Jair Bolsonaro
Jair Bolsonaro | |
---|---|
![]() | |
Jair Messias Bolsonaro | |
38.° Presidente da República Federativa do Brasil | |
Período | 1 de xaneiro de 2019 |
Antecesor | Michel Temer |
Deputado federal do Brasil | |
Período | 1 de febreiro de 1991 1 de xaneiro de 2019 |
Datos persoais | |
Nacemento | 21 de marzo de 1955 e 1955 |
Glicério, São Paulo | |
Organización | Partido Social Liberal - PSL |
Cónxuxe | Michelle Bolsonaro |
Fillos | Flávio Bolsonaro, Carlos Bolsonaro, Eduardo Bolsonaro, Renan Bolsonaro e Laura Bolsonaro |
Alma máter | Academia Militar das Agulhas Negras |
Profesión | Militar e político |
Relixión | Igrexa católica |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Jair Messias Bolsonaro, nado en Glicério (São Paulo) o 21 de marzo de 1955, é un militar de reserva e político brasileiro.[1] É o presidente do Brasil, cargo que asumiu o 1 de xaneiro de 2019. Anteriormente cumpría o seu sétimo mandato na Cámara de Deputados do Brasil, elixido polo Partido Progresista (PP). Nas eleccións xerais de 2014 foi o deputado federal máis votado no estado do Río de Xaneiro, cun apoio do 6% do electorado do estado (464 000 votos). En 2017, foi considerado polo instituto FSB como o parlamentario máis influente nas redes sociais.[2] En xaneiro de 2018 anunciou a súa filiación ao Partido Social Liberal (PSL), o noveno partido político da súa carreira dende que foi elixido concelleiro en 1989.[3][4]
O 7 de outubro de 2018, foi confirmado como candidato á segunda rolda de eleccións presidenciais logo de vencer as eleccións e obter o 46,03% con 100% dos votos contados.[5] El enfrontouse ao candidato para o Partido dos Traballadores. Fernando Haddad (29,28%). A segunda volta das eleccións tivo lugar o día 28 do mesmo mes e Bolsonaro foi elixido presidente (cun 55,13% dos votos)[5] durante os próximos catro anos[6].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ ElPais. "La ultraderecha en Brasil va con una fórmula militar". Diario EL PAIS Uruguay (en spanish). Consultado o 2019-01-22.
- ↑ "Bolsonaro e petistas são mais influentes nas redes, diz pesquisa". Folha de S.Paulo (en portugués). 2018-01-06. Consultado o 2019-01-22.
- ↑ "Biografia de Bolsonaro". Estudo Prático (en portugués). 2016-10-19. Consultado o 2019-01-22.
- ↑ "Biografia de Jair Bolsonaro". eBiografia (en portugués). Consultado o 2019-01-22.
- ↑ 5,0 5,1 "Resultado da apuração de 2º turno para presidente das Eleições 2018.". G1 (en portugués). Consultado o 2019-01-22.
- ↑ "Jair Bolsonaro e Fernando Haddad decidirão eleição para presidente no segundo turno". G1 (en portugués). Consultado o 2019-01-22.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jair Bolsonaro ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |