Miguel Urdangarin y Borbón
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 30 de abril de 2002 Barcelona, España |
| Relixión | Igrexa católica |
| Educación | Universidade de Southampton (pt) |
| Actividade | |
| Ocupación | aristócrata |
| Outro | |
| Título | Don |
| Familia | Dinastía Borbón |
| Pais | Iñaki Urdangarin |
| Irmáns | Irene Urdangarin e de Borbón Pablo Urdangarin e de Borbón Juan Urdangarin e de Borbón |
Miguel de Todos los Santos Urdangarin y Borbón, nado en Barcelona o 30 de abril de 2002[1], é o terceiro fillo da Infanta Cristina de España e Iñaki Urdangarin. É neto dos reis eméritos de España, Xoán Carlos I e Sofía de Grecia, e sobriño dos actuais reis Filipe VI e Letizia Ortiz.
Sete semanas logo do seu nacemento na Clínica Teknon de Barcelona, o novo membro da Familia real española foi bautizado o 23 de xuño de 2002 no Palacio da Zarzuela. O cardeal Antonio María Rouco Varela presidiu a cerimonia. Os padriños foron o entón príncipe Filipe e Lucía Urdangarin.[2]
Miguel é o noveno na liña de sucesión ao trono de España, por detrás das súas curmás Lionor e Sofía de Borbón, a súa tía Elena de Borbón e os seus fillos Felipe Juan Froilán e Victoria Federica, a súa nai Cristina de Borbón e os seus irmáns máis vellos Juan e Pablo, e por diante da súa irmá máis nova Irene.[3] Como fillo dunha infanta de España dáselle o trato de A súa Excelencia e posúe a dignidade de Grande de España.
Ascendencia
[editar | editar a fonte]| 16. Diego Urdangarin y Arrizabalaga | ||||||||||||||||
| 8. Laureano Urdangarin y Larrañaga | ||||||||||||||||
| 17. María Luciana de Larrañaga y Mendizábal | ||||||||||||||||
| 4. Juan María Urdangarin Berriochoa | ||||||||||||||||
| 18. Aniceto Jenaro de Berriochoa y Berrizábalbeitia | ||||||||||||||||
| 9. Ana de Berriochoa y Elgarresta | ||||||||||||||||
| 19. Juliana de Elgarresta y Arrizabalaga | ||||||||||||||||
| 2. Iñaki Urdangarin Liebaert | ||||||||||||||||
| 20. Firmin François Liebaert | ||||||||||||||||
| 10. Guillaume Pierre Liebaert | ||||||||||||||||
| 21. Pharaïlde Marie Vercruysse | ||||||||||||||||
| 5. Claire Françoise Liebaert Courtain | ||||||||||||||||
| 22. Josephus Ludovicus Jacobus Courtain | ||||||||||||||||
| 11. Marie Emilie Courtain | ||||||||||||||||
| 23. Maria Ludovica Genicot | ||||||||||||||||
| 1. Miguel Urdangarin y Borbón | ||||||||||||||||
| 24. Rei Afonso XIII de España | ||||||||||||||||
| 12. Infante Xoán, Conde de Barcelona | ||||||||||||||||
| 25. Princesa Vitoria Uxía de Battenberg | ||||||||||||||||
| 6. Rei Xoán Carlos I de España | ||||||||||||||||
| 26. Príncipe Carlos Tancredo de Borbón-Dúas Sicilias, Duque de Calabria | ||||||||||||||||
| 13. Princesa María das Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias | ||||||||||||||||
| 27. Princesa Luísa de Orleáns | ||||||||||||||||
| 3. Cristina de Borbón e Grecia | ||||||||||||||||
| 28. Rei Constantino I de Grecia | ||||||||||||||||
| 14. Rei Paulo I de Grecia | ||||||||||||||||
| 29. Princesa Sofía de Prusia | ||||||||||||||||
| 7. Princesa Sofía de Grecia e Dinamarca | ||||||||||||||||
| 30. Ernesto Augusto III, Duque de Brunswick | ||||||||||||||||
| 15. Princesa Frederica de Hannover | ||||||||||||||||
| 31. Princesa Vitoria Luísa de Prusia | ||||||||||||||||