Juan Luis Rodríguez-Vigil
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de marzo de 1945 (79 anos) Valdepeñas, España |
3º Presidente do Principado de Asturias | |
11 de xullo de 1991 – 17 de xuño de 1993 ← Pedro de Silva – Antonio Trevín → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Oviedo |
Actividade | |
Ocupación | funcionario , avogado , escritor , político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Juan Luis Rodríguez-Vigil Rubio, nado en Valdepeñas, Cidade Real o 15 de marzo de 1945[1], é un político socialista español. Foi presidente do Principado de Asturias entre 1991 e 1993.
Naceu en Valdepeñas, aínda que moi pronto se trasladou a vivir a L'Infiestu (Piloña), orixe da súa familia, onde permaneceu até os 13 anos, cando se foi para Oviedo. Alí estudou Dereito na Universidade de Oviedo, pertencendo á Frente de Liberación Popular. Pertence por oposición ao Corpo Superior de Administradores Civís do Estado. Traballou no Ministerio de Industria e no de Obras Publicas, en Madrid; pediu excedencia e exerceu de avogado laboralista para a UXT en Oviedo e, posteriormente, foi secretario xeral da dirección provincial de Sanidade.
En 1971 afiliouse ao PSOE, do que foi membro do Comité Federal desde 1976 a 1979. Pertenceu a varias comisións executivas rexionais, sendo até 1991 secretario executivo rexional. Entre 1982 e 1991 formou parte dos distintos gobernos autonómicos presididos por Rafael Fernández primeiro e Pedro de Silva despois, como Conselleiro de Sanidade e Servizos Sociais. Nas eleccións autonómicas de maio de 1991, encabezou a candidatura do PSOE á Xunta Xeral do Principado, sendo elixido deputado e investido Presidente. En 1993, viuse obrigado a dimitir tras o escándalo do petromocho, nun exercicio de coherencia política asumindo a súa responsabilidade no asunto.
Predecesor: Silvino Lantero Vallina |
Conselleiro de Sanidade e Seguridade Social de Asturias 1982-1991 |
Sucesor: José García González |
Predecesor: Pedro de Silva |
Presidente do Principado de Asturias 1991-1993 |
Sucesor: Antonio Trevín |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Currículo do persoeiro en ccasturias.es (en castelán).