Saltar ao contido

Angra dos Reis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAngra dos Reis
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 23°00′25″S 44°19′04″O / -23.0069, -44.3178
EstadoBrasil
Unidades da federaciónEstado do Río de Xaneiro Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación119.247 (2000) Editar o valor en Wikidata (148,98 hab./km²)
Xeografía
Superficie800,43 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.378 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1556 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal23.900-000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico24 Editar o valor en Wikidata
Código de concello do Brasil3300100 Editar o valor en Wikidata

Sitio webangra.rj.gov.br Editar o valor en Wikidata

Angra dos Reis é unha cidade brasileira do estado do Río de Xaneiro situada na costa sur do estado. O seu litoral ten 365 illas, sendo a máis importante a Ilha Grande (Illa Grande).[1] Ten unha área de 813,4 km² e unha poboación de 167.434 habitantes.[2] Os concellos limítrofes son Parati, Rio Claro e Mangaratiba, no estado de Río de Xaneiro, e Bananal e São José do Barreiro, no estado de São Paulo.

A maior parte da área urbana está rodeada de outeiros, o que contribuíu a que se vexa afectada por desastres naturais como deslizamentos de terra. De acordo con o censo de 2010, aproximadamente o 36 % da poboación de Angra vive en favelas, situadas en outeiros ou en zonas de mangleiros. Isto sitúa a cidade no décimo lugar entre as cidades brasileiras en canto á proporción de fogares neste tipo de aglomeración urbana no país.[3]

As dúas centrais atómicas brasileiras están instaladas no municipio.[4] É tamén un porto pesqueiro e ten algunhas industrias. Mais a actividade económica que a fai coñecida no Brasil é o turismo nas súas illas e praias, nas áreas de Mata Atlántica preservadas no continente e na Ilha Grande e o mergullo nas súas augas.

Unha expedición portuguesa liderada por Gonçalo Coelho chegou o 6 de xaneiro de 1502,[5][6] a unha baía ou cala que encantou a todos. Chamárona Angra dos Reis, en homenaxe á visita dos Reis Magos ao neno Xesús, que se celebra ese día. A aldea alí construída chamouse, inicialmente, Vila dos Três Santos Reis, despois Vila de Angra dos Reis e, finalmente, Angra dos Reis.[7].

O porto de Angra dos Reis.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
  1. "Angra dos Reis e Ilha Grande". Riotur (en portugués). Consultado o 03/07/2025. 
  2. "Angra dos Reis". IBGE (en portugués). Consultado o 03/07/2025. 
  3. Rafael Galdo. "Angra dos Reis é a 10ª do país em proporção de domicílios em favelas". O Globo (en portugués). Consultado o 03/07/2025. 
  4. Rossi, Amanda (23 de xuño de 2019). "Tudo o que você precisa saber sobre as usinas nucleares de Angra 1 e 2, e por que são diferentes de Chernobyl". BBC News Brasil (en portugués). Consultado o 13 de xullo de 2025. 
  5. "História & Fotos". cidades.ibge.gov.br (en portugués). Consultado o 13 de xullo de 2025. 
  6. IPHAN (ed.). "Vila Histórica de Mambucaba (Angra dos Reis - RJ)". Consultado o 13 de xullo de 2025. 
  7. Espinheira, Ariosto. Viagem Através do Brasil, Volume 5, 4a. Edição, Edições Melhoramentos. (en portugués)

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]