Ján Kollár
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 29 de xullo de 1793 Mošovce |
| Morte | 24 de xaneiro de 1852 Viena |
| Lugar de sepultura | Cemiterio de Olšany |
| Catedrático | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Luteranismo |
| Educación | Universidade de Jena |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Filoloxía eslava, literatura, teoloxía, filoloxía e historiografía |
| Lugar de traballo | Praga Viena Jena |
| Ocupación | escritor, folclorista, político, mestre, predicador, folk song collector (en) |
| Empregador | Universidade de Viena |
| Membro de | |
| Pseudónimo literario | Čechobratr Protištúrsky Čechobratr Protištúrský |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Коллар Ян) Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Ján Kollár nado en Mošovce o 29 de xullo de 1793 e finado en Viena o 24 de xaneiro de 1852, foi un escritor e poeta eslovaco do Romanticismo, arqueólogo, científico e político. Foi un dos primeiros ideólogos do paneslavismo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou nun colexio luterano de Bratislava[1], onde foi ordenado sacerdote, sendo destinado a exercer o seu servizo a Budapest. Desde 1849 foi profesor na Universidade de Viena. Exerceu como Conselleiro de Goberno do Imperio Austríaco nos asuntos relacionados con Eslovaquia.
Kollar distinguiuse por impulsar o movemento nacionalista eslovaco e a idea do Paneslavismo. Considerou que nas linguas eslavas podían distinguirse catro grandes grupos: a ruso, a polaco, a checo-eslovaco e serbocroata.
No 1974 adicóuselle un museo no celeiro da súa casa natal de Mošovce, xa que o resto da casa sufrira un incendio o 16 de agosto de 1863. No 2009 construíuse unha réplica da casa orixinal na que está agora o museo.[2]
Obra
[editar | editar a fonte]Ademais da súa poesía, escribiu obras de interese científico e de arqueoloxía. As máis destacadas son:
- Slávy dcera (A filla de Sláva). Nesta obra expresa os seus sentimentos por unha muller que, ao cabo, é unha personificación da patria.
- O literární vzájemnosti mezi kmeny a nářečími slavskĭmi (Sobre a reciprocidade literaria entre a tribos eslavas e as vernáculas).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Petro, Peter (1995). A History of Slovak Literature (1 ed.). Mcgill Queens's University Press. p. 66.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2014. Consultado o 31 de xaneiro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ján Kollár |
| A Galipedia ten un portal sobre: Eslovaquia |
