Jacob Talmon
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2010.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (mul) Jacob Leib Fleischer (Flajszer) 14 de xuño de 1916 Rypin |
| Morte | 16 de xuño de 1980 Xerusalén |
| Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
| Lugar de sepultura | Monte dos Descansos (pt) |
| Educación | London School of Economics |
| Actividade | |
| Ocupación | Historiador da Idade Contemporánea, historiador, científico político, pedagogo, escritor e catedrático de universidade. |
| Membro de | |
| Obra | |
| Doutorando | Shelomoh Naʿaman (en) |
| Premios | |
| |
Jacob Leib Talmon (en hebreo יעקוב טלמון), nado en Rypin (Polonia) o 16 de xuño de 1916 e finado en 1980 en Xerusalén, foi un historiador israelí na Universidade Hebrea de Xerusalén, especializado na Revolución francesa. Cuñou os termos democracia totalitaria e mesianismo político.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu nunha familia xudía ortodoxa, de apelido Fleischer. En 1933 emigrou a Israel (Aliyá) coa familia e asentouse en Tel Aviv. Cursou estudos universitarios na Universidade Hebrea de Xerusalén e en La Sorbonne de París. Trala conquista de París polo exército alemán durante a segunda guerra mundial mudouse a Londres, culminando os seus estudos de doutoramento na London School of Economics cara a 1943.
Retornou a Israel, onde casou cunha doutora en Medicina, Irena Bugajer, coa que tivo dous fillos. Comezou a dar clase na Universidade Hebrea. En 1957 recibiu o Premio Israel, e en 1967 foi elixido para integrar a Academia Israelí de Ciencias e Humanidades.
Finou aos 64 anos por mor dun paro cardíaco. No seu funeral foi despedido por Menachem Begin, Primeiro Ministro de Israel e opoñente ideolóxico do historiador.
Obra
[editar | editar a fonte]Categorizado coma un "liberal da Guerrra Fría" estudou a xenealoxía do totalitarismo argüíndo que tal doutrina é unha variante do mesianismo político, con raíz na Revolución Francesa, e acentúa as similitudes entre o xacobinismo e o stalinismo.
Talmon sostén que a postura de Rousseau debe ser entendida coma un "totalitarismo democrático"; coma unha filosofía na que a liberdade se concreta "unicamente na procura e logro dun propósito absolutamente colectivo".
- The Origins of Totalitarian Democracy, Londres, 1952.
- The Nature of Jewish History-Its Universal Significance, 1957.
- Political Messianism - The Romantic Phase, 1960.
- The Unique and The Universal, 1965.
- Romanticism and Revolt: Europe 1815-1848, Londres, Thames & Hudson, 1967.
- Israel among the Nations, 1968.
- The Age of Violence, 1974.
- The Myth of Nation and Vision of Revolution, The Origins of Ideological Polarization in the 20th Century, 1981.
- The Riddle of the Present and the Cunning of History, 2000.