Josh Richardson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Josh Richardson
Miami Heat – No. 0
Posición Ala / Escolta
Información persoal
Nacemento 15 de setembro de 1993 (30 anos)
Edmond, Oklahoma
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Información da carreira
Instituto Santa Fe (Edmond, Oklahoma)
Universidade Tennessee (2011–2015)
NBA Draft 2015 / Rolda: 2 / Elección: 40
Por Miami Heat
Carreira desde 2015
Historial de equipos
Miami Heat (2015–2019)
Sioux Falls Skyforce (2015–2016)
Philadelphia 76ers (2019–2020)
Dallas Mavericks (2020–2021)
Boston Celtics (2021–2022)
San Antonio Spurs (2022–2023)
New Orleans Pelicans (2023)
Miami Heat (2023–presente)

Joshua Michael Richardson, nado o 15 de setembro de 1993 en Edmond, Oklahoma, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Miami Heat da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 25 de xuño de 2015, Winslow foi seleccionado na 40ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Miami Heat. Tras xogar 10 partidos na Liga de Verán, asinou un contrato cos Heat o 3 de agosto de 2015.[1] Fixo o seu debut cos Heat o 5 de novembro de 2015, xogando sete minutos contra os Minnesota Timberwolves.[2] O 18 de setembro de 2017, Richardson asinou unha extensión de contrato cos Heat por catro anos.[3]

O 6 de xullo de 2019, Richardson foi traspasado ós Philadelphia 76ers como parte do traspaso de Jimmy Butler ós Heat.[4]

O 18 de novembro de 2020, Richardson foi traspasado xunto os dereitos do Draft de Tyler Bey ós Dallas Mavericks, a cambio de Seth Curry.[5]

O 31 de xullo de 2021, Richardson foi traspasado ós Boston Celtics a cambio de Moses Brown.[6]

O 10 de febreiro de 2022, Richardson foi traspasado xunto a Romeo Langford ós San Antonio Spurs, a cambio de Derrick White.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "HEAT Signs Josh Richardson". NBA.com. 3 de agosto de 2015. Consultado o 3 de agosto de 2015. 
  2. "Josh Richardson 2015-16 Game Log". Basketball-Reference.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2020. Consultado o 13 de novembro de 2015. 
  3. "HEAT Signs Josh Richardson to Contract Extension". NBA.com. 18 de setembro de 2017. Consultado o 18 de setembro de 2017. 
  4. "HEAT Acquire Butler And Leonard". NBA.com. 6 de xullo de 2019. Consultado o 6 de xullo de 2019. 
  5. Sefko, Eddie (18 de novembro de 2020). "Mavericks acquire Josh Richardson, but are 'not done yet', Nelson says". NBA.com. Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  6. "Celtics Acquire Josh Richardson from Mavericks". NBA.com. 31 de xullo de 2021. Consultado o 31 de xullo de 2021. 
  7. "Fifth-year guard joins Boston backcourt; Langford, Richardson, 2022 protected first-round draft pick to San Antonio". nba.com. 10 de febreiro de 2022. Consultado o 10 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]