Baía Botany

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 33°59′00″S 151°11′00″L / -33.98333, -151.18333

Imaxe satélite da baía.

A baía Botany (en inglés: Botany Bay) é unha enseada do océano Pacífico Sur situada na costa sueste de Australia. Administrativamente, pertence ó estado de Nova Gales do Sur.

Atópase ó sur de Sydney ó saír de Port Jackson e conta con preto de dez quilómetros de extensión. As súas costas están rodeadas polos suburbios de Sydney.

Historia[editar | editar a fonte]

A baía foi o escenario do primeiro desembarco de europeos en Australia, ocorrido en 1770, cando arribou a ela o capitán James Cook; este deulle o nome de «Botany» (Botánica) pola súa gran variedade de plantas.[1]

Botany foi elixida en 1787 como o emprazamento para unha colonia penal. Porén a baía foi descartada á chegada dos colonos ó lugar, realizandose o asentamento en Port Jackson.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Botany Bay". Geographical Names Board of NSW (en inglés). 
  2. L. Sturgess, Gary (2015). "First Fleet". Dictionary of Sydney (en inglés). Dictionary of Sydney Trust.