Taras Schevchenko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Taras Shevchenko»)
Taras Schevchenko
Nome completoТарас Григорьев сын Шевченко
AlcumeТ. Ш., К. Дармограй e Кобзарь Дармограй
Nacemento25 de febreiro de 1814, 9 de marzo de 1814 e 26 de febreiro de 1814
Lugar de nacementoMoryntsi
Falecemento10 de marzo de 1861, 26 de febreiro de 1861 e 10 de maio de 1861
Lugar de falecementoSan Petersburgo
CausaAscite
Soterradocemiterio Smolensky e Taras Hill
NacionalidadeImperio Ruso e Ucraína
EtniaPobo ucraíno
RelixiónIgrexa ortodoxa
Alma máterAcademia de Artes da Rússia
Ocupaciónpintor, poeta, antropólogo, artista, escritor, dramaturgo, etnógrafo, prosista e filósofo
PaiHryhoriy Ivanovych Shevchenko
NaiKateryna Y. Boiko
IrmánsYosyp H. Shevchenko, Mykyta G. Shevchenko, Yaryna Boiko e Kateryna H. Krasytska
Coñecido porKobzar
Na rede
IMDB: nm0786227 Musicbrainz: c98293c0-8a14-4228-9a79-a6b89088fd9c Discogs: 936204 IMSLP: Category:Shevchenko,_Taras WikiTree: Шевченко-47 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Taras Shevchenko, autorretrato 1847

Taras Hryhorovych Shevchenko (Тарас Григорович Шевченко), nado en 1814 e finado en 1861, foi un poeta e pintor ucraíno, fundador da literatura moderna ucraína e dun xeito máis amplo da Ucraína moderna.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia de servos da vila de Morynzi, preto de Kíiv (entón parte de Rusia). Shevchenko quedou orfo aos 11 anos, como de neno amosaba talento para a pintura, acompañou ao seu amo, P. Engelhardt, ás viaxes a Vilnius e San Petersburgo, onde Shevchenko recibiu clases de pintura. Algúns pintures rusos recoñeceron o seu talento e tentaron obter a súa liberdade, que conseguiron en 1838 tras pagar 2500 rublos. Nese ano conseguiu ser aceptado na Academia de Artes no estudo de Karl Briullov. En 1840 publicou a súa primeira colección de poesía, Kobzar, aínda que viña escribindo dende a súa época de servidume. En 1841 apareceu o poema épico Haidamaky. En 1842 publicou unha parte da traxedia Nykyta Hayday e en 1843 completa o drama Nazar Stodolya. Logo do éxito desas obras Shevchenko viaxou por Ucraína e comprobou as duras condicións nas que vivían os seus compatriotas.

O 22 de marzo de 1845 a Academia de Artes concedeulle o título de artista e viaxou de novo á súa terra, onde entrou en contacto con membros da Irmandade dos Santos Cirilo e Metodio, unha sociedade secreta política que avogaba por amplas reformas no seo do Imperio Ruso. Detívose a Shevchenko con outros membros da irmandade o 5 de abril de 1847 tras a prohibición da sociedade, enviado a San Petersburgo e enviado ao exilio en Orenburg (Siberia) coa prohibición de escribir e pintar, tan só puido regresar en 1857, pero ao non poder asentarse en San Petersburgo estableceuse en Nizhnii Novgorod. En maio de 1859 obtivo permiso para ir a Ucraína, arrestado por blasfemia en xullo, ordenouselle vovear a San Petersburgo.

Taras Sevchenko pasou os útimos anos da súa vida escribindo poesía e pintando, pero tras os anos de exilio a súa saúde resentiuse e Shevchenko morreu o 10 de marzo de 1861.

A súa obra converteuse en cántigas populares que cantaba e canta o pobo ucraíno e deu pulo aos novos escritores en lingua ucraína, ata entón considerada por moitos un dialecto do ruso.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]