Krishna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Estadua de Krishna no templo Sri Mariamman, Singapur

Krishna (en sánscrito: कृष्ण, Kṛṣṇa) é unha das deidades fundamentais do hinduísmo. É adorado como o oitavo avatar de Visnú e tamén como o Deus supremo por dereito propio.[1] É o deus da protección, a compaixón, a tenrura e o amor[2][3][4] e é unha das máis populares e veneradas das divindades indias.[5] O aniversario de Krishna celébrano cada ano os hindús no Krishna Janmashtami segundo o calendario lunisolar hindú, que cae a finais de agosto ou principios de setembro do calendario gregoriano.[6][7]

As anécdotas e as narracións da vida de Krishna normalmente chámanse Krishna Leela. É unha personaxe central no Mahabharata, no Bhagavata Purana, no Brahma Vaivarta Purana e no Bhagavad Gita, e é mencionado en moitos textos filosóficos, teolóxicos e mitolóxicos hindús.[8] Retrátano en varias perspectivas: un neno-deus, un bromista, un amante modelo, un heroe divino e como o ser supremo universal.[9] A súa iconografía reflicte estas lendas e móstrano en diferentes etapas da súa vida, como un bebé que come manteiga, un rapaz tocando a frauta, un rapaz con Radha ou rodeado de mulleres devotas ou como un carreteiro amigable que lle dá consello a Arjuna.[10]

O nome e os sinónimos de Krishna remontánse á literatura e aos cultos do primeiro milenio a.C.[11] Nalgunhas subtradicións, Krishna é adorado como Svayam Bhagavan (o Deus Supremo) e ás veces coñécese como krishnaísmo. Estas subtradicións xurdiron no contexto do movemento bhakti da época medieval. [12][13] A literatura relacionada con Krishna inspirou numerosas artes do espectáculo como Bharatanatyam, Kathakali, Kuchipudi, Odissi e a danza Manipuri.[14][15] É un deus panhindú, mais é venerado especialmente nalgúns lugares como Vrindavan en Uttar Pradesh,[16] Dwarka e Junagadh en Gujarat; o aspecto Jagannatha en Odisha, Mayapur en Bengala Occidental;[12][17][18] en forma de Vithoba en Pandharpur, Maharashtra, Shrinathji en Nathdwara en Rajasthan,[12][19] Udupi Krishna en Karnataka,[20] Parthasarathy en Tamil Nadu e Guruvayoorappan en Guruvayoor en Kerala.[21] Desde a década de 1960, o culto a Krishna tamén se estendeu ao mundo occidental e a África, en gran parte debido ao traballo da Sociedade Internacional para a Conciencia de Krishna (ISKCON).[22]

Nomes e etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome "Krishna" procede da voz sánscrita Kṛṣṇa, que é principalmente un adxectivo que significa "negro", "escuro" ou "azul escuro".[23] A lúa minguante chámase Krishna Paksha, relacionado co adxectivo que significa "que se escurece".[23] O nome tamén se interpreta ás veces como "todo atractivo".[24]

Como un nome de Visnú, Krishna é listado como o 57.º nome no Vishnu Sahasranama. Baseado no seu nome, Krishna, ás veces represéntase coma un ídolo de pel negra ou azul. Krishna tamén se coñece con outros nomes, epítetos e títulos que reflicten as súas moitas asociacións e atributos. Entre os nomes máis comúns están Mohan "encantador"; Govinda "xefe gandeiro",[25] Keev "bromista" e Gopala "protector do Go", que significa "alma" ou "as vacas".[26][27] Algúns nomes para Krishna teñen importancia rexional; Jagannatha, que se atopa no templo de Puri, é unha encarnación popular no estado de Odisha e rexións próximas da India oriental.[28][29][30]

Krishna pode tamén referirse a Vāsudeva-Krishna, Murlidhar e Chakradhar. O título honorario "Sri" ou "Shri" adoita empregarse diante do nome de Krishna.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Krishna". Encyclopædia Britannica Online. 
  2. Scharfstein, Ben-Ami (1993). Ineffability: The Failure of Words in Philosophy and Religion. State University of New York Press. p. 166. ISBN 978-0-7914-1347-0. 
  3. Edwin Bryant & Maria Ekstrand 2004, pp. 21–24.
  4. Edwin Bryant & Maria Ekstrand 2004, pp. 20–25.
  5. Matchett, Freda (2001). Krishna, Lord Or Avatara?. Psychology Press. p. 199. ISBN 978-0-7007-1281-6. 
  6. "Krishna". World History Encyclopedia. 
  7. Lochtefeld, James G. (2002). The Illustrated Encyclopedia of Hinduism: A-M. The Rosen Publishing Group. pp. 314–315. ISBN 978-0-8239-3179-8. 
  8. Thompson, Richard (decembro 1994). "Reflections on the Relation Between Religion and Modern Rationalism". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2011. Consultado o 12 de abril de 2008. 
  9. Mahony, W. K. (1987). "Perspectives on Krsna's Various Personalities". History of Religions 26 (3): 333–335. JSTOR 1062381. doi:10.1086/463085. 
  10. Knott 2000, pp. 15, 36, 56
  11. Hein, Norvin (1986). "A Revolution in Kṛṣṇaism: The Cult of Gopāla". History of Religions 25 (4): 296–317. JSTOR 1062622. doi:10.1086/463051. 
  12. 12,0 12,1 12,2 Hardy 1987, pp. 387–392.
  13. Ravi Gupta and Kenneth Valpey (2013), The Bhagavata Purana, Columbia University Press, ISBN 978-0231149990, páx. 185–200
  14. Bryant 2007, pp. 118.
  15. ML Varadpande (1987), History of Indian Theatre, Vol 1, Abhinav, ISBN 978-8170172215, páx. 98–99
  16. Hawley 2020.
  17. Miśra 2005.
  18. Melton, J. Gordon (2011). Religious Celebrations: An Encyclopedia of Holidays, Festivals, Solemn Observances, and Spiritual Commemorations. ABC-Clio. pp. 330–331. ISBN 978-1-59884-205-0. 
  19. Packert, Cynthia (2010). The Art of Loving Krishna: Ornamentation and Devotion. Indiana University Press. pp. 5, 70–71, 181–187. ISBN 978-0-253-22198-8. 
  20. Bryant 2007, p. 3.
  21. Vemsani, Lavanya (2016). Krishna in History, Thought, and Culture. ABC-CLIO. pp. 112–113. ISBN 978-1-61069-211-3. 
  22. Selengut, Charles (1996). "Charisma and Religious Innovation:Prabhupada and the Founding of ISKCON". ISKCON Communications Journal 4 (2). Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2012. Consultado o 02 de xullo de 2021. 
  23. 23,0 23,1 * Monier Williams Sanskrit-English Dictionary (2008 revision) Arquivado 18 de outubro de 2019 en Wayback Machine.
  24. Bryant 2007, p. 382
  25. Monier Monier Williams, Go-vinda, Sanskrit English Dictionary and Ettymology, Oxford University Press, p. 336, 3rd column
  26. Bryant 2007, p. 17
  27. Hiltebeitel, Alf (2001). Rethinking the Mahābhārata: a reader's guide to the education of the dharma king. Chicago: University of Chicago Press. pp. 251–53, 256, 259. ISBN 978-0-226-34054-8. 
  28. Misra, B. M. (18 de xuño de 2007). Orissa: Shri Krishna Jagannatha: the Mushali parva from Sarala's Mahabharata. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-514891-6. 
  29. Bryant 2007, p. 139.
  30. Francis Bradley Bradley-Birt (1989). Chota Nagpur, a Little-known Province of the Empire. Asian Educational Services (Orig: 1903). pp. 61–64. ISBN 978-81-206-1287-7. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]