Mošovce

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mošovce
Arquitectura orixinal de casas de Mošovce.
Localización
Mošovce en Eslovaquia
Mošovce
Mošovce
PaísEslovaquia Eslovaquia
RexiónRexión de Žilina
DistritoDistrito de Turčianske Teplice
Xeografía
Altitude495 msnm
Superficie58,09 km²
Demografía
Poboación1 328 hab. (2008)
Densidade1 265 hab/km²
Outros datos
Código postal03821
AlcaldeIng. Peter Košík
mosovce.sk

Mošovce (Mosóc en húngaro) é unha das maiores vilas da rexión de Žilina en Eslovaquia.

Xeografía[editar | editar a fonte]

  • Altitude: 548 metros.
  • Latitude: 48º 54' N
  • Lonxitude: 018º 54' E

Historia[editar | editar a fonte]

Moitos dos edificios históricos preservados teñen 770 anos de existencia. A primeira vez que foi nomeado, foi no documento da doazón do rei Andrés II. Orixinariamente Mošovce constaba de dúas partes: A primeira Machyuch estaba situada no lugar do Starý Rad actual, e a segunda Terra Moys, que lle deu ó pobo o seu nome actual, ocupou a localidade da actual Vidrmoch. E pola causa do nome da segunda parte que significa A Terra de Mojš, hoxe cremos que o pobo enteiro pertencía a un Sr. Mojš, cuxo nome podería ser unha abreviación do nome eslavo composto Mojtech, parecido a nomes como Vojtech ou Mojmír. Durante a súa historia, o nome do pobo sostivo moitas variacións: Mossovych, Mosocz, Mossowecz, villa regia Mayos alio nomine Mossovych, oppidioum Mayus sue Mosocz, Mosocz olim Mayus, ó actual Mošovce.

O nome dunha parte vella de Mošovce, o antiga sitio Chornukov, se conservou na forma moderna de Čerňakov.

Ante todo Mošovce desenvolveuse como un lugar real cunha avogacía libre, e dende a metade do século XIV como un pobo privilexiado, subordinado ó castelo real de Blatnica. No ano 1527 pasou a súa posesión da familia Révay que suprimiu os privilexios do pobo Mošovce durante 400 anos.

No pasado, Mošovce era un centro importante das artes da rexión de Turiec - Os artesáns e as súas atres desenrolábanse rapidamente. Como resultado, na vila había aproximadamente 15 gremios activos: o gremio de zapateiro e os máis famosos peleteiros sobreviviron longo tempo. O Mošovce de hoxe pódese caracterizar como unha importante zona turística con moitos interesantes monumentos.

Monumentos[editar | editar a fonte]

Un dos monumentos máis notables é o castelo rococó-clásico da segunda metade do século XVIII cun extenso parque inglés. Outros sitios inclúen: O lugar de nacemento de Ján Kollár, unha igrexa neogótica católica cun altar valuable, construída no sitio do seu predecesor máis antigo, unha igrexa evanxélica construída no ano 1784, un mausoleo no que agora encóntrase o Museo das Artes, un invernáculo moderno e un pavillón do ano 1800.

Natureza[editar | editar a fonte]

Os arredores de Mošovce son en verdade únicos. Un complexo de avenidas de árbores históricas e pequenos bosques constitúen un escenario estético e impresionante, que parece como unha extensión do escenario dos bosques da cordilleira de Veľká Fatra. Este sistema de montañas é un dos máis atractivos en Eslovaquia. Formacións calcarias e dolomitas de formas fantásticas xunto a unha natureza fermosísima nos vales próximos de Blatnica e Gader que atraen a xente de tódalas partes do mundo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Mošovce

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]