Audrey Tautou
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Audrey Justine Tautou 9 de agosto de 1976 (48 anos) Beaumont, Francia |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Instituto Católico de París Cours Florent |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación |
Ocupación | modelo, actriz, woman photographer (en) , actriz de televisión, actriz de cinema, música |
Período de actividade | 1996 - |
Familia | |
Parella | Matthieu Chedid (–2008) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Audrey Justine Tautou, nada en Beaumont, Puy-de-Dôme, o 9 de agosto de 1976[1], é unha actriz francesa coñecida mundialmente pola súa interpretación de Amélie Poulain na película francesa Le Fabuleux Destin d'Amélie Poulain e polo seu papel de Sophie Neveu no filme The Da Vinci Code.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Aínda que nada en Beaumont, criouse en Montluçon. Filla dun dentista e dunha mestra, ten un irmán e dúas irmás, máis novos ca ela. Comezou a interesarse pola comedia sendo aínda moi nova e tomou cursos de arte dramática na escola de actuación Corus Florent. Tamén realizou cursos de modelo en París.
Carreira cinematográfica
[editar | editar a fonte]As súas influencias cinematográficas son entre outras Meryl Streep, Paul Newman, Juliette Lewis, Jodie Foster ou Julianne Moore. En 1998 participou nun casting nunha canle de televisión francesa, chamado Jeunes Premiers, onde gañou na categoría de Mellor Actriz Nova no IX Festival de Béziers. Posteriormente, participou no filme Vénus beauté co que gañou o Premio César á Mellor Actriz Revelación. No ano 2000 gañou o Prix Suzanne Bianchetti por ser considerada a actriz nova máis prometedora. Sendo xa coñecida en Francia polo seu traballo en Vénus beauté, acadou a sona mundial en 2001 pola súa interpretación da excéntrica Amélie na comedia romántica francesa Le Fabuleux Destin d'Amélie Poulain. En xuño de 2004 foi invitada a unirse á Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de Hollywood, da que é membro dende o 1 de setembro de 2006.
En 2005, traballou na súa primeira produción de Hollywood, xunto con Tom Hanks, para rodar a adaptación cinematográfica de The Da Vinci Code, na que interpreta a criptóloga Sophie Neveu. Porén, malia desta incursión no cine americano, a súa base de traballo segue a estar no seu país de orixe. Traballou con Gal Elmaleh en ‘’Hors de prix’’ en 2006. En 2009 estreou un filme sobre a vida de Coco Chanel, Coco, da rebeldía á lenda de Chanel, na que da vida á deseñadora.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- La vieille barrière, 1998.
- Vénus beauté, 1999.
- Triste à mourir, 1999.
- Épouse-moi, 2000.
- Voyous voyelles, 2000.
- Le libertine, 2000.
- Le battement d'ailes du papillon, 2000.
- Le Fabuleux Destin d'Amélie Poulain, 2001.
- Dieu est grand, je suis toute petite, 2001.
- À la folie... pas du tout , 2002.
- L' auberge espagnole, 2002.
- Dirty Pretty Things, 2002.
- Les marins perdus, 2003.
- Pas sur la bouche, 2003.
- Nowhere to Go But Up, 2003.
- Un longo domingo de noivado, 2004.
- Les poupées russes, 2005.
- The Da Vinci Code, 2006.
- Hors de prix, 2006.
- Ensemble, c'est tout, 2007.
- Coco, da rebeldía á lenda de Chanel, 2009.
- De vrais mensonges, 2010.
- La Délicatesse, 2011.
- Des vents contraires, 2012.
- Thérèse Desqueyroux, 2012.
- L'écume des jours, 2013.
- Casse-tête chinois, 2013.
- Microbe et Gasoil, 2015.
- Éternité, 2016.
- L'Odyssée, 2016.
- Ouvert la nuit, 2016.
- Santa & Cie, 2017.
- En liberté !, 2018.
- The Jesus Rolls, 2019.
Nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2002: Nomeamento ao César á Mellor Actriz por Le Fabuleux Destin d'Amélie Poulain.
- 2002: Nomeamento ao César á Mellor Actriz por Un longo domingo de noivado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Audrey Tautou". Encyclopædia Britannica. Consultado o 22 de agosto de 2008.
born Aug. 9, 1976/78, Beaumont, Auvergne, France
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Audrey Tautou Fansite (en inglés)
- Audrey Tautou Online (en inglés)
- Ficha en Noche de Cine.com
- Sitio sobre Audrey Tautou e a súa carreira (en francés)
- Fan de Audrey Tautou (en francés)
- Entrevista en MSNBC, o 23 de novembro de 2004
- Entrevista no NY Daily News Arquivado 09 de decembro de 2004 en Wayback Machine., o 21 de novembro de 2004 (en inglés)