Hamilton Mourão

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hamilton Mourão
Hamilton Mourão em 25 de junho de 2019 (2; recorte).jpg
Nacemento15 de agosto de 1953
 Porto Alegre
NacionalidadeBrasil
Alma máterAcademia Militar das Agulhas Negras e Escola de Comando e Estado-Maior do Exército
Ocupaciónpolítico e militar
Mourão Vice-presidente do Brasil.jpg
editar datos en Wikidata ]

Antônio Hamilton Martins Mourão, nado en Porto Alegre o 15 de agosto de 1953, é un militar brasileiro, xeral retirado do Exército e vicepresidente da República Federativa do Brasil dende xaneiro de 2019.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Nado o 15 de agosto de 1953 en Porto Alegre (estado de Río Grande do Sur), fillo do xeneral Antônio Hamilton Mourão e Wanda Coronel Martins.[1] Retirouse o 28 de febreiro de 2018.[2] Ten ascendencia brasileira nativa e identifícase como indíxena brasileiro.[3][4]

Carreira militar[editar | editar a fonte]

Mourão en 2016 en Río de Xaneiro.

Ingresou no exército en 1972, na Academia Militar das Agulhas Negras, onde se diplomou en artillaría en 1975.[5] Como oficial superior, estudou na Escola de Comando e Estado Maior do Exército. Estivo destinado en Angola, nunha misión de paz.[6] Foi agregado militar na embaixada do Brasil en Caracas, Venezuela.[7][8][9]

Vicepresidente da República[editar | editar a fonte]

Afiliado dende 2018 ó ultradereitista Partido Renovador Laborista Brasileiro (PRTB), en agosto de devandito ano foi oficializada a súa candidatura a vicepresidente da República acompañando a Jair Bolsonaro, que ó cabo obtivo a maior porcentaxe de votos na primeira volta (46,03 %), pasando á balotaxe.[10][11] A candidatura de Bolsonaro e Mourão impúxose na segunda volta á de Fernando Haddad e Manuela d'Ávila.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "General Mourão 17". Eleições 2018. 
  2. "Judiciário tem que 'expurgar' Temer, diz general Mourão". O Globo (en portugués). 28 de febreiro de 2018. Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  3. ""É só olhar para o meu rosto", diz vice de Bolsonaro sobre se declarar indígena". Folha de S.Paulo (en portugués). 17 de agosto de 2018. Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  4. "Mourão se declarar indígena é 'oportunismo', diz Guajajara". Terra (en portugués). Consultado o 10 de novembro de 2018. 
  5. Cruz, Carolina (14 de setembro de 2018). "A trajetória do general Hamilton Mourão, o vice polêmico de Jair Bolsonaro". Destak Jornal. 
  6. "Jair Bolsonaro eligió a un controvertido general para ser su candidato a vicepresidente". Clarín. 5 de agosto de 2018. 
  7. "Vicepresidente de Brasil anunció que Gobierno de Bolsonaro ejercerá". El Universal (en castelán). 11 de febreiro de 2018. Consultado o 4 de novembro de 2018. 
  8. "Brasil ejercerá". El Universal (en castelán). 11 de marzo de 2018. Consultado o 4 de novembro de 2018. 
  9. Press, Europa (2 de novembro de 2018). "El vicepresidente de Bolsonaro promete aumentar la "presión diplomática" sobre Venezuela". europapress.es (en castelán). Consultado o 4 de novembro de 2018. 
  10. Benites, Afonso (6 de agosto de 2018). "Mourão, o controverso general que sela a chapa puramente militar de Bolsonaro". El País. 
  11. "Bolsonaro talvez tenha concorrente. General Mourão se filia ao PRTB e pode ser candidato". Revista Forum.