostran unha intermediación entre as características doa devanceiroa similares a simios e os humanos modernos."[31] Coyne cre que ambas partes neses debates entre evolucionisas e creacionistas dea Terra xove poderían beneficiase dunha mellor comprensión do rexistro fósil e das ferramentas modernas como a datación isócrona. Considera que a incapacidade dos creacionistas de enfrontarse a estes temas completament suxire que a "relixión pode evelenar a nosa mente tan profundamente que queda inmunizada contra a verdade real sobre o cosmos."[31]

Afirmou que el cre na liberdade de expresión para todos e non gosta de ver os un iversitarios suprimir radore, como Steve Bannon, a causa das protestas, dicindo "eu non podo pensar de ningunha persoa pola que eu instase á Universidade para que a desenvitase. Ni unha soa persoa – nin un racista branco, nin unha persoa antiinmigración. A liberdade de expresión ten que defender á xente máis odiosa."[11]

Determinismo

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Coyne, Jerry (30 de decembro de 2019). "Monday: Hili dialogue (and Leon monologue)". Why Evolution is True, WordPress. Consultado o 9 de decembro de 2020. Notables nacidos neste día son: [...] 1949 – Jerry Coyne, biólogo evolutivo xubilado, o noso hóspede. 
  2. Garg, Anu (30 de decembro de 2019). "Humdinger". A.Word.A.Day, Wordsmith.org. Consultado o 9 de decembro de 2020. 
  3. "Jerry Coyne". Edge.org. 2013. Consultado o 24 de xaneiro de 2014. 
  4. "Committee for Skeptical Inquiry Elects Twelve New CSI Fellows". centerforinquiry.net. Center for Inquiry. Consultado o 21 de decembro de 2023. 
  5. Coyne, Jerry A.; Orr, H. Allen (2004). Speciation. Sinauer Associates, Incorporated Publishers. ISBN 978-0-87893-089-0. 
  6. "Best Sellers Hardcover Nonfiction". The New York Times. Consultado o 22 de febreiro de 2014. 
  7. Coyne, Jerry A. (22 de xaneiro de 2009). Why Evolution is True. Oxford University Press. pp. 8–. ISBN 978-0-19-164384-2. Consultado o 24 de xaneiro d 2014. 
  8. Coyne, Jerry. "Why Evolution Is True". Jerry Coyne. Arquivado dende o orixinal o 5 de agosto de 2017. Consultado o 25 de xaneiro de 2014. 
  9. List, Christian (6 de febreiro de 2020). "Science Hasn't Refuted Free Will". Boston Review (en inglés). Consultado o 25 de novembro de 2022. 
  10. 10,0 10,1 Berezow, Alex. "Jerry Coyne's Twisted History of Science and Religion". Forbes (en inglés). Consultado o 25 de novmbro de 2022. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Harris, Lee (14 febreiro de 2018). "Meet Jerry Coyne, the University's Most Prolific and Provocative Emeritus Blogger". The Chicago Maroon. Consultado o 14 de febreiro de 2018. 
  12. Coyne, Jerry A. (2015). Faith versus Fact: Why Science and Religion Are Incompatible. Viking Press. p. 311. ISBN 978-0-670-02653-1. 
  13. 13,0 13,1 Coyne, Jerry (12 de abril de 2013). "Stupid religious rule #11734, and a note on my ancestry". whyevolutionistrue.com. Jerry Coyne. Consultado o 8 de febreiro de 2014. 
  14. "Jerry A. Coyne". John Simon Guggenheim Memorial Foundation. Consultado o 19 de xneiro de 2023. 
  15. "Professor Jerry Allen Coyne". American Academy of Arts & Sciences. Consultado o 19 de xaneiro de 2023. 
  16. Coyne, Jerry (2011). "Odd Couple Science and Religion Can't Cohabit". Freedom from Religion Foundation. Consultado o 8 de xuño de 2019. 
  17. Newton, Jim; Rutten, Tim; Weinstein, Henry (May 14, 1995). "Simpson’s Team to Push DNA Data as ‘Irrelevant’". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2024. Consultado o 21 de abril de 2024. 
  18. Coyne, Jerry (April 19, 2024). "John McWhorter: Some white Americans would applaud O. J. Simpson’s acquittal today, and that would show racial progress". Why Evolution is True. Arquivado dende o orixinal o April 20, 2024. Consultado o 21 de abril de 2024. 
  19. Smith, Adrian A. "Episode 7 Jerry Coyne". Age of Discovery Podcast. Arquivado dende o orixinal o 4 de mazo de 2015. Consultado o February 3, 2014. 
  20. Hogan, C. Michael (2013). "Atelopus coynei: Faisanes Stubfoot Toad". AmphibiaWeb. University of California, Berkeley. Consultado o 5 de maio de 2020. 
  21. Coyne, Jerry (February 12, 2009). "Why Evolution Is True". Forbes. Consultado o 20 de novembro de 2022. 
  22. Coyne, Jerry (January 21, 2009). "Does the Empirical Nature of Science Contradict the Revelatory Nature of Faith?". Edge.org (Edge Foundation, Inc.). Consultado o 18 de agosto de 2014. 
  23. "Jerry Coyne – The Case Against Intelligent Design". Point of Inquiry. Center for Inquiry. 16 de xuño de 2006. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2018. Consultado o 23 de xaneiro de 2014. 
  24. Coyne, Jerry (1 de xullo de 2007). "The Faith that Dare Not Speak its Name" (PDF). The New Republic. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de marzo de 2020. Consultado o 29 de xullo 2007. 
  25. 25,0 25,1 25,2 Coyne, Jerry (2010). Why Evolution is True (second ed.). USA: Viking Penguin. p. 50. ISBN 978-0-14-311664-6. 
  26. Andrews, Seth (12 de febreiro de 2014). "Why Evolution is True (with Dr. Jerry Coyne)". Consultado o 18 de febreiro de 2014. 
  27. Coyne, Jerry A. (2016). "1". Faith vs. Fact (paperback ed.). Penguin Books. p. 5. ISBN 9780143108269. Como mostrarei no próximo capítulo, a incompatibilidade [entre religion e ciencia] desansa nas diferenzas na metodoloxía e filosofía usada para determinar esas verdades, e nos resultados das súas investigacións. 
  28. Coyne, Jerry (29 de novembro de 2012). "Ceci n'est pas un blog". whyevolutionistrue.com. Consultado o 25 de xaneiro de 2014. 
  29. Coyne, Jerry (10 de xullo de 2021). "We hit 73,000". Why evolution is true. Consultado o 10 de xullo de 2021. 
  30. Chopra, Deepak; Jerry A. Coyne (18i de novembro de 2013). "Deepak Chopra Responds to Pseudoscience Allegations. Jerry Coyne Fires Back.". The New Republic. Consultado o 25 de xaneiro de 2014. 
  31. 31,0 31,1 31,2 Coyne, Jerry (5 de febreiro de 2014). "Bill Nye Won Last Night's Creationism Debate". The New Republic. Consultado o 5 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]