Saltar ao contido

Cámara fotográfica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cámara fotográfica
Imaxe
 Parcialmente coincidente con
Códigos e identificadores
Freebase/m/0dv5r Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX525978
Wikidata G:Commons C:Commons
Cámara fotográfica antiga.
Cámara réflex dixital Nikon.

Unha cámara fotográfica é un dispositivo utilizado para tomar fotografías, xa sexa individualmente ou en secuencia. O seu nome deriva do latín camera obscura, que significa "cámara escura" e refírese a un mecanismo antigo para proxectar imaxes no cal unha habitación (ou cámara) funcionaba de maneira similar a como funciona unha cámara fotográfica actualmente.

A primeira cámara de fotos foi feita de madeira e fabricada por Charles e Jacques Vincent Louis Chevalier en París. Porén, aínda que se considera "oficialmente" que este foi o nacemento da fotografía, a invención da cámara escura é anterior. Pero non foi até a invención da fotografía que se puideron fixar permanentemente as imaxes; namentres tanto tíñanse que debuxar manualmente as imaxes.

A cámara escura orixinal era unha habitación cuxa única fonte de luz era un orificio moi pequeno nunha das paredes. A luz que penetraba nela por aquel orificio proxectaba unha imaxe do exterior na parede oposta; a imaxe resultaba investida e borrosa. Leonardo da Vinci definiu unha cámara escura; Dicía que, se se coloca unha folla de papel en branco verticalmente nunha habitación escura, o observador verá proxectada nela os obxectos do exterior, coas súas formas e cores. "Parecerá coma se estivesen pintados no papel", escribiu. Logo descubriuse que a luz causaba un ennegrecemento. Os científicos británicos Thomas Wedgwood e Humphry Davy comezaron os seus experimentos para obter imaxes fotográficas. Estas fotos non eran permanentes xa que despois de expolas á luz, toda a superficie do papel negrexábase.

A primeira cámara que foi pequena dabondo como para considerarse portátil foi deseñada por Johann Zahn en 1685. As primeiras cámaras fotográficas eran similares en esencia ao modelo de Zahn, aínda que xeralmente cunha mellora no enfoque. Antes de cada exposición unha placa sensibilizada era inserida. O popular daguerrotipo de Louis Daguerre, dado a coñecer en 1839, utilizaba placas de cobre prateado, sensibilizadas con vapores de iodo; mentres que no procedemento do calotipo inventado por William Fox Talbot formábanse as imaxes negativas sobor un soporte de papel.[1]

A invención do proceso de placa húmida con colodión húmido inventado por Frederick Scott Archer en 1850 reduciu moito o tempo de exposición, pero sempre requiría que o fotógrafo preparase artesanalmente as placas, no cuarto escuro dos estudios fotográficos, ou ben en laboratorios portátiles de campaña, na fotografía exterior de viaxes.

No século XIX deseñáronse moitos tipos de cámaras fotográficas. Por exemplo, as cámaras aptas para obter fotografías estereoscópicas; cuxos pares estereoscópicos finalmente tíñanse que mirar cun visor apropiado, para poder visualizar o seu efecto tridimensional ou de relevo. Unha típica cámara estereoscópica tiña dous obxectivos, para obter simultaneamente dúas imaxes moi parecidas, pero non iguais, dende dous puntos de vista moi próximos. En realidade, inspirábase na visión binocular humana.

Outras cámaras diferentes eran algunhas cámaras de estudio da época en que se popularizaron os retratos en formato de cartón de visita (entre os anos 1860 e 1880). Esas cámaras podían ter catro ou máis obxectivos, para obter varios retratos nun mesmo negativo de vidro. Desa maneira o positivado (por contacto) era máis rápido, pois nunha soa folla de papel obtíñanse os retratos realizados; que soamente debían ser cortados e montados en diferentes cartóns individuais.

Compoñentes

[editar | editar a fonte]

Os compoñentes básicos dunha cámara son:

Tipos de cámaras:

  1. Historia de la cámara fotográfica: del daguerrotipo a la imagen digital. Madrid: Librero. 2016. ISBN 978-90-8998-736-5. OCLC 978422449. Archived from the original on 07 de xullo de 2022. Consultado o 02 de abril de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]