Jean-Pierre Rampal
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xaneiro de 1922 Marsella, Francia |
Morte | 20 de maio de 2000 (78 anos) París, Francia |
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Educación | Lycée Thiers (en) Conservatorio de París |
Actividade | |
Ocupación | frautista , profesor universitario |
Período de actividade | 1946 - |
Empregador | Conservatorio de París |
Xénero artístico | Música clásica |
Profesores | Gaston Crunelle (pt) |
Alumnos | Patrick Gallois (pt) , Cécile Daroux (en) e Marc Zuili (en) |
Lingua | Lingua francesa |
Instrumento | Frauta |
Premios | |
Jean-Pierre Rampal, nado en Marsella o 7 de xaneiro de 1922 e finado en París o 20 de maio de 2000, foi un frautista francés recoñecido por devolver á frauta a súa popularidade como instrumento solista (popularidade que non tiña dende o século XVIII)[Cómpre referencia].
Biografía
[editar | editar a fonte]Rampal naceu en Marsella, onde seu pai, Joseph Rampal, era o primeiro frautista na sinfónica e mestre no Conservatorio. Aínda que non tiña a motivación para chegar a ser músico profesional, seu pai ensinoulle dende que o xove Jean-Pierre tiña 12 anos. Aos 16 anos obtivo o seu primeiro premio como frautista, no mesmo ano que deu o seu primeiro recital público.
Non sería ata moito despois que Rampal, unha vez comezados os estudos de medicina, decidiu seguir coa carreira artística. No seu terceiro ano na escola de medicina, as forzas de ocupación nazis enviaronlle a realizar traballos obrigatorios a Alemaña, mais no canto de reportarse ao servizo, pasou á clandestinidade e dirixiuse a París. Aló decidiu seguir cursos no Conservatorio Nacional e cinco meses despois graduouse co primeiro lugar da competición anual de frautistas, premio que Joseph, o seu pai, xa gañara antes, en 1919.
En 1945, Rampal foi invitado a tocar un concerto de frauta xunto coa orquestra da Ópera de París, deste xeito adquiriu certa fama e experiencia. Ao longo dos dez anos seguientes, Rampal adicouse a ser intérprete solista, e coa Guerra rematada, adicóuse a dar unha serie de concertos comezando en Francia, mais logo, en 1947 trasladándose a Suíza, Austria, Italia, España e os Países Baixos xunto co seu compañeiro pianista Robert Veyron-Lacroix a quen coñecera en 1946.
En 1955 convértese no primeiro frautista da Opéra de París e logo desenvolve as súas actividades como solista ou músico de cámara. Fundou o Conxunto Barroco de París e o Quinteto de Ventos Francés. A principios dos '60 Rampal era considerado o máis virtuoso frautista internacional, pois traballou coas mellores orquestras do mundo nese tempo, mais seguiu revivindo a música, sobre todo barroca, como fixera dende 1945. Durante os '60 e ata finais dos '80 tivo moita fama, sobre todo en América e o Xapón. Durante a década dos '60 foi considerado mesmo o príncipe dos frautistas
En 1969 foi nomeado mestre do Conservatorio de París e durante os veráns ofrecou cursos na Academia Internacional de Niza. Colaborou con outros artistas coma Isaac Stern, Yehudi Menuhin e Mstislav Rostropóvich e dirixiu algunhas orquestras.
En 1978 gaña o premio Sonning Award en Dinamarca. A partir de 1980 abriuse o Concurso de Frauta Jean-Pierre Rampal, que dende ese ano efectúase premiando aos mellores frautistas do mundo.
Rampal foi un promotor incansable do repertorio para frauta, sobre todo aquel do barroco e do clasicismo. Grazas á súa labor, a frauta recupera un sitio no circuíto de concertos ao mesmo nivel que o piano ou o violín. Gravou practicamente todas as obras importantes para o instrumento, chegando a sumar máis de 50 discos. Tamén abordou arranxos e transcricións. Ademais incursionou no jazz, o folclore, a música popular e a música oriental. Houbo varios compositores que lle adicaron partituras, entroutros Jolivet, Martinon Francaix, Poulenc e Boulez, e a comezos dos '90 estreou o Concerto para frauta de Krzysztof Penderecki.
Últimos anos
[editar | editar a fonte]Dese xeito en 1998 e 1999 dou os seus últimos concertos, un macroconcerto no chamado Teatro dos Campos Elisios, en París. A súa última gravación, en 1999 foi de tríos e cuartetos co trío Pasquier e co frautista Claudi Arimany.
En maio de 2000, Jean-Pierre Rampal morre dun problema cardíaco aos 78 anos.
No 2005 foi creada a Asociación Jean-Pierre Rampal para continuar o estudo da frauta solista e como apreciación á contribución de Rampal á interpretación deste instrumento.
A autobiografía de Rampal Music, My Love foi publicada en 1989.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jean-Pierre Rampal |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- L'Association Jean-Pierre Rampal (en francés)
- Competición Internacional de frauta "Jean Pierre-Rampal"
- Fanfaire tributos a Rampal
- Fotografías de Jean-Pierre Rampal no "Nice Summer School", 1971 (en inglés)
- Fotografías de Rampal no ensaio con Aaron Copland no "Saratoga Springs", Nova York, 1979 (en inglés)