Saltar ao contido

Copa do Rei de balonmán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaCopa do Rei de balonmán
Imaxe
BM Cisne - BM Guadalajara, Copa do Rei 2025-26
Tipocompetición deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportebalonmán Editar o valor en Wikidata
OrganizadorASOBAL Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia1957 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadadecembromarzo Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Número de edición66 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoFC Barcelona (28º)
(2024)
Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialasobal.es… Editar o valor en Wikidata

A Copa do Rei de balonmán é unha competición española de balonmán entre clubs, organizada desde 1991 pola ASOBAL (Asociación de Clubs Españois de Balonmán), e que se disputa cada ano desde 1957. É a segunda competición máis importante do balonmán español, tras a Liga ASOBAL.

A Copa do Rei recibe este nome desde 1975 na honra ao Xefe de Estado de España. Entre 1957 e 1975 a competición recibiu a denominación de Copa do Xeneralísimo e nalgunhas edicións non enfrontou a clubs senón a seleccións provinciais. Con anterioridade, disputábase anualmente o Campionato de España de Balonmán a sete, torneo en formato copeiro que comezou a celebrarse en 1952 e que nalgunhas edicións tamén recibía o subtítulo de Copa do Xeneralísimo.[1]

Outra modalidade de balonmán, denominado "de campo" ou "a once", disputou de xeito descontinuo e en formato copeiro os Campionatos de España[2] da especialidade entre 1942 e 1959, en ocasións baixo o nome de Copa do Xeneralísimo.[3]

Sistema de competición

[editar | editar a fonte]

O sistema de competición da Copa do Rei variou ao longo dos anos. Actualmente, dispútase durante catro días nunha soa cidade. Participan oito equipos: un equipo anfitrión-organizador, e os sete primeiros clasificados da Liga ASOBAL á finzalización da primeira volta. Un sorteo establece os emparellamentos dos equipos no cadro de competición. Dispútanse catro partidos de cuartos de final; os gañadores clasifícanse para as dúas semifinais. Os vencedores das semifinais enfróntanse na final, que se disputa a partido único. Cabe dicir que os dous primeiros clasificados da Liga ASOBAL á finalización da primeira volta son considerados "cabezas de serie" no sorteo inicial, de maneira que non poden ser emparellados entre eles e só poden atoparse na final, en caso que gañen os seus partidos de cuartos e semifinais.

Historial

[editar | editar a fonte]
Tempada Sede Campión Subcampión Resultado da final
2019-2020
2018-2019AlacantFC BarcelonaLiberbank Cuenca34-18
2017-2018MadridFC BarcelonaBM Logroño La Rioja35-28
2016-2017LeónFC BarcelonaNaturhouse La Rioja34-29
2015-2016PamplonaFC BarcelonaHelvetia Anaitasuna33-30
2014-2015XixónFC BarcelonaFraikin BM Granollers27-26
2013-2014PamplonaFC BarcelonaFraikin BM Granollers42-32
2012-2013LogroñoBM Atlético de MadridNaturhouse La Rioja38-28
2011-2012TorreviejaBM Atlético de MadridFC Barcelona37-31
2010-2011VigoRenovalia Ciudad RealCuatro Rayas Valladolid31-22
2009-2010AntequeraFC BarcelonaReale Ademar León38-35
2008-2009GranollersFC BarcelonaBM Ciudad Real29-26
2007-2008ZaragozaBM Ciudad RealFC Barcelona31-30
2006-2007AlteaFC BarcelonaAdemar León33-27
2005-2006AlmeríaBM ValladolidBM Ciudad Real35-30
2004-2005PontevedraBM ValladolidFC Barcelona27-25
2003-2004PamplonaFC BarcelonaBM Ciudad Real27-25
2002-2003SantanderBM Ciudad RealFC Barcelona34-31
2001-2002TorreviejaAdemar LeónBM Ciudad Real31-28
2000-2001Cidade RealPortland San AntonioBM Ciudad Real22-20
1999-2000ZaragozaFC BarcelonaBM Valladolid34-28
1998-1999ValladolidPortland San AntonioFC Barcelona32-29
1997-1998PalenciaFC BarcelonaPortland San Antonio31-26
1996-1997CastellóFC BarcelonaCaja Cantabria30-29
1995-1996LeónElgorriaga BidasoaFC Barcelona21-20
1994-1995Cidade RealTeka SantanderPilotes Posada27-25
1993-1994GranollersFC BarcelonaJuventud Alcalá29-23
1992-1993PontevedraFC BarcelonaElgorriaga Bidasoa17-13
1991-1992PamplonaCB AvidesaFC Barcelona26-25
1990-1991AlziraElgorriaga BidasoaAt. Madrid21-18
1989-1990PontevedraFC BarcelonaElgorriaga Bidasoa22-20
1988-1989BilbaoTeka SantanderFC Barcelona25-21
1987-1988XironaFC BarcelonaElgorriaga Bidasoa22-20
1986-1987BadaxozAt. MadridBM Granollers20-19
1985-1986[4]BarcelonaCB TecnisanFC Barcelona28-26
1984-1985OviedoFC BarcelonaAt. Madrid15-14
1983-1984FerrolFC BarcelonaAt. Madrid21-17
1982-1983MálagaFC BarcelonaElgorriaga Bidasoa36-16
1981-1982SantanderAt. MadridBM Granollers19-14
1980-1981AlmeríaAt. MadridFC Barcelona21-18
1979-1980XironaCB CalpisaAt. Madrid20-18
1978-1979A CoruñaAt. MadridCB Calpisa26-22
1977-1978As PalmasAt. MadridBM Granollers29-23
1976-1977CartaxenaCB CalpisaFC Barcelona15-14
1975-1976LugoCB CalpisaAt. Madrid15-10
1974-1975MartorellCB CalpisaBM Granollers16-13
1973-1974GranadaBM GranollersFC Barcelona19-15
1972-1973VigoFC BarcelonaAt. Madrid18-15
1971-1972LeónFC BarcelonaMarcol15-9
1970-1971PamplonaMarcolFC Barcelona17-15
1969-1970CádizBM GranollersAt. Madrid15-12
1968-1969MadridFC BarcelonaEguía20-14
1967-1968BilbaoAt. MadridEguía17-14
1966-1967MadridAt. MadridBM Granollers18-14
1965-1966[5]MadridAt. MadridBM Granollers17-16
1964-1965[6]MadridSelección de BarcelonaSelección de Guipúscoa15-14
1963-1964[7]MadridSelección de GuipúscoaSelección de Barcelona21-11
1962-1963VigoSelección de MadridSelección de Pontevedra17-9
1961-1962MadridAt. MadridBM Granollers15-9
1960-1961ZaragozaSelección de MadridSelección de Barcelona24-22
1959-1960[8]MadridSelección de MadridSelección de Guipúscoa22-17
1958-1959BilbaoArrahona SabadellOAR Gracia Sabadell9-8
1957-1958[9]BarcelonaBM GranollersFC Barcelona12-6

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Equipo Campión Subcampión
FC Barcelona2314
Atlético de Madrid107
CB Calpisa51
BM Granollers37
BM Ciudad Real35
Bidasoa Irún24
BM Valladolid22
Teka Cantabria21
SDC San Antonio21
Selección de Madrid20
Selección de Guipúscoa12
Selección de Barcelona12
Reale Ademar León12
Marcol11
CF Arrahona10
CB Alzira Avidesa10
BM Atlético de Madrid20

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]