Hrivna
| Hrivna | |
|---|---|
| українська гривня hrivna ucraína | |
| Código: | UAH |
| Ámbito: | |
| Símbolo: | грн, ₴ |
| Fracción: | 100 kópeks |
| Moedas: | 1, 2, 5, 10, 25, 50 kópeks e 1 hrivna |
| Billetes: | 1, 2, 5, 10, 20, 50, 100, 200 e 500 hrivnas |
| Emisor: | Banco Nacional de Ucraína |
| Taxa de troco: 26-02-2014 | 1 EUR = 13,3366 UAH 1 USD = 9,705 UAH |
A hrivnia[1] ou hrivna[2] é a moeda de curso legal de Ucraína. Divídese en 100 kópeka (en ucraíno: копійка, kópica). En 1996 circulou xunto aos billetes de karbóvanets (en ucraíno: карбованець, karbóvanets, plural: карбованці, karbóvantsi) até que este foi totalmene substituído. O código ISO 4217 para esta unidade monetaria é UAH, e a súa abreviatura oficial hrn (грн). Porén, no ano 2004 o Banco Nacional de Ucraína obtivo a normalización dun símbolo novo, ₴, que en Unicode se escribe U+20B4.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome da divisa provén da antiga moeda utilizada na Rus de Kíiv no século XI. A palabra deriva da forma eslava grivia, que significa "crinas, cabelos". Pénsase que este termo facía referencia a algo de valor, normalmente fabricado en ouro ou prata, que se colocaba ao redor do colo. De feito, en idiomas como o búlgaro ou o serbio, grivnia significa "brazalete" ou "pulseira". Máis tarde a palabra empregouse para medir lingotes de ouro ou prata de certas características.
O termo en idioma ucraíno pronúnciase como hryvnia (гривня). Porén, moita xente o pronuncia en idioma ruso como "grivnia" (en idioma ruso Г equivale á nosa letra G). En cambio a transliteración a idiomas como o castelán, o catalán ou o francés do idioma oficial de Ucraína (ucraíno) da letra Г é H e non G, xa que cando en ucraíno se quere expresar a letra G úsase unha letra distinta, que está representada polo símbolo Ґ (г é distinto a ґ).
Símbolo da grivnia
[editar | editar a fonte]
O símbolo da divisa deriva da letra G do alfabeto cirílico (Г) na súa versión minúscula e cursiva: г.
Componse da letra cun duplo trazo horizontal, que simboliza a estabilidade, parecido ao utilizado noutras divisas, como no ien (¥) ou o euro (€).
O símbolo da hrivna, que aínda non se visualiza en todos os buscadores, propúxose en 2003 a través dunha votación popular organizada polo Banco Nacional de Ucraína e, en marzo de 2004, implantouse.
Tan pronto como o símbolo foi anunciado ao público, propúxose a súa codificación en Unicode 4.1, a cal se implantou en 2005 (U+20B4).
Historia
[editar | editar a fonte]
(aproximadamente 200 g de prata).
No século XI utilizouse unha moeda chamada "grivnia" na Rus de Kíiv. Iván Kuzmin Kondrátiev (1870 – 1904) no libro "Remota antigüidade de Moscova" escribe:[3]
Os rublos eran partes de grivnia ou anacos de prata con marcas que indicaban o seu peso. Cada grivnia dividíase en catro partes; o nome rublo precede da palabra "рубить" (cortar), porque a variña de prata cun peso dunha grivnia se cortaba en catro partes, que se denominaban rublos.
Porén, segundo a Grande Enciclopedia Soviética, a grivnia se cortaba pola metade e a cada metade se denominaba rublo.
En 1917, tras a proclamación da República Popular de Ucraína introduciuse unha nova moeda para substituír o rublo chamada grivnia.
A grivnia substituíu os karbóvanets en setembro de 1996 debido á hiperinflación que sufriu Ucraína tras a caída da URSS en 1990. A taxa de troco fixouse en 100.000 UAK = 1 grivnia.
Porén, a introdución da grivnia mantívose en segredo. Finalmente, introduciuse de acordo ao decreto asinado polo Presidente de Ucraína o 26 de agosto de 1996 e publicado o 29 de agosto. Durante o período de transición, entre o 2 e o 16 de setembro, a grivnia e o karbóvanets circularon xuntos, aínda que os comerciantes estaban obrigados a dar o cambio en grivnais. Todas as contas bancarias convertéronse a grivnias automaticamente. Durante este período de transición, o 97 % dos billetes con denominacións en karbovánets deixaron de circular, e durante os primeiros cinco días da reforma monetaria, xa o 56 %. Despois do 16 de setembro só podían cambiarse os karbóvanets a grivnas nos bancos.
A grivnia introduciuse cando o que sería despois presidente do país Viktor Yushchenko ostentaba o cargo de gobernador do Banco Nacional de Ucraína. Porén, todos os billetes levaban a sinatura do anterior gobernador, Vadym Hetman, quen deixou o cargo en 1993. Isto debeuse a que os primeiros billetes denominados en grivnias imprimíranse a comezos de 1992 a cargo da Canadian Bank Note Company, pero decidiise pospoñer a súa circulación até controlar os niveis de hiperinflación.
Inicialmente, a taxa de troco era de 1 UAH = 1 USD. Tras da crise financeira rusa de 1998, a moeda devaluose até 5,60 UAH por dólar en febreiro de 2000. Máis tarde, o troco mantívose relativamente estábel, ao redor de 5,40 UAH por dólar desde o 21 de abril de 2005 até o 21 de maio de 2008. A mediados de outubro de 2008 a grivnia devaluouse un 38,40 %, pasando de 4,85 UAH por dólar o 23 de setembro de 2008 a 7,88 UAH por dólar o 19 de decembro de 2008.
Moedas
[editar | editar a fonte]
As primeiras cuñaxes da grivnia realizáronse en 1992 para a creación dunha nova moeda, pero non se introduciron até 1996, cando se controlou un pouco a inflación que sufría o país.
As primeiras moedas cuñáronse na Luhansk Cartridge Factory e na Zecca dello Stato italiana.
As características das moedas en circulación detallánse na seguiente táboa.
| Denominación | Emisión | Metal | Canto | Diámetro (mm) |
Peso (g) |
Grosor (mm) |
Anverso | Reverso |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 Kópek | 1992- | Aceiro | Liso | 16,00 | 1,50 | 1,20 | Escudo de Ucraína - Espigas de trigo - Ramas de carballo - Україна - ano de cuñaxe | 1 КОПІЙКА |
| 2 Kópeks | 1992-1996 | Aluminio | Liso | 17,30 | 0,60 | 1,20 | Escudo de Ucraína - Espigas de trigo - Ramas de carballo - Україна - ano de cuñaxe | 2 КОПІЙКН |
| 2 Kópeks | 1997- | Aceiro | Liso | 17,30 | 1,80 | 1,20 | Escudo de Ucraína - Espigas de trigo - Ramas de carballo - Україна - ano de cuñaxe | 2 КОПІЙКН |
| 5 Kópeks | 1992- | Aceiro | Estriado | 24,00 | 4,30 | 1,50 | Escudo de Ucraína - Espigas de trigo - Ramas de carballo - Україна - ano de cuñaxe | 5 КОПІЙКОК |
| 10 Kópeks | 1992- | Cu+Ni+Zn | Estriado | 16,30 | 1,70 | 1,25 | Escudo de Ucraína - Espigas de trigo - Ramas de carballo - Україна - ano de cuñaxe | 10 КОПІЙКОК |
| 25 Kópeks | 1992- | Cu+Ni+Zn | Estriado descontinuo |
20,80 | 2,90 | 1,35 | Escudo de Ucraína - Espigas de trigo - Ramas de carballo - Україна - ano de cuñaxe | 25 КОПІЙКОК |
| 50 Kópeks | 1992- | Cu+Ni+Zn | Estriado descontinuo |
23,00 | 4,20 | 1,55 | Escudo de Ucraína - Espigas de trigo - Ramas de carballo - Україна - ano de cuñaxe | 50 КОПІЙКОК |
| 1 Grivnia | 1992- | Cu+Ni+Zn | Liso ОДНА ГРИВНЯ |
26,00 | 7,10 | 1,85 | Escudo de Ucraína - Espigas de trigo - Ramas de carballo - Україна - ano de cuñaxe | 1 ГРИВНЯ - Acios de uvas |
Billetes
[editar | editar a fonte]En 1996, púxose en circulación a primeira serie de billetes denominados en grivnias a cargo do Banco Nacional de Ucraína. Están datados en 1992 e as súas denominacións son de 1, 2, 5, 10 e 20 grivnias. Os billetes de 1 grivnia imprimíronse na Canadian Bank Note Company en 1992, e os demais dous anos máis tarde. Porén, até a introdución da grivnia en 1996 os billetes permaneceron almacenados no Canadá. Existen denominacións de 50 e 100 grivnais da primeira serie, aínda que nunca chegaron a circular.
| Imaxe do anverso | Imaxe do reverso | Denominación | Dimensións | Cor predominante | Anverso | Reverso |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 Grivnia | 135 x 70 mm | Verde | 1 - ОДНА ГРИВНЯ - Vladimiro I de Kíiv - УКРАÏНА | 1 - ОДНА ГРИВНЯ - Ruínas de Quersoneso - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
| 2 Grivnias | 135 x 70 mm | Marrón | 2 - ДВİ ГРИВНİ - Iaroslav I o Sabio - УКРАÏНА | 2 - ДВİ ГРИВНİ - Catedral de Santa Sofía de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
| 5 Grivnias | 135 x 70 mm | Azul | 5 - ПЯТЬ ГРИВЕНЬ - Bogdan Khmelnitski - УКРАÏНА | 5 - ПЯТЬ ГРИВЕНЬ - Igrexa en Subotiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
| 10 Grivnais | 135 x 70 mm | Violeta | 10 - ДЕСЯТЬ ГРИВЕНЬ - Iván Mazepa - УКРАÏНА | 10 - ДЕСЯТЬ ГРИВЕНЬ - Mosteiro das Covas de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
| 20 Grivnias | 135 x 70 mm | Amarelo | 20 - ДВАДЦЯТЬ ГРИВЕНЬ - Iván Frankó - УКРАÏНА | 20 - ДВАДЦЯТЬ ГРИВЕНЬ - Teatro da Ópera e Ballet de Lviv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ |
En 1996 tamén se introduciu unha segunda serie composta por denominacións de 1, 50 e 100 grivnias, datados en 1994. Os billetes foron encargados á compañía británica De La Rue. Desde a creación da ceca ucraína en 1994 en colaboración coa imprenta De La Rue, todos os billetes imprimíronse en Ucraína. Máis tarde, engadiuse un billete de 200 grivnias en 2001.
| Imaxe do anverso | Imaxe do reverso | Denominación | Dimensións | Cor predominante | Anverso | Reverso |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 Grivna | 133 x 66 mm | Verde/Marrón | 1 - ОДНА ГРИВНЯ - Vladimiro I de Kíiv - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 1 - ОДНА ГРИВНЯ - Ruínas de Quersoneso - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
| 2 Grivnias | 133 x 66 mm | Marrón | 2 - ДВİ ГРИВНİ - Iaroslav I o Sabio - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 2 - ДВİ ГРИВНİ - Catedral de Santa Sofía de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
| 5 Grivnias | 133 x 66 mm | Azul | 5 - ПЯТЬ ГРИВЕНЬ - Bogdan Khmelnitski - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 5 - ПЯТЬ ГРИВЕНЬ - Igrexa en Subotiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
| 10 Grivnias | 133 x 66 mm | Violeta | 10 - ДЕСЯТЬ ГРИВЕНЬ - Iván Mazepa - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 10 - ДЕСЯТЬ ГРИВЕНЬ - Mosteir das Covas de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
| 20 Grivnias | 133 x 66 mm | Amarelo | 20 - ДВАДЦЯТЬ ГРИВЕНЬ - Iván Frankó - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 20 - ДВАДЦЯТЬ ГРИВЕНЬ - Teatro da Ópera e Ballet de Lviv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
| 50 Grivnias | 133 x 66 mm | Amarelo/Violeta | 50 - П`ЯТДЕСЯТ ГРИВЕНЬ - Mikhailo Hrushevskii - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 50 - П`ЯТДЕСЯТ ГРИВЕНЬ - Edificio da Rada Suprema - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
| 100 Grivnias | 133 x 66 mm | Rosa/Verde | 100 - СТО ГРИВЕНЬ - Taras Shevchenko - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 100 - СТО ГРИВЕНЬ - Catedral de Santa Sofía de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
| 200 Grivnias | 133 x 66 mm | Azul | 200 - ДВIСТI ГРИВЕНЬ - Lesia Ukrainka - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 200 - ДВIСТI ГРИВЕНЬ - Entrada ao castelo de Lubart - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ |
A terceira serie chegaría en 2006, e está composta por denominacións de 1 a 500 grivnias. Todos os billetes emitidos continúan sendo de curso legal, pero en 2008 xa era raro encontrar algún billete das primeiras series.
| Imaxe do anverso | Imaxe do reverso | Denominación | Dimensións | Cor predominante | Anverso | Reverso |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 Grivnia | 118 x 63 mm | Gris | 1 - ОДНА ГРИВНЯ - Vladimiro I de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 1 - ОДНА ГРИВНЯ - Antigas murallas de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
| 1 Grivnia | 118 x 63 mm | Amarelo/Azul | 1 - ОДНА ГРИВНЯ - Vladimiro I de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 1 - ОДНА ГРИВНЯ - Antigas murallas de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
| 2 Grivnias | 118 x 63 mm | Marrón/Vermello | 2 - ДВİ ГРИВНİ - Yaroslav I o Sabio - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 2 - ДВİ ГРИВНİ - Catedral de Santa Sofía de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
| 5 Grivnias | 118 x 63 mm | Azul | 5 - ПЯТЬ ГРИВЕНЬ - Bogdan Khmelnitski - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 5 - ПЯТЬ ГРИВЕНЬ - Igrexa en Subotiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
| 10 Grivnias | 124 x 66 mm | Vermello | 10 - ДЕСЯТЬ ГРИВЕНЬ - Iván Mazepa - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 10 - ДЕСЯТЬ ГРИВЕНЬ - Mosteiro das Covas de Kíiv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
| 20 Grivnias | 130 x 69 mm | Verde | 20 - ДВАДЦЯТЬ ГРИВЕНЬ - Iván Frankó - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 20 - ДВАДЦЯТЬ ГРИВЕНЬ - Teatro da Ópera e Ballet de Lviv - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
| 50 Grivnias | 136 x 72 mm | Violeta | 50 - П`ЯТДЕСЯТ ГРИВЕНЬ - Mkhailo Hrushevskii - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 50 - П`ЯТДЕСЯТ ГРИВЕНЬ - Edificio da Rada Suprema - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
| 100 Grivnias | 142 x 75 mm | Amarelo | 100 - СТО ГРИВЕНЬ - Taras Shevchenko - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 100 - СТО ГРИВЕНЬ - Paisaxe de Cherkasi - Neno guiando a un kobzar - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
| 200 Grivnias | 148 x 75 mm | Rosa | 200 - ДВIСТI ГРИВЕНЬ - Lesia Ukrainka - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 200 - ДВIСТI ГРИВЕНЬ - Entrada ao castelo de Lubart - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | ||
| 500 Grivnias | 154 x 75 mm | Beixe | 500 - П'ЯТСОТ ГРИВЕНЬ - Hrihorii Skovoroda - УКРАÏНА - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ | 500 - П'ЯТСОТ ГРИВЕНЬ - Edificio da Academia Kiiv-Mohila - НАЦİОНАΛЬНИЙ БАНК УКРАÏНИ |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "hrivnia". TERGAL. Consultado o 26/12/2019.
- ↑ Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 2104. ISBN 9788482893600.
- ↑ Кондратьев И. К. Седая старина Москвы. М., 1893.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hrivna |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Krause, Chester L. e Clifford Mishler (2008): Standard Catalog of World Coins: (1901–2008). Krause Publications. ISBN 978-0-89689-713-7.
- Pick, Albert (2009): Standard Catalog of World Paper Money, Modern Issues, 1961-Present. Colin R. Bruce II & Neil Shafer (editors). Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9.