Wikipedia:Traducir
Aparencia
A Wikipedia é un proxecto feito en moitas linguas diferentes, habitualmente sobre un determinado tema hai artigos dispoñibles en varias desas linguas. En ocasións, estes artigos impórtase dunha Wikipedia a outra.
Ao facer iso Galipedia, pódese engadir un modelo de mensaxe que indica se se necesita ou non, colaboración doutros usuarios para realizar a tradución. Os modelos de mensaxes son:
- Solicitude de axuda. Introdúcese incluíndo o marcador {{Non galego}} ao inicio da páxina. Aparecerá a seguinte mensaxe:
Este artigo ou sección precisa dunha tradución ao galego. A túa axuda é benvida. Se este texto non se traduce nun prazo de trinta días, procederase ó seu borrado rápido. Colabora connosco para que a Galipedia mellore e medre. |
- Artigo en proceso de tradución polo usuario que o publicou. Introdúcese incluíndo o marcador {{En tradución}} ao inicio da páxina. Aparecerá a seguinte mensaxe:
Este artigo está a ser traducido ao galego por un usuario desta Wikipedia; por favor, non o edite. O usuario HombreDHojalata (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 3 anos. Se o usuario non publica a tradución nun prazo de trinta días, procederase ó seu borrado rápido. |
- Artigo con problemas na tradución ou tradución automática sen revisión posterior. Introdúcese incluíndo o marcador {{Autotrad}} ao inicio da páxina. Aparecerá a seguinte mensaxe:
Tradución con problemas
Este artigo é unha tradución automática que non foi revisada, ou unha tradución de alguén que non ten suficientes coñecementos do galego ou da lingua de orixe. O artigo precisa unha revisión completa e mellora, en caso contrario o artigo pode que pase a ser eliminado nun prazo de 30 días a partir da data orixinal deste aviso. |
As páxinas que conteñan esas mensaxes aparecerán listadas na Categoría:Wikipedia:Artigos que precisan tradución.