Jean-Pierre Jeunet
Aparencia
Jean-Pierre Jeunet ([ʒɑ̃ pjɛʁ ʒœnɛ]), nado en Roanne (Loira) o 3 de setembro de 1953 é un director e guionista francés.[1][2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Jeunet comprou a súa primeira cámara aos dezasete anos e fixo algunhas curtametraxes mentres estudaba animación en Cinémation Studios. Fíxose amigo de Marc Caro, artista de cómic que será o seu colaborador e codirector.
Tras dirixir curtametraxes, anuncios e vídeos musicais, como Zoolook, de Jean Michel Jarre, realizaron a súa primeira longametraxe, a comedia negra Delicatessen (1991). O éxito de A cidade dos nenos perdidos (1995) levou a Jeunet a ser o director de Alien: Resurrection (1997).[4]
En 2001 Jeunet dirixiu Le Fabuleux Destin d'Amélie Poulain (2001), con Audrey Tautou.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme | Director | Produtor | Guionista |
|---|---|---|---|---|
| 1991 | Delicatessen | |||
| 1995 | A cidade dos nenos perdidos | |||
| 1997 | Alien: Resurrection | |||
| 2001 | Le Fabuleux Destin d'Amélie Poulain | |||
| 2004 | Un longo domingo de noivado | |||
| 2009 | Micmacs à tire-larigot | |||
| 2013 | The Young and Prodigious Spivet | |||
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jean-Pierre Jeunet |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Jean-Pierre Jeunet na IMDb (en inglés).
- Páxina oficial
- Entrevista con Jeunet
- Jean-Pierre Jeunet at Virtual History