Ducado de Palma de Mallorca
Aparencia
Ducado de Palma de Mallorca | |
---|---|
Primeiro titular | Cristina de Borbón e Grecia |
Concesión | Xoán Carlos I |
Liñaxes | Casa de Borbón |
Actual titular | Revertido á Coroa[1] |
O Ducado de Palma de Mallorca foi un título nobiliario vitalicio concedido polo rei de España Xoán Carlos I, á súa filla a infanta Cristina de Borbón e Grecia o 26 de setembro de 1997, con ocasión do seu matrimonio con Iñaki Urdangarin. Non obstante, en medio do escándalo provocado polo Caso Nóos, no que se viu involucrada xunto ao seu marido, o seu irmán o Rei Filipe VI revogoulle a concesión do título ducal por un Real Decreto do 11 de xuño de 2015. O primoxénito da infanta, Juan Valentín, non o herdaría por tanto tras o falecemento da súa nai. A denominación do título facía referencia á cidade de Palma.
Duques de Palma de Mallorca
[editar | editar a fonte]Titular | Período | |
---|---|---|
Creación por Xoán Carlos I | ||
I | Cristina de Borbón e Grecia | 1997-2015 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xefatura do Estado (12 de xuño de 2015). "Real Decreto 470/2015, de 11 de junio, por el que se revoca la atribución a Su Alteza Real la Infanta Doña Cristina de la facultad de usar el título de Duquesa de Palma de Mallorca" (PDF). Boletín Oficial del Estado núm. 140'. Axencia Estatal Boletín Oficial do Estado. ISSN 0212-033X.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Real Decreto 1502/1997, que data do 26 de setembro de 1997, polo que se concede, con carácter vitalicio, a facultade de usar o título de Duquesa de Palma de Mallorca á Súa Alteza Real a Infanta Dona Cristina. (en castelán)
- Real Decreto 470/2015, que data do 11 de xuño de 2015, polo que se revoga a atribución a Súa Alteza Real a Infanta Dona Cristina da facultade de usar o título de Duquesa de Palma de Mallorca. (en castelán)