Robert Rauschenberg
Robert Rauschenberg | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Rauschenbe |
Nacemento | 22 de outubro de 1925 |
Lugar de nacemento | Port Arthur |
Falecemento | 12 de maio de 2008 |
Lugar de falecemento | Captiva Island e Captiva |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Nacionalidade | Alemaña e Estados Unidos de América |
Alma máter | Black Mountain College, Art Students League of New York, Academia Julian, Kansas City Art Institute e Universidade de Texas en Austin |
Ocupación | fotógrafo, pintor, escultor, artista, coreógrafo, gravador, deseñador, performance artist, artista gráfico, collagist, assemblage artist, draftsperson e jewelry designer |
Coñecido por | Canyon |
Premios | National Medal of Arts, Praemium Imperiale, Florida Artists Hall of Fame e AIGA Medal |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Robert Milton Ernest Rauschenberg, nado en Port Arthur (Texas) o 22 de outubro de 1925 e finado o 12 de maio de 2008, foi un pintor estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Desenvolveu a súa formación en lugares moi diversos: Kansas City, París, Carolina do Norte e Nova York. Logo dun primeiro período pictórico que podería enmarcarse nalgunhas das formas do expresionismo abstracto, na década de 1950 empezou a realizar as súas combine-paintings, pezas de difícil adscrición nas que combinou o lenzo co ensamblaje de obxectos dispares, en moitos casos de refugallo: animais disecados, cadeiras, botellas, rodas de coches, ventiladores, receptores de radios etc.
Desde 1963 recorreu tamén á serigrafía, na que se serviu a miúdo de fotografías e recortes de xornal. Foi un dos fundadores da EAT (Experimentos en Arte e Tecnoloxía) e en 1964 recibiu o Gran Premio da Bienal de Venecia. Enmarcado en tendencias tan dispares como o expresionismo abstracto ou o pop art, el mesmo tense autocalificado a miúdo como «neodadaísta».
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Robert Rauschenberg |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- ARTCYCLOPEDIA (en inglés)