Jasper Johns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Jasper Johns
Nacemento 15 de maio de 1930
  Augusta
Nacionalidade Estados Unidos de América
Educado en Parsons The New School for Design
Ocupación pintor, escultor e diseñador de vestuario
Coñecido/a por Target with Four Faces, Three Flags e Map
Premios Praemium Imperiale, National Medal of Arts e Medalla Presidencial da Liberdade
editar datos en Wikidata ]

Jasper Johns, nado en Augusta, Xeorxia o 15 de maio de 1930 é un pintor, escultor e artista gráfico estadounidense que integrou á súa expresión pictórica unha serie de elementos da Arte Pop.

Vida[editar | editar a fonte]

Creceu en Allendale, Carolina do Sur. Estudou na universidade de Carolina do Sur entre 1947 e 1948, para despois trasladarse á Parsons The New School for Design de Nova York en 1949. Alí coñeceu a Robert Rauschenberg, Merce Cunningham e John Cage, cos que comezou a desenvolver a súa obra. Entre 1952 e 1953 estivo destinado en Sendai, Xapón, durante a guerra de Corea.

Obra[editar | editar a fonte]

En 1951 comezou a pintar obras que se centraban en temas como bandeiras estadounidenses, números e letras do alfabeto escolar. Pintaba con obxectividade e precisión, aplicando grosas capas de pintura de modo que o propio cadro convertése nun obxecto e non só na reprodución de obxectos reconocíbeis. Esta idea de arte-como obxecto se converteu nunha poderosa influencia, bastante forte, na escultura e a pintura posteriores. Nalgúns cadros Johns engadía obxectos reais sobre o lenzo, como regras compases, entre outros. A principios de 1978 volveu abrir unha senda ao expor na cidade de Nova York un ciclo de catro obras tituladas As estacións. Considérase que estas pinturas, de 1,9 metros por 1,27 metros, foron especialmente significativas para a historia da arte estadounidense.