Tyus Jones
(2021) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 10 de maio de 1996 Burnsville | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Educación | Universidade Duke Apple Valley High School | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 188 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 86 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2015 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Liga | NBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Base | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Número deportivo | 1 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Convocado por | Cleveland Cavaliers | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Irmáns | Jadee Jones Tre Jones | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tyus Robert Jones Sr., nado o 10 de maio de 1996 en Burnsville, Minnesota, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Washington Wizards da National Basketball Association (NBA). Con 1,88 metros de estatura xoga na posición de base.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]O 25 de xuño de 2015, Jones foi seleccionado polos Cleveland Cavaliers na 24ª posición do Draft da NBA de 2015 e foi traspasado ós Minnesota Timberwolves a cambio dos dereitos do Draft de Cedi Osman e Rakeem Christmas.[1] O 7 de xullo de 2015, Jones asinou cos Timberwolves.[2] O 10 de novembro de 2015, Jones debutou na NBA contra os Charlotte Hornets.[3]
O 11 de xullo de 2019, Jones asinou un contrato de tres anos cos Memphis Grizzlies.[4] O 6 de xullo de 2022, Jones asinou un novo contrato cos Grizzlies por dous anos.[5]
O 22 de xuño de 2023, os Grizzlies traspasaron a Jones ós Washington Wizards, como parte dun traspaso entre tres equipos que mandou a Kristaps Porziņģis ós Boston Celtics e a Marcus Smart ós Grizzlies. Os Wizards fixéronse tamén con Danilo Gallinari, Mike Muscala e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 dos Celtics.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Timberwolves Acquire Draft Rights to Tyus Jones". NBA.com. 25 de xuño de 2015. Consultado o 26 de xuño de 2015.
- ↑ "Timberwolves Sign 2015 NBA Draft Picks Karl-Anthony Towns and Tyus Jones". NBA.com. 7 de xullo de 2015. Consultado o 7 de xullo de 2015.
- ↑ "Timberwolves' Ricky Rubio: Late scratch Tuesday". CBS Sports. 10 de novembro de 2015. Consultado o 11 de novembro de 2015.
- ↑ "Memphis Grizzlies sign Tyus Jones to multi-year contract". NBA.com. 11 de xullo de 2019. Consultado o 13 de xullo de 2019.
- ↑ "Memphis Grizzlies re-sign Tyus Jones to multi-year contract". NBA. Consultado o 9 de xullo de 2022.
- ↑ "Boston Celtics Acquire Kristaps Porzingis". NBA.com. 23 de xuño de 2023. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2023. Consultado o 23 de xuño de 2023.