Liga de Campións da EHF
Tipo | competición deportiva |
---|---|
Deporte | balonmán |
Organizador | Federação Europeia de Andebol (pt) |
Patrocinador | Machineseeker Group (en) |
Número de participantes | 16 |
Localización e Datas | |
Vixencia | 1956 – |
Calendario da tempada | setembro – xuño |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | FC Barcelona (12º) (2024) |
Datos estatísticos | |
Campión | FC Barcelona (12) |
Outro | |
Páxina web oficial | ehfcl.eurohandball.com… |
A Copa de Europa de Balonmán, tamén denominada Liga de Campións (Champions League en inglés) é o nome que recibe a máxima competición de clubs de balonmán a nivel europeo. Está organizada pola EHF (European Handball Federation), e reúne aos mellores equipos das principais ligas do balonmán europeo.
A competición celébrase anualmente dende a tempada 1956-57, aínda que ao longo dos anos foi modificado o sistema de competición. Nos primeiros anos participaban unicamente os campións de cada unha das ligas nacionais adscritas á EHF. Actualmente reúne aos mellores clasificados das principais ligas, non só aos campións. O club con máis títulos da Copa de Europa de Balonmán é o FC Barcelona da Liga ASOBAL, con nove títulos, e o actual campión é precisamente o FC Barcelona.
Sistema de competición
[editar | editar a fonte]Actualmente a Copa de Europa consta dunha fase preliminar na que oito equipos de ligas de países de menor coeficiente se agrupan en dous grupos de catro equipos cada un. O gañador de cada grupo pasa á seguinte rolda.
Na segunda rolda hai catro grupos de seis equipos cada un. Nesta rolda participan os mellores equipos europeos, achegando a Bundesliga e a Liga ASOBAL tres clubs cada unha.
Os catro primeiros clasificados pasan a oitavos de final, enfrontándose en sorteo cruzado (primeiros contra cuartos e segundos contra terceiros) e a dobre partido (un encontro no campo de cada equipo).
Os oito clasificados pasan a cuartos de final en sorteo puro e tamén a dobre partido.
Finalmente, os catro vencedores disputan o título baixo o formato de Final a Catro ou Final Four.
Fases finais
[editar | editar a fonte]Palmarés
[editar | editar a fonte]Palmarés por equipos
[editar | editar a fonte]Equipo | Campión | Subcampión | Anos campión | Anos subcampión |
---|---|---|---|---|
FC Barcelona | 9 | 4 | 1991, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2005, 2011, 2015 | 1990, 2001, 2010, 2013 |
VfL Gummersbach | 5 | 1 | 1967, 1970, 1971, 1974, 1983 | 1972 |
THW Kiel | 3 | 4 | 2007, 2010, 2012 | 2000, 2008, 2009, 2014 |
BM Ciudad Real | 3 | 2 | 2006, 2008, 2009 | 2005, 2011 |
SKA Minsk | 3 | 1987, 1989, 1990 | ||
SC Magdeburg | 3 | 1978, 1981, 2002 | ||
RK Zagreb | 2 | 4 | 1992, 1993 | 1995, 1997, 1998, 1999 |
Dukla Praha | 2 | 2 | 1963, 1984 | 1967, 1968 |
Steaua Bucurest | 2 | 2 | 1968, 1977 | 1971, 1989 |
Frisch Auf! Göppingen | 2 | 1 | 1960, 1962 | 1959 |
Metaloplastika Šabac | 2 | 1 | 1985, 1986 | 1984 |
TV Grosswallstadt | 2 | 1979, 1980 | ||
RK Bjelovar | 1 | 2 | 1972 | 1962, 1973 |
CSKA Moscova | 1 | 2 | 1988 | 1977, 1983 |
SC Flensburg-Handewitt | 1 | 2 | 2014 | 2004, 2007 |
Portland San Antonio | 1 | 2 | 2001 | 2003, 2006 |
Dinamo Bucarest | 1 | 1 | 1965 | 1963 |
MAI Moscova | 1 | 1 | 1973 | 1974 |
Borac Banja Luka | 1 | 1 | 1976 | 1975 |
Budapest Honvéd | 1 | 1 | 1982 | 1966 |
Teka Santander | 1 | 1 | 1994 | 1992 |
Elgorriaga Bidasoa | 1 | 1 | 1995 | 1996 |
Redbergslid Göteborg | 1 | 1959 | ||
HB Montpellier | 1 | 2003 | ||
Celje Pivovarna Lasko | 1 | 2004 | ||
HSV Hamburg | 1 | 2013 | ||
KS Kielce | 1 | 2016 | ||
RK Vardar | 1 | 2017 |
Palmarés por ligas
[editar | editar a fonte]País | Campións | Subcampións | Finalistas |
---|---|---|---|
RFA / RDA / Handball-Bundesliga | 18 | 11 | 29 |
Liga ASOBAL | 15 | 12 | 27 |
Liga croata | 3 | 7 | 10 |
Liga romanesa | 3 | 3 | 6 |
Liga checoslovaca | 3 | 2 | 5 |
Liga bielorrusa | 3 | 3 | |
Liga rusa | 2 | 3 | 5 |
Liga serbia | 2 | 2 | 4 |
Liga húngara | 1 | 2 | 3 |
Liga sueca | 1 | 1 | 2 |
Liga bosníaca | 1 | 1 | 2 |
Liga eslovena | 1 | 1 | 2 |
Liga francesa | 1 | 1 | |
Liga polaca | 3 | 3 | |
Liga dinamarquesa | 2 | 2 | |
Liga islandesa | 1 | 1 | |
Liga suíza | 1 | 1 | |
Liga portuguesa | 1 | 1 |