Mario Hezonja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mario Hezonja
Real Madrid  – No. 11
Información persoal
Nacemento 14 de xullo de 1991 (32 anos)
Dubrovnik Dubrovnik, Croacia
Nacionalidade Croacia Croacia
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 99 kg (218 lb)
Posición Escolta / Ala
Información da carreira
NBA Draft 2015 / Rolda: 1 / Elección: 5
Por Orlando Magic
Carreira desde 2012
Historial de equipos
Barcelona (2012–2015) ACB
Barcelona B (2012–2013) LEB
Orlando Magic (2015–2018)
New York Knicks (2018–2019)
Portland Trail Blazers (2019–2020)
Panathinaikos B.C. (2021)
UNICS Kazan (2021–2022)
Real Madrid (2022–presente)
Premios e galardóns
1x Campión ACB (2014)

Mario Hezonja, nado en Dubrovnik o 25 de febreiro de 1995, é un xogador profesional de baloncesto croata que xoga no Real Madrid da Liga ACB. Mide 2,02 metros e pode xogar de escolta e de ala.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hezonja comezou a xogar ó baloncesto ós 13 anos no KK Dubrovnik, onde estivo dous anos. Tras rematar a escola primaria, asinou un contrato co KK Zagreb. En xullo de 2012, Hezonja asinou un contrato de tres anos co FC Barcelona da Liga ACB.[1] Durante a tempada 2012-13 xogou para o filial do equipo azulgrana na LEB Ouro. Ó remate do ano 2012, foi nomeado ó premio ó mellor xogador europeo de menos de 22 anos, pero finalmente o gañador foi Jonas Valančiūnas. O 25 de xuño de 2015, foi elixido na 5ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Orlando Magic.[2]

O 6 de xullo de 2018, Hezonja asinou cos New York Knicks.[3]

O 3 de xullo de 2019, Hezonja asinou cos Portland Trail Blazers.[4]

O 20 de novembro de 2020, Hezonja foi traspasado ós Memphis Grizzlies nun traspaso entre tres equipos.[5] O 11 de decembro de 2020, foi cortado polos Grizzlies.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vera, Sergio. "Hezonja, la gran perla que aterriza en Barcelona". Sport.es. Consultado o 11 de xullo de 2012. 
  2. Denton, John (25 de xuño de 2015). "The Orlando Magic Select Mario Hezonja". NBA.com. Consultado o 26 de xuño de 2015. 
  3. "New York Knicks sign Mario Hezonja". NBA.com. 6 de xullo de 2018. Consultado o 6 de xullo de 2018. 
  4. Trail Blazers sign forward Mario Hezonja
  5. "Grizzlies acquire draft rights to Desmond Bane and Mario Hezonja in three-team trade with Celtics and Trail Blazers". nba.com. Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  6. "Memphis Grizzlies sign Ahmad Caver Grizzlies Waive Mario Hezonja". NBA.com. 11 de decembro de 2020. Consultado o 11 de decembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]