Viktor Yushchenko
Viktor Yushchenko | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Віктор Андрійович Ющенко |
Nacemento | 23 de febreiro de 1954 |
Lugar de nacemento | Khoruzhivka |
Nacionalidade | Unión Soviética e Ucraína |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Alma máter | West Ukrainian National University |
Ocupación | economista, político e banqueiro |
Cónxuxe | Kateryna Yushchenko |
Irmáns | Petro Juszczenko |
Premios | Orde da Aguia Branca, State Prize of Ukraine in Science and Technology, Philadelphia Liberty Medal, Premio Casa Chatham, Profile in Courage Award, Cross of Recognition, Grand Cross with Collar of the Order of the Three Stars, Honored Economist of Ukraine, medal of 25 years of Ukrainian independence, Honored badge of merit of the President of Ukraine, gran cruz e colar da orde de Vytautas O Grande, Grand Order of King Tomislav, Grand Cross with Chain of the Order of Merit of the Republic of Hungary (civil), Heydar Aliyev Order, Ordem do Serafim, Order of Ismoili Somoni, Ordem Nacional do Cruzeiro do Sul, St. George's Order of Victory, Order of the Golden Fleece, Grand Cross of the Order of Polonia Restituta, Honorary citizen of Mukachevo, Presidential Order of Excellence, honorary doctorate from the Catholic University of Lublin, honorary doctor of the Maria Curie-Skłodowska University, Grand Cross with Collar of the Order of the White Rose of Finland e Honorary citizen of Lviv |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Viktor Andriyovych Yushchenko (en ucraíno: Віктор Андрійович Ющенко) tamén transcrito Iushenko e Iúshenko, nado o 23 de febreiro de 1954 na provincia oriental de Sumi, é un político ucraíno, presidente do seu país dende o 23 de xaneiro de 2005 até 2010.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O seu pai combateu na segunda guerra mundial e foi encarcerado en varios campos de concentración de Polonia e Alemaña polos nazis. A súa nai foi profesora de física e matemáticas.
De 1990 a 1993 foi vicepresidente do banco JSC Agroindustrial Bank Ukraina. En 1993 foi designado supervisor do banco central ucraíno, o Banco Nacional de Ucraína (NBU), que dirixíu en 1997 designado polo Parlamento de Ucraína. Nese período estabilizouse a hrivna e retrocedeu a inflación, recibiu créditos do FMI, e iniciou a privatización do vasto patrimonio industrial e da terra que posuía o Estado ucraíno. Deixou o cargo en decembro de 1999.[1]
Carreira política[editar | editar a fonte]
Líder da coalición política A Nosa Ucraína, foi primeiro ministro nos anos 2000 e 2001. O 26 de novembro de 2004 perdeu as eleccións presidenciais. Porén, el e os seus seguidores argumentaron que as eleccións foran corrompidas. Argumentaron que os resultados electorais foran falsificados polo goberno ucraíno, en apoio ao candidato Viktor Yanukovych. Organizaron manifestacións políticas no outono e inverno de 2004, ás que chamaron Revolución Laranxa. Nese tempo Yuliia Tymoshenko e Yushchenko foron fortes aliados, pero distanciáronse posteriormente.[2]
O Tribunal Constitucional ordenou unha segunda volta das eleccións, que gañou Yuschenko.[3] En febreiro de 2010 Yushchenko perdeu as eleccións presidenciais ante Viktor Yanukovych.[4]
Desde decembro de 1999 até maio de 2001, Yushchenko foi o primeiro ministro ucraíno.
Envelenamento[editar | editar a fonte]
Yushchenko afirmou que foi envelenado por dioxinas por inimigos políticos.[cando?] Certamente, foi hospitalizado e o seu aspecto mostraba sinais dunha enfermidade grave.[3]
Presidente de Ucraína | ||
---|---|---|
Segue a: Leonid Kuchma |
Viktor Yushchenko | Precede a: Viktor Yanukovych |
Blok Nasha Ukrayina-Narodna Samooborona |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ /57070/ Escritura do obituario político de Yushchenko, Kyiv Post (14 de xaneiro de 2010)
- ↑ Perfil: Yulia Tymoshenko, BBC News
- ↑ 3,0 3,1 Perfil: Viktor Yushchenko, BBC News
- ↑ Perfil : Viktor Yanukovich, BBC News
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Viktor Yushchenko ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |