Iñaki Urdangarin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Iñaki Urdangarin
Iñaki Urdangarín.jpg
Nacemento 15 de xaneiro de 1968
  Zumarraga
Nacionalidade España
Educado en ESADE
Ocupación balonmanista
Pai Juan María Urdangarin Berriochoa
Nai sen etiquetar
Cónxuxe Cristina de Borbón e Grecia
Fillos Juan Urdangarin e de Borbón, Pablo Urdangarin e de Borbón, Miguel Urdangarin e de Borbón e Irene Urdangarin e de Borbón
Premios Grand Cross of the Order of the Oak Crown e Great Cross of the Royal Order of Sports Merit
editar datos en Wikidata ]

Iñaki Urdangarin[1] Liebaert, nado en Zumarraga (Guipúscoa) o 15 de xaneiro de 1968, é un ex xogador de balonmán español e esposo da Infanta de España Cristina de Borbón. Ten tratamento de excelentísimo señor. Entre 1997 e 2015 foi Duque consorte de Palma, por mor da súa voda coa Infanta. Debido ao escándalo do Caso Nóos, no que estaba involucrado, o Rei Filipe VI revogoulle a concesión do título ducal á súa irmá, polo que o propio Iñaki Urdangarin tivo que deixar de empregalo. O 18 de xuño de 2018 entrou no cárcere de Brieva (Ávila) para cumprir unha condena de cinco anos e 10 meses.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Despois de pasar polo BM Guadalajara, xogou profesionalmente na sección de balonmán do Futbol Club Barcelona durante 14 tempadas, entre 1986 e 2000. Co FC Barcelona gañou 6 Copas, 2 Recopas e 4 Supercopas de Europa, ademais de 10 Ligas ASOBAL, 7 Copas do Rei, 9 Supercopas de España, 3 Copas ASOBAL e 11 ligas catalás.

Foi internacional pola Selección de balonmán de España en tres Xogos Olímpicos, contribuíndo á consecución de dúas medallas de bronce nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996 e Sidney 2000, ademais dunha medalla de bronce nun Europeo. No ano 2000 retirouse da competición.

Consorte[editar | editar a fonte]

O 4 de outubro de 1997, casou coa infanta Cristina de Borbón na Catedral de Santa Eulalia de Barcelona, ocasión pola cal o rei concedeu á súa filla o título de Duquesa de Palma de Mallorca. Tiveron catro fillos que ocupan os postos do oitavo ao undécimo no orde de sucesión ao rei Xoán Carlos I:

Acusado de corrupción[editar | editar a fonte]

En novembro de 2011, Urdangarin e os seus socios foron investigados no caso Babel, derivado da investigación do caso Palma Arena.[3] O 10 de novembro apareceu nos medios de comunicación a noticia dunha probable imputación por un suposto desvío de diñeiro público desde o Instituto Nóos que presidía.

Mediante un comunicado, La Zarzuela apartou a Iñaki Urdangarin dos seus actos oficiais o 12 de decembro de 2011, porque o seu comportamento non era «exemplar» para a Casa do Rei.[4]

O 29 de decembro de 2011 foi imputado polo xuíz José Castro, e citouse para comparecer o día 6 de febreiro de 2012, podéndose atrasar esta data se así é de interese para a súa representación. Dous días despois da imputación, o xuíz Castro aceptou atrasar a declaración de Urdangarin como imputado ao día 25 de febreiro. A declaración do imputado durou máis de 22 horas, durante o día 25 e a madrugada do 27 de febreiro;[5] declarou que non coñecía a existencia de empresas para desviar diñeiro público, culpou a Diego Torres e asegurou que o papel da infanta Cristina na trama empresarial era soamente testemuñal e que o rei pediulle que se desvinculase das súas actividades profesionais.[6]

Palmarés como xogador[editar | editar a fonte]

FC Barcelona[editar | editar a fonte]

  • Títulos internacionais:
  • Títulos nacionais:

Selección española[editar | editar a fonte]

Foi 154 veces internacional coa Selección española, coa que participou en 9 grandes eventos internacionais:

Títulos nobiliarios[editar | editar a fonte]

Distincións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]