Historia dos Boston Bruins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os primeiros anos (1924-1942)[editar | editar a fonte]

Os inicios do equipo (1924-1928)[editar | editar a fonte]

A orixe dos Boston Bruins temóntase a marzo de 1924[1] cando Charles Adams, propietario dunha cadea de tendas en Boston[2], comezou os contactos coa National Hockey League, ata entón limitada ao Canadá, para lograr unha franquía, o que se acordou no verán[3] por 15000 dólares polos dereitos da NHL na cidade estadounidense[4]. O 1 de novembro formalizouse o pagamento, e esa é a data que o club considera como o da súa fundación[5]. As cores do equipo eran as mesmas que das súas tendas, marrón e amarelo e o nome elixido foi o plural de bruin, que en inglés é sinónimo de bear (oso) e que se emprega sobre todo en fábulas infantís[6]. O equipo comezou a xogar na oitava tempada da NLH, 1924-1925, que principiou o 1 de decembro de 1924 e constituían xunto cos Maroons de Montreal a novidade desa tempada[7].

Adams contratou a Art Ross, que viña de adestrar os Hamilton Tigers[8], designándoo como adestrador e vicepresidente, director xeral e adestrador da franquía [9][10]. O primeiro partido do club foi na tarde do 1 de decembro de 1924 contra os Maroons, foi tamén o primeiro partido da historia da NHL fóra do Canadá e os Bruins gañaron por 2 a 1[11]. O primeiro gol da franquía marcouno Smokey Harris[12] pero o equipo perdeu os once partidos seguintes, rematando na derradeira praza na clasificación ao finalizar a tempada con só seis vitorias[13]. Na tempada 1925-1926 os Boston Bruins quedaron cuartos[14]. Iñantes da tempada 1926-1927 Adams contratou sete xogadores da extinta WCHL, entre eles Eddie Shore que salientaba polo seu estilo dinámico [15] e Harry Oliver. Este reforzo permitiulles chegar á final da Copa Stanley contra o mellor equipo da tempada regular, os Ottawa Senators. Oliver rematou coa mellor puntuación[16] e Shore como o segundo xogador máis penalizado de toda a NHL[17].

A final da Copa Stanley orixinalmente estaba pensada para o mellor de tres partidos mais despois do primeiro encontro que rematou con empate a cero e as condicións do xeo impedían seguir xogando para desempatar, o presidente da NHL Frank Calder decidiu que se xogaría a un máximo de cinco partidos, e se non había vencedor ningún en cinco encontros, os dous equipos compartirían o campionato[18]. Finalmente os Senators lograron dúas vitorias, facéndose coa copa[19].

A primeira Copa Stanley (1928-1929)[editar | editar a fonte]

Photo noir et blanc de Denneny en tenue de hockeyeur.
Cy Denneny, adestrador-xogador dos Bruins en 1928-1929.

Logo de catro tempadas nas que xogaban no Boston Arena, os Bruins mudáronse na tempada 1928-1929 ao Boston Garden, inaugurado o 17 de novembro de 1928. A nova tempada márcaa a chegada de Cy Denneny, considerado na época o mellor goleador da historia da NHL[20], procedente dos Ottawa Senators[21]. Alén da súa función como xogador, substituíu tamén a Art Ross como adestrador. Outra novidade foi a fichaxe de Cecil « Tiny » Thompson, que viña dos Minneapolis Millers da AHA en troco de Hal Winkler. A cerna do equipo foi o da tempada anterior, os catro mellores puntuadores do equipo: Harry Oliver, Eddie Shore, Frank Fredrickson e Dutch Gainor, cunha soa baixa entre os seus oito mellores puntuadores, a de Harry Connor para os New York Americans. Durante esta tempada conformouse un novo trío, que compuñan Cooney Weiland, Dutch Gainor e Dit Clapper, que máis tarde recibiría o alcume de Dynamite line.

O comezo da tempada foi malo para os Bruins que só conseguiron gañar cinco dos seus primeiros catorce partidos, clasificándose terceiros da división americana por tras dos New York Rangers e os Detroit Cougars[22]. O ano 1929 presentouse mellor para os Bruins, en todo o mes de xaneiro permaneceron invictos, gañando once dos trece primeiros encontros do ano. O equipo refórzase coa chegada de Mickey MacKay dos Pittsburgh Pirates o 21 de decembro en troco de Frank Fredrickson, de Myles Lane vendido por 7.500 dólares polos Rangers o 21 de xaneiro e de Bill Carson procedente de Toronto o 25 de xaneiro. Á fin desta serie sen derrotas, os Bruins son segundos da división, xusto detrás dos Rangers, que xogarán dous partidos máis[23].

Malia tres derrotas consecutivas en febreiro, os Bruins continuaron a remontar na clasificación da división ata acadar o primeiro posto, empatados cos Rangers, o 28 de febreiro tras unha vitoria en Ottawa[24]. O 10 de marzo, aínda empatados, enfróntanse os dous en Nova York; os Bruins gañan por 3-2 quedando sos na cabeza da división, manténdose así ata o remate da tempada regular, o que fai que se cualifique directamente para as semifinais da Copa Stanley, mentres os seus rivais teñen que xogar unha serie suplementaria[25].

Na semifinal os seu rival son os Montreal Canadiens, vencedores da división canandense e polo tanto tamén cualificados directamente. Os dous primeiros partidos xóganse en Boston, o 19 e 21 de marzo, co mesmo resultado, 1-0, a favor dos Bruins, en ámbalos dous casos con Tiny Thompson mantendo a portería invicta. O terceiro encontro xogouse o 23 de marzo en Montreal e concluíu igualmente cunha vitoria dos Bruins por 3-2, o que lles permitiu chegar por segunda volta á final da Copa Stanley[26].

Na final, que se xoga por primeira volta na historia sen que houbese un equipo canadense, enfrontouse co seu rival de división e defensor da copa, os New York Rangers. O primeiro encontro efectuouse en Boston o 28 de marzo diante 18.000 espectadores[27]. Dit Clapper e Dutch Gainor marcaron cada un un gol durante o segundo período mentres Tiny Thompson mantiña por terceira volta a portería invicta, gañando os Bruins por 2-0. No segundo partido, xogado no Madison Square Garden de Nova York, os dous equivos chegaron empatados 1-1 despois dos dous períodos, co gol dos Bruins marcado por Harry Oliver. Dous minutos antes da fin do terceiro período, Bill Carson meteu o segundo gol de Boston que lle deu a vitoria e a primeira Copa Stanley da historia dos Bruins[27].

Derrota na final (1929-1930)[editar | editar a fonte]

George Hainsworth e os Montreal Canadiens impedíronlles os Bruins levar unha segunda Copa Stanley en 1930

Na tempada seguinte, a NHL decidiu mudar as regras para favorecer o aumento dos goles anotados, instaurando unha nova norma autorizando aos xogadores a facerlles pases a outro xogador situado xa na zona ofensiva, pero que se utilizou desde o comezo da tempada de forma abusiva, con xogadores permanecendo en zona ofensiva esperando por un pase, o que provocou que se modificase xa empezada a competición, en decembro, substituída pola regra coñecida como fóra de xogo[28]. Cooney Weiland dos Bruins tirou vantaxe da nova regra, anotando 73 puntos, superando así a antiga marca de Howie Morenz con 51 puntos[29]. O equipo de Boston ten que cambiar de adestrador, ao decidir Denneny pasar a árbitro, volvendo Art Ross, ao banco do equipo[21]. Tiny Thompson foi o outro alicerce do equipo cunha media de 2,23 goles encaixados por partido, a máis baixa[30] das medias consignadas[31] o que lle reporta o Trofeo Vezina[32]. Thompson e Weiland lideraron os Bruins en series cun historial de 38 vitorias, 5 derrotas e 1 empate, isto é o 87,5 % de vitorias, a maís alta porcentaxe de vitorias dun equipo na NHL, que polo de agora non foi superado[33]. Entre lo 3 de decembro e o 9 de xaneiro, o equipo totalizou catorce vitorias consecutivas, a terceira serie máis longa de vitorias na NHL [34][35]. Tamén se rexistraron vinte vitorias consecutivas a domiciliio na tempada regular, outra marca só superada[36][37] na tempada 2011-2012 polos Red Wings de Detroit[38].

En series os Bruins derrotaron nas semifinais aos campións da división canadense durante a tempada, os Montreal Maroons, os dous primeiros partidos disputáronse no Forum de Montreal, no primeiro a vitoria dos Bruins foi por 2-1 en prolongación con 45 minutos suplementarios, o segundo partido tamén concluíu cunha vitoria dos Bruins, por 4-2, con dous goles de Dit Clapper[39]. Os xogadores de Montreal gañaron o terceiro encontro por 1-0 mais no partido seguinte concluíu coa vitoria dos Bruins por 5 a 1, logrando así acceder por terceira volta á final da Copa Stanley, opoñéndose tamén agora aos Montreal Canadiens dirixidos por Howie Morenz[28].

Morenz e o seu equipo lograron tres goles no primeiro partido da serie na pista dos Bruins sen lles conceder un so. As redes de Hainsworth permaneceron intactas durante durante 270 minutos e 8 segundos. O segundo encontro da serie volver dar vantaxe de novo aos Canadiens: Bert McCaffrey e Nick Wasnie meteron os dous primeiros goles do partido, mais tamén tiveron a súa oportunidade o capitán do equipo, Sylvio Mantha e Morenz de burlar a Thompson. Os Canadiens gañaban por 4-1, o primeiro gol dos Bruins logrado por Eddie Shore. Boston foi quen de meterlles dous goles máis pero Hainsworth resistiu con éxito os asaltos adversos finais e ofreceu unha nova Copa Stanley aos Canadiens[28]. Esta derrota en dous partidos non gustou á dirección da NHL que decidiu modificar os regulamentos e a partir da tempada seguinte a final xogouse ao mellor de cinco encontros[40].

Período de transición (1930-1938)[editar | editar a fonte]

No decurso dos anos 1930 o xogador dos Bruins Eddie Shore (á dereita) é un dos mellores da NHL

Na tempada 1930-1931, Ross permanece no banco do equipo que se clasifica de novo na primeira praza da división e mesmo da NHL con dous puntos de vantaxe sobre os Canadiens[41]. O mellor puntuador do equipo volve ser Weiland, con trinta e oito realizacións, o noveno da tempada, con Morenz na cabeza con cincuenta e un[41]. A primeira praza dos Bruins permítenlle de novo pasar ás semifinais, onde se atopan outra volta cos finalistas e vencedores da tempada anterior, os Canadiens, que son os que se impoñen ao remate da serie por tres partidos a dous, concluíndo no derradeiro partido con dezanove minutos de prolongación[42] e un gol de Wildor Larochelle[43]. E serán os Canadiens os que disputen e gañen a Copa fronte aos Chicago Blackhawks[43]. Ao remate da tempada a NHL designou dous equipos de estrelas cos mellores xogadores da época, Eddie Shore formou parte do primeiro equipo menters Thompson e Clapper do segundo[44].

A tempada 1931-1932 é moito menos boa para os Bruins, só logrou quince vitorias por vinte e dúas derrotas e doce empates, quedando no derradeiro lugar da división [45], sen se poder cualifcar para as series, non obstante Shore volveu ser considerado como un dos mellores defensores da NHL e entrou de novo no primeiro equipo das estrelas[44].

Na tempada 1932-1933 da NHL Nels « Old Poison » Stewart ficha polos Bruins.

Na tempada 1932-1933, Weiland marchou do equipo para volver cos Senators, o seu substituto vai ser Billy Burch dos New York Americans. Ao mesmo tempo a fraxilidade financeira dos Maroons fai que teña que se desprender algúns dos seus mellores xogadores, así Babe Siebert vai para os New York Rangers e os Bruins fanse con Nels « Old Poison » Stewart, cunha das máis importantes transferencias pagadas ata daquela[46]. Ao acabamento da tempada regular, os Bruins e os Detroit Red Wings encabezaban a división americana empatados a puntos pero con vantaxe de vitorias para os Bruins, converténdose no campión da división e da NHL[45]. O mellor puntuador do equipo foi Marty Barry cun punto máis ca Stewart cun total de trinta e sete realizacións, trece menos que Bill Cook dos Rangers que lideraba a clasificación[45]. Nas semifinais, os Bruins perderon en cinco partidos fronte aos Toronto Maple Leafs que lograron a vitoria no derradeiro partido por 1-0 logo de 1 hora 44 minutos e 46 segundos de prolongación[47]. Shore acadou por terceira volta un posto no equipo da estrelas da LNH[44], recibindo ademais pola primeira vez o Trofeo Hart como mellor xogador da tempada[48] e Thompson acadou o Vezina como mellor porteiro[32].

No decurso da tempada 1933-1934 no partido cos Toronto Maple Leaf, xogado no mes de decembro, en reacción a un golpe que lle dera King Clancy Shore golpeu co pau a Ace Bailey por atrás, caendo violentamente sobre o xeo, ferido de gravidade o que puxo fin á súa carreira como xogador de hóckey[49]. O presidente da NHL, Frank Calder, suspendeu indefinidamente a Shore, aínda que se levantou o 28 de xaneiro tras sete partidos sen xogar [50]. Dous meses máis tarde, no que se considera como o primeiro partido das estrelas, aínda que non levaba ese nome, organizouse na honra de Bailey enfrontando aos Maple Leafs e unha selección de xogadores doutros equipos, recádanse 29909 dólares para Bailey e a súa familia[51]. O equipo dos Bruins fai unha mala tempada, sen poder cualificarse para as seris ao chegar ao remate na derradeira praza da división americana[45]. Aínda así Shore entrou como membro do segundo equipo das estrelas da NHL[44] mentres que Lionel Hitchman, antigo capitán dos Bruins, decidiu retirarse logo de 400 partidos xogados na NHL[52].

Os malos resultados da tempada fan que se contrate como adestrador a Frank Patrick que nese momento era director xeral da NHL e que xa adestrara na PCHA e na WCHL[53]

Permaneceu no equipo nas tempadas 1934-1935 e 1935-1936. Na primeira os Bruins chegaron á semifinal perdendo diante os Maple Leaf e non poden pasar á final e na segunda non lograron pasar dos cuartos de final, perdendo tamén cos Maple Leaf[54]. Nas dúas tempadas, Shore foi elixido no primeiro equipo das estrelas[44] recibindo igualmente o trofeo Hart[48]. En 1936, Thompson recibiu de novo o trofeo Vezina[48] pasando por primeira volta ao equipo das estrelas, aos que se uniu Babe Siebert[44]. Patrick marchou da franquía logo destas dúas tempadas, volvendo Art Ross ao banco do equipo na tempada 1936-1937, na que se uniron ao equipo Bobby Bauer e Milt Schmidt, aos dous criados en Kitchener en Ontario, que se sumaron a outro xogador da mesma localidade, Woody Dumart , que se van coñecer como a “Kraut line” », facendo referencia á súa descendencia alemá [51]. O equipo quedou na segunda praza da división e son eliminados na primeira serie polos Maroons[54].

Na tempada 1937-1938 Boston foi o primeiro equipo da NHL[45] mais non lograron pasar da primeira quenda das series, eliminados por Toronto por tres partidos a cero[55].

A segunda Copa Stanley (1938-1939)[editar | editar a fonte]

Art Ross dirixiu aos Bruins á súa segunda Copa Stanley durante a súa duodécima tempada no banco do equipo

Pola desaparición dos Maroons, a NHL na tempada 1938-1939 contou con só sete equipos, agrupando todas as franquías nunha soa división, na que os seis mellores da tempada regular pasarían ás series eliminatorias. Os Bruins debutaron cun equipo que tiña como base o da tempada anterior e sobre todo na liña Kraut, tan só presentaba as baixas de Leroy Goldsworthy e Art Jackson que pasaron aos New York Americans. Tiny Thompson , mancado nos ollos nun partido de exhibición, foi substituído nos dous primeiros partidos polo principiante Frank Brimsek[56]. O director xeral do equipo Art Ross, e por décimosegunda vez o seu adestrador.

Logo dos dous primeiros partidos gañados polos Bruins con Brimsek na portería, volve Thompson, e aínda que o equipo só perdeu nunha ocasión, Ross, confía en Brimsek como o puntal dos Bruins[56], e transfire a Thompson aos Red Wings por Normie Smith e 15.000 dólares[57] o 28 de novembro de 1938 e aínda que se perdeu o partido seguinte, axiña Brimsek demostrou que a decisión era boa, rexistrando tres partidos consecutivos sen encaixar gol ningún, rematando a tempada con dez partidos coa meta invicta [56]. Os Bruins chegan á cabeza da liga o 22 de novembro[58] logo de vencer os Rangers, e non baixaron dese posto ata o remate da tempada regular, quedando con 16 puntos de vantaxe sobre os segundos, os Rangers e 27 cos terceiros, os Maple Leafs[59], presentándose como favoritos para se facer coa Copa Stanley.

Nesa tempada ao haber só unha división, o formato das series eliminatorias son diferentes á dos outros anos, cualificándose directamente para a semifinal os dous primeiros da liga, mentres os catro equipos seguintes teñen que xogar roldas eliminatorias. Así os dous primeiros da liga xogan as semifinais ao mellor de sete encontros[60].

Polo tanto os Bruins enfrontáronse aos Rangers, o primeiro partido xogouse en Nova York e os dous equipos acaban empatados 1-1 despois dos sesenta minutos de xogo regulamentario, tras dous períodos suplementarios non se conseguíu desempatar e xa cando remataba o terceiro período de prolongación Mel Hill puxo fin ao partido grazas a un pase de Bill Cowley tras un total de 59 minutos e 25 segundos de tempo suplementario, dando así a vitoria os Bruins. No segundo partido disputado en Boston chegouse de novo ao fin do tempo regulamentario con empate, pero aos oito minutos os Bruins lograron a súa segunda vitoria grazas, d enovo, a Mel Hill. Despois dunha terceira derrota dos Ranger por 4-1, os Rangers xa estarían eliminado se como na tempada precedente fora a cinco partidos pero non foi así e os Rangers puideron gañar os tres partidos seguintes forzando xa que logo o sétimo encontro, que se xogou en Boston, e que estivo moi igualado, Ray Getliffe marcou o primeiro gol para Boston mais Muzz Patrick igualou para os Rangers. Pola cuarta volta da serie, o partido decidiuse en período extraordinario e como no primeiro partido, os primeiros corenta minutos non permitiron designar un vencedor, chegándose ao terceiro período, onde tras oito minutos e como no primeiro partido, Cowley fixo un pase a Hill que acabou atravesando a portería permitindo o pase dos Bruins á final da Copa Stanley. Como consecuencia do seu bo facer na fase, Mel Hill colle do sobrenome de Sudden Death Mel Hill[61][62].

Para a cuarta final da Copa Stanley da súa historia, unha vitoria e dúas derrotas tiñan ata o momento, os Bruins enfrontáronse aos Maple Leafs de Toronto dirixidos por Syl Apps que remataran terceiros da tempada regular e que bateran aos Americans en dous partidos e aos Red Wings en tres. Os dous primeiros encontros xogáronse en Boston e cada un dos equipos logrou unha vitoria, aínda que a dos Maple Leafs despois dunha prolongación. Os Bruins gañaron o terceiro e cuarto partido xogados en Toronto. O quinto encontro foi de novo en Boston e os Bruins gañaron por 3-1 facéndose coa súa segunda Stantley diante do seu público. No decurso desta serie, Roy Conacher marcou 5 goles 7 puntos e Bill Cowley logrou 7 axudas, que constitúen mellores marcas para xogadores noveis[63]. Nos paus, Frank Brimsek fíxose co trofeo Calder ao mellor novato e o trofeo Vezina ao mellor porteiro da tempada, o primeiro xogador en lograr os dous trofeos na mesma tempada[32].

Unha tempada na cúspide (1939-1940)[editar | editar a fonte]

Após esta vitoria, o equipo muda de adestrador, Cooney Weiland, capitán na tempada precedente, convértese no novo adestrador dos Bruins, mentres Ross permanece como director xeral do equipo[29]. Os Bruins gañaron a tempada 1939-1940 con tres puntos de vantaxe sobre os Rangers e os xogadores dos Bruins acapararon as principais prazas nas clasificacións dos mellores da tempada, aínda que Bryan Hextall dos Rangers foi o mellor goleador, os tres mellores puntuadores foron os xogadores da “liña Kraut”, Schmidt con cincuenta e dous puntos e Dumart e Bauer totalizaron corenta e tres puntos cada un e Cowley foi quinto con corenta puntos[45]. Malia estes resultados, os Bruins foron eliminados na primeira rolda polos segundos da tempada regular, os Rangers, que se fixeron tamén coa Stanley[64]. Bauer recibiu o trofreo Lady Byng á mellor deportividade e civismo[32]. Clapper e Schmidt entraron no primeiro equipo das estrelas mentres que Brimsek, Bauer e Dumart fixeron o propio no segundo[44].

A terceira Copa Stanley (1940-1941)[editar | editar a fonte]

A maioría dos xogadores que terminaron a tempada 1939-1940 continuaron no equipo, tan só se rexistraron dúas baixas, Eddie Shore e Jack Portland trocados en xaneiro de 1939 respectivamente por Eddie Wiseman e Des Smith ; volveu adestrar o equipo Cooney Weiland[65].

A tempada non comezou ben para os Bruins, non gañaron ningún dos seus primeiros catro partidos, e Brimsek encaixou un total de dezasete goles, rexistrando a súa primeira meta invicta con ocasión da primeira vitoria dos Bruins, no quinto partido e non conseguen encadear máis de dúas vitorias consecutivas; a 21 de decembro de 1941 estaban no posto terceiro da liga a doce puntos dos Maple Leafs [66] e unha ficha negativa[67] de seis vitorias por tres empates e sete derrotas. Mais no partido seguinte os Bruins vencen os Red Wings marcando o comezo dunha serie de partidos consecutivos sen derrota ningunha, durante dous meses, do 22 de decembro ao 23 de febreiro, Boston logrou quince vitorias, concedendo tamén oito empates, acadando o primeiro lugar da liga o 11 de febreiro logo dunha nova vitoria sobre Detroit [68]. Os Rangers son o único equipo que logrou derrotalos no remate da tempada, que ve aos Bruins rematar primeiros, cinco puntos por diante dos. Tras o 21 de decembro os Bruins gañaron 21 partidos, con dez empates e unha soa derrota.

En semifinais da Stantley os Bruins enfróntanse aos segundos da tempada, Maple Leafs. O primeiro encontro celébrase en Boston, e durante o partido, os Bruins perden ao mellor puntuador da tempada, Bill Cowley, que se lesiona o xeonllo[69] e mais tamén a Bobby Bauer que sofre unha cortadura despois de colidir co seu compañeiro de equipo Milt Schmidt[70] ; estes avatares non lle impiden gañar o encontro por 3-0 grazas á boa actuación de Frank Brimsek. Malia a recuperación de Bauer, os Bruins perderon os dous partidos seguintes, gañaron o cuarto pero perderon o quinto, polo que estaban próximos á eliminación mais dúas vitorias consecutivas, por 2-1, puxéronos na final da Stanley[71].

A final xogouse contra os Red Wings que remataran terceiros na tempada regular a catorce puntos dos Bruins. Sen perder un partido os Bruins lograron a súa terceira Stanley da súa historia. Logo das series, Milt Schmidt relevou a Cowley, que non puido xogar máis ca dous partidos pola súa ferida, como mellor punteador do equipo e segundo goleador, sete dos seus once puntos feitos contra Detroit[27]. Bobby Bauer fíxose por segunda volta co trofeo Lady Byng[32] e Bill Cowley recibiu o trofeo Hart do mellor xogador da tempada.

O período dos seis equipos orixinais (1942-1967)[editar | editar a fonte]

Malia a vitoria Weiland non permaneceu nos Bruins, senón que marchou para adestrar os Hershey Bears da AHL[72]. Ross tivo que volver ao banco dos Bruins unha vez máis.

Na tempada 1942-1943 os New York Americans finalizan as súas actividades, e a NHL principiou un período de vinte e cinco anos, coñecido como a "era dos seis equipos orixinais da NHL", unha liga de seis: Canadiens, Maple Leafs, Red Wings, Rangers, Black Hawks e os Bruins. En cada tempada os catro mellores equipos cualificábanse para as series da Copa Stanley, e en todo este período os Bruins endexamais quedaron na cabeza da clasificación nin lograron copa Stanley ningunha, con catro derrotas na final, todas contra dos Canadiens[54].

A Segunda Guerra Mundial dispersou o equipo campión da NHL despois de 1941, os integrantes da liña Kraut alistáronse no exército canadenses e en 1943 Brimsek tamén marchou á fronte[73]. Na tempada 1943-1944, Herb Cain pasou a barreira dos 200 puntos na súa carreira, o decimoterceiro xogador en facelo, logrando 82 puntos no calendario, mellor marca nunha tempada pero aínda así o equipo non se cualificou para as series.[74]. A tempada 1944-1945 foi a derradeira de Ross como adestrador dos Bruins, logo dun total de 219 partidos á cabeza da franquía repartidos en catro períodos, cedendo a súa praza a Dit Clapper quen ocupa o dobre posto de adestrador-xogador. Coa fin da guerra, volveron os integrantes da liña Kraut e Brimsek para a tempada 1945-1946 onde Dumart remata mellor goleador e segundo puntuador da franquía tras Don Gallinger[75] mais os Bruins perderon a final contra Montreal. As tres tempadas seguintes con Clapper liderando o equipo teñen o mesmo resultado, unha derrota na primeira rolda das series.

En 1948 dous xogadores dos Bruins protagonizaron un escándalo. A NHL logrou probas por medio de escoitas da policía que Billy Taylor, adquirido polos Bruins en 1947 procedente dos Red Wings, e Gallinger tiñan relacións cun corretor de apostas e que os dous apostaran nos Bruins[76]. O presidente da NHL Clarence Campbell suspendeunos de por vida [77].

Milt Schmidt, membro do Hockey Hall of Fame e capitán dos Bruins a principios dos anos 1950.

Na tempada 1949-1950 entrou Buck Boucher como novo adestrador, mais non foi quen de cualificar o equipo para as series. Lynn Patrick substiuíno nas tempadas seguintes, logrando meter os Bruins de novo nunha final, na tempada 1952-1953, que gañaron os Canadiens.

En 1954, despois de 30 anos á cabeza dos Bruins, Art Ross cedeu o seu posto de director xeral a Lynn Patrick, quen nomea como adestrador a Milt Schmidt, antigo integrante da liña Kraut, e que no decurso da tempada deixou tamén de xogar. So a súa dirección, os Bruins chegaron a dúas finais consecutivas, na tempada 1956-1957 e 1957-1958, as dúas perdidas fronte o Montreal. En 1959 tras a súa eliminación na primeira rolda das series, os Bruins marcharon para Europa para xogar unha serie de 23 encontros cos Rangers. Este torneo é o segundo da súa caste realizado pola NHL seguindo o efectuado en 1938 entre os Canadiens e os Red Wings. Os Bruins visitaron Londres, Xenebra, París, Antuerpen, Zúric, Dortmund, Essen, Krefeld, Berlín e Viena[78], a serie gañárona os Rangers, que recibiran o reforzo de Bobby Hull dos Black Hawks para paliar a ausencia da maioría dos seus atacantes, por 11 vitorias contra 9 derrotas e 3 empates[79].

Na tempada 1960-1961 os Bruins remataron os derradeiros, con só 14 vitorias en 70 partidos e na tempada seguinte entrou Phil Watson para dirixir o banco, que só permaneceu pouco máis dunha tempada, volvendo Schmidt ao posto. Na tempada 1966-1967 o equipo de Schmidt fai unha mala tempada e no medio da tempada substituíuno Harry Sinden, non obstante os Bruins volveron quedar os últimos da liga por sexta volta nas últimas sete tempadas, e por oitava volta consecutiva non se cualificaron para as eliminatorias[54].

As expansións (1967-1979)[editar | editar a fonte]

En 1967 a NHL pasou de seis a doce franquías, os novos equipos foron Minnesota North Stars, Los Angeles Kings, Oakland Seals Philadelphia Flyers, Pittsburgh Penguins e St. Louis Blues. Estes novos equipos tiveron o dereito de elixir vinte xogadores entre os seis equipos orixinais, que tiñan pola súa banda o dereito a "protexer" os seus mellores doce xogadores[80]. Os Kings e os Penguins escolleron dous xogadores dos Bruins, os North Stars e os Seals tres, os Blues catro e os Flyers oito[81]. As seis novas franquías axuntáronse na división oeste mentres os seis equipos orixinais forman a división leste t[80].

O 15 de maio de 1967 o novo director xeral dos Bruins Milt Schmidt, obtivo a Phil Esposito, Ken Hodge e Fred Stanfield dos Black Hawks en troco de Pit Martin, Jack Norris e Gilles Marotte[82]. Estes novos compoñentes marcaron a volta dos Bruins ás series eliminatorias tras oito anos de fracaso. Na tempada 1967 remataron en terceiro lugar da súa división tras os Canadiens e os Rangers[83],[84] e na segunda na tempada 1968-1969, por tras do Montreal[85]. Nesas dúas tempadas foron os Canadiens os encargados de eliminalos da Copa Stanley; en 1968 Montreal gañou 4-0 na primeira rolda das series e en 1969 os Bruins, tras derrotar os Maple Leafs, quedaron elimanados en seis partidos, tres perdidos na prolongación[86].

A cuarta Copa Stanley (1969-1970)[editar | editar a fonte]

Phil Esposito en 1969.

O equipo, dirixido por Harry Sinden desde a tempada 1966-1967, centrouse na coñecida como Nitro line, conformada por Wayne Cashman, Phil Esposito e Ken Hodge[87]. Entre as bazas do equipo estaba tamén o defensa Bobby Orr e os porteiros Gerry Cheevers e Eddie Johnston. Das baixas salientou a do defensor Ted Green, quen nun partido de pretempada contra os St. Louis Blues fracturouse o cranio por un golpe de bastón de Wayne Maki que o deixou ferido de gravidade[88] precisando tres operacións para salvar a vida[89].

O inicio da tempada dos Bruins foi case perfecto, pois rexistraron seis vitorias e un empate nos primeiros sete partidos. Contaban co mellor ataque, a mellor defensa e tiñan o dobre de puntos que os seus inmediatos seguidores[90]. A súa primeira derrota foi o 29 de outubro en Toronto, seguida outra en Montreal por 2-9 ás que lle seguen varias outras ata totalizar cinco consecutivas, pasando da primeira á cuarta praza da liga e da división leste[91]. Subiron á segundo praza o 18 de decembro, na que se instalaron ata o 1 de marzo cando tras vencer aos Blues acadaron o primeiro lugar, cun punto por riba dos Rangers[92]. O remate da tempada quedou marcado pola remontada dos Black Hawks, que gañaron os seus vinte e seis últimos partidos[93] e remataron cos mesmos puntos que os Bruins mais que se fixeron coa liga por gañar cinco partidos máis[84][94].

Segundos da división leste, os Bruins enfrontáronse os Rangers, cuartos na liga regular, tras quedar cos mesmos puntos, partidos gañados, perdidos e empatados pero con máis goles marcados que os Canadiens. O primeiro partido, xogado en Boston, rematou coa vitoria dos Bruins por 8-2 con dous goles de Esposito e outros dous de Orr. Logo dunha segunda vitoria dos Bruins por 5-3, tamén en Boston, o terceiro partido xogouse en Nova York, despois de un minuto e medio de xogo, Derek Sanderson dos Bruins e Dave Balon dos Rangers quedaron excluídos do partido por penalizacións realizadas a catro outros xogadores, á fin do primeiro período, os dous equipos sumaban un total de 132 minutos de penalizacións. O partido rematou cunha vitora 4-3 dos Ranger e unha nova marca de penalizacións para un so partido de series eliminatorias, cun total de 174 minutos distribuídos aos dous equipos[95]. Os Bruins perderon o seguinte partido, tamén xogado en Nova York pero gañaron os dous partidos seguintes, cualificándose así para a semifinal da Copa Stanley.

O seu próximo rival foron os Black Hawks, os campións da tempada regular e que derrotaran os Red Wings en catro partidos. Os Bruins gañaron a serie en catro encontros cualificándose por decimoprimeira volta na súa historia. Enfrontáronse os Blues, vencedores da división oeste pero que totalizaran trece puntos menos que os Bruins ao longo do calendario regular[84]. Os tres primeiros encontros foron con facilidade para os Bruins, por 6-1, 6-2 e 4-1; o cuarto foi o máis disputado xogándose en prolongación, e foi Bobby Orr o que marcou o gol vencedor despois de 40 segundos de xogo o que lle permitiu os Bruins gañar a súa cuarta Copa Stanley.

Bobby Orr foi consagrado mellor xogador da tempada pola NHL, levando varios trofeos, o Hart[48], o Conn Smythe, o James Norris[96] , o NHL Plus-Minus e o Art Ross[48] o primeiro defensor en recollelo[97]

Fin da era Orr-Esposito (1972-1979)[editar | editar a fonte]

Don Cherry foi o adestrador do equipo entre 1974 e 1979

De 1973 a 1975, Orr e Esposito repartíronse os honores da liga. O trofeo Art Ross, do mellor goleador, levouno Exposito en 1973 e 1974 e Orr en 1975[48] ; o Lester B. Pearson, ao mellor xogador, gañouno Esposito en 1973 e Orr en 1975[96], que tamén levou tres novos James Norris ata completar oito consecutivos[96]. Na tempada 1973-1974 catro xogadores do Boston remataron dentro dos primeiros puntuadores da liga, con Ken Hodge e Wayne Cashman situados no terceiro e cuarto lugar[98][99] ; os Bruins terminaron logo á cabaza da súa sivisión e da liga con cento trece puntos e o mellor ataque[99][100] mais na final perderon cos Flyers[101].

A tempada 1975-1976 supuxo un xiro para o equipo e os seus dous xogadores estrela, trocouse a Esposito, canda Carol Vadnais, aos Rangers polos defensores Brad Park, Joe Zanussi así como tamén o central Jean Ratelle[102] ; Bobby Orr sofreu dúas operacións nos xeonllos, perdendo a case totalidade da tempada. Aínda uqe perderon en semifinais cos Flyers, os Bruins gañaron dous trofeos grazas a Ratelle que recibiu o Lady Byng[32], e a Don Cherry que logrou o Jack Adams como mellor adestrador[96]. Un mes máis tarde, logo que os Bruins e o axente de Orr non se puxesen de acordo nunha prolongación do contrato a causa dos problemas nos xeonllos do xogador, Orr asinou contrato por tres millóns de dólares cos Black Hawks de Chicago[103].

As dúas tempadas seguintes son favorables para os Bruins malia a marcha de Orr e Esposito, quedando nas dúas ocasións á cabeza da división Adams por diante dos Buffalo Sabres, cualificándose directamente para os cuartos de final da Copa Stanley. Na tempada 1976-1977 enfrontáronse co equipo dos Ánxeles mentres na 1977-1978 foi cos Black Hawks, saíndo sempre vencedor o equipo de Boston. En semifinais, eliminaron os Flyers por 4-0 en 1977 e 4-1 en 1978. A continuación atopouse tamén nas dúas veces cos Canadiens, gañadores da tempada regular en ámbalas ocasións, cun récord de cento trinta e dous puntos e só oito derrotas en 1977[104] presentándose como claros favoritos, en 1977 os Bruins perderon na prolongación do cuarto e derradeiro partido[105]. Un ano despois, os dous equipos volven a se encontrar para un desquite; tras perder os dous primeiros partidos en Montreal, os Bruins repuxéronse gañando os dous seguintes por 4-0 e 4-3 grazas a un gol de Bobby Schmautz na prolongación[106] mais Montreal gañou os dous últimos partidos por 4-1 logrando así a vitoria; en sete finais da Stanley xogadas contra os Canadiens, foi a sétima derrota dos Bruins.

Na tempada 1978-1979 de novo volveron gañar na súa división e derrotaron sen problemas aos Penguins en cuartos de final, pero de novo tiveron que se enfrontar aos Canadiens para unha praza na final. Os de Montreal gañaron os dous primeiros partidos na casa e os Bruins fixeron o propio en Boston nos dous partidos seguintes. Os Canadiens gañou o quinto partido e Boston o sexto. O decisivo sétimo encontro xogouse en Montreal e os dous equipos neutralizáronse ata o terceiro período cando Rick Middleton inscribiu no marcador un gol que deu unha vantaxe de 4 a 3 aos Bruins a menos de catro minutos para o final e un minuto e medio despois o árbitro pitou unha penalización contra os Bruins por contar con demasiados xogadores na pista. Con un minuto e once segundos de xogo, Guy Lafleur aproveitou a superioridade numérica para meter o gol que permitiu os Canadiens xogar a prolongación durante a que Yvon Lambert cualificou os Canadiens para a final da Stanley coa que se fixeron por cuarto ano consecutivo[107]. Logo da fusión da NHL coa WHA e do draft que lle seguíu ao final da tempada, a primeira elección dos Bruins foi a do defensor Raymond Bourque, procedente dunha liga xuvenil do Québec, e que se ía converter no sucesor de Bobby Orr no posto.

As décadas de 1980 e 1990[editar | editar a fonte]

De 1980 a 1987, os Bruins cualificáronse en cada tempada para as series pero tan só chegaron nunha ocasión á final da Copa Stanley. Despois de chegar á final da conferencia en 1983, foron eliminados catro anos seguidos polos Canadiens logo do primeiro partido de series; en quince encontros disputados entre as dúas formacións, os Bruins só gañaron dous. En 1988 despois de derrotar os Sabres, enfrontáronse de novo aos Canadiens, perderon o primeiro partido por 5-2 mais gañaron os catro seguintes logrando eliminar aos de Montreal por primeira volta desde 1943. Gañaron logo contra os New Jersey Devils mais derrotounos os Edmonton Oilers de Wayne Gretzky, gañando a súa cuarta copa en cinco anos. Despois dunha nova eliminación polos Canadiens en 1989 atoparon de novo os Oilers na final en 1990. No primeiro partido os dous equipos chegaron igualados á fin do tempo regulamentario e tan só na terceira prolongación Petr Klíma marcou o gol da vitoria para os Oilers, que gañaron tamén tres dos catro partidos que quedaban, gañando así a súa quinta Stanley en sete anos. Nas tempadas 1990-1991 e 1991-1992, os Bruins eliminaros os Canadiens na final da división pero nas dúas perderon diante os Penguins na final da conferencia[108][109] o que lle impide acceder a unha nova final da Copa Stanley.

Tras a súa chegada en 1979, Bourque converteuse nun xogador ineludible na franquía, rematou con 65 puntos en 1980, a mellor marca para un defensor na súa primeira tempada na NHL, logrou o Calder outorgado ao mellor xogador novel da liga[32] e entrou no primeiro equipo das estrelas[110], a primeira vez que un xogador non porteiro acadaba esta dobre honra[111]. En 1985 designárono capitán do equipo canda Rick Middleton; conseguiu o trofeo Norris do mellor defensor, que Orr lograra oito veces, en 1987 e 1988[96], e nese ano converteuse no capitán único do equipo ao se retirar Middleton[Cómpre referencia]. En 1990 e 1991 gañou senllos trofeos Norris, o terceiro e o cuarto[96].

En 1991 a NHL que mantiña un número de equipos estables desde 1979 autorizou a chegada de novas franquías, cunha expansión progresiva, pasando de de vinte e un equiposa fin da tempada 1990-1991 a vinte e dous en 1993, vinte e seis en 1994, vinte e sete en 1998, vinte e oito en 1999 e trinta en 2000. O medre no número de equipos aumentou a dificultade para se cualificar para as series eliminatorias. Os Bruins non chegaron a final ningunha da Stanley neses anos[54].

Aínda así, Bourque, converteuse no terceiro xogador da historia da NHL en gañar por quinta volta o trofeo Norris, tras Doug Harvey dos Canadiens e Bobby Orr[112], e durante a tempada 1996-1997 converteuse no xogador dos Bruins en marcar a meirande cantidade de puntos na historia da franquía[113]. Logo de 1937 partidos cos Bruins, converteuse na tempada 1998-1999 no xogador con máis encontros disputados co equipo[114]. En 2000 tras 1506 partidos xogados e 1518 puntos inscritos coas cores do Boston, asinou contrato co Colorado Avalanche, co que máis tarde había gañar a Stanley[115][116]

Século XXI[editar | editar a fonte]

Despois da chegada do novo século, os resultados dos Bruins son moi irregulares, cuartos da súa división en 2001, vencedores ao ano seguinte, terceiros en 2003 e de novo vencedores en 2004 os derradeiros en 2006 e 2007, terceiros en 2008, vencedores en 2009 e terceiros en 2010. Tras a destitución de Pat Burns en 2000 o equipo viu seis adestradores diferentes aínda que de novo se volveu á estabilidade coa chegada de Claude Julien en 2006, e foi con el que no ano 2009 superaron por primeira volta en dez anos a primeira rolda en series, contra un rival histórico, os Canadiens.

A sexta Copa Stanley (2010-2011)[editar | editar a fonte]

Tim Thomas gañou os trofeos Roger-Crozier, Vezina e Conn Smythe na tempada 2010-2011

Os Oilers gañaron a primeira elección no sorteo[117] do draft de 2010 mentres os Bruins tiveron a segunda. Despois de Taylor Hall elixido polos Oilers, Boston seleccionou a Tyler Seguin, xogador da OHL[118]. Os Bruins intercambiaron máis tarde a Dennis Wideman aos Florida Panthers recibindo a cambio a Gregory Campbell e Nathan Horton[119].

Os Bruins principiaron a pretempada cunha vitoria fronte os Canadiens mais perderon os catro encontros seguintes con dúas derrotas contra os Panthers e outras dúas contra os Washington Capitals. Os dous últimos partidos da pretempada xogáronse en Europa, con dúas claras vitorias contra os Belfast Giants e HC Bílí Tygři Liberec.

Na tempada 2010-2011 os Bruins debutaron con dous encontros na República Checa contra os Phoenix Coyotes en Praga o 9 e 10 de outubro[120], rematando cunha vitoria e unha derrota cada un, entre o 9 de outubro e o 10 de novembro os Bruins teñen un balance de sete vitorias contra catro derrotas, incluída unha en prolongación. Tras esta serie, o porteiro dos Bruins Tim Thomas, fixo sete partidos consecutivos e tres porterías invictas[121] cunha media de 0,67 goles outorgados por partido, a mellor media na NHL para os sete primeiros partidos dun porteiro en máis de cincuenta anos[122]. Tras pasar o esencial da tempada na segunda praza da división nordés, tras os Canadiens de Montréal, os xogadores de Boston ocuparon por primeira volta a cabeza da división o 28 de decembro logo dunha vitoria por 4-3 contra Tampa Lightning[123], lugar que non cederon, mais que unha volta os Canadiens en xaneiro[124]. Do 17 de febreiro ao 1 de marzo, xogaron e gañaron seis partidos consecutivos fóra, Tuukka Rask, segundo porteiro do Boston, gañou catro dos seis partidos[125], e xa en casa unha sétima vitoria. Á data límite para as transaccións, os Bruins recibiron a Chris Kelly dos Ottawa Senators[126] e trocaron a Blake Wheeler e Mark Stuart aos Atlanta Thrashers contra Rich Peverley e Boris Valábik que xogaron a fin da tempada cos Providence Bruins, club-escola de Boston[127].Tomáš Kaberle, defensor dos Maple Leafs, adquiriuno o equipo a cambio de Joe Colborne e de elección no draft[128].

O 2 de abril, os Bruins gañaron 3-2 contra os Thrashers, asegurándose así a primeira praza da división nordés[129], e remataron a tempada terceiros da conferencia leste tras dos Capitals e os Flyers con corenta e seis vitorias, vinte e cinco derrotas e once derrotas en prolongación cun total de cento tres puntos. Milan Lucic foi o mellor goleador do equipo con trinta goles David Krejčí o mellor pasador con corenta e nove pases. Lucic e Krejčí foron tamén os mellores puntuadores con sesenta e dous puntos cada un. Zdeno Chára, o capitán do equipo, a mellor diferencial +/- da NHL con +33 gañando tamén o trofeo correspondente[130].

Os Bruins volvéronse encontrar na primeira rolda das series co seu rival, os Canadiens, logo de dous partidos perdidos na casa, os Bruins lograron tres vitorias, dúas en Montreal, tras o quinto encontro, Horton marcou o gol vencedor despois de dous períodos de prolongación[131]. Coa posibilidade na man de eliminar os Canadiens, os Bruins perderon no partido seguinte por 2-1 en Montreal[132] e tivo que ser no sétimo partido que se cualificaron os Bruins ao gañar 4-3 grazas a un novo gol en prolongación de Horton[133]. Os Bruins enfrontáronse na seguinte rolda os Flyers, que non lograron gañar un encontro e quedaron eliminados en catro partidos[134]. Na final da conferencia os Bruins atopáronse co Tampa Bay Lightning, despois de perderen o primeiro partido, os Bruins gañaron o segundo 6-5 con catro puntos nun período para o novato Tyler Seguin[135] e non foi ata o sétimo encontro, cando os Bruins conseguiron eliminar finalmente o Lightning por 1-0 grazas a un gol de Horton, nun partido no que non houbo penalización ningunha[136]

O presidente Obama nunha recepción cos Bruins como gañadores da Copa Stanley 2011

Os Bruins gañaron o Trofeo Príncipe de Gales outorgado ao equipo campión da Conferencia Leste [137] e accederon á decimosexta final da Copa Stanley da súa historia. O seu rival , os Vancouver Canucks, o campión da tempada regular gañou o primeiro encontro por 1-0 cun gol de Raffi Torres cando só quedaban 18 segundos e medio do terceiro tempo[138]. Vancouver gañou o seguinte partido por 3-2 grazas a un gol de Alexandre Burrows aos once segundos da prolongación[139]. No terceiro partido os Bruins gañaron 8-1 e no cuarto fixeron o propio por 4-0. Os Bruins perderon o quinto partido en Vancouver por 1-0 con gol de Maxim Lapierre[140] recuperándose no sexto encontro que gañaron por 5-2[141]. O sétimo e último partido da final rematou con 0-4 a favor dos Bruins, o que supuxo a sexta Copa Stanley da historia da franquía[142]. Tim Thomas foi elixido o mellor xogador das series eliminatorias e gañou o trofeo Conn Smythe[143]. O 22 de xuño Chara et Thomas reciben novas recompensas, o primeiro o trofeo Mark Messier do xogador que mostrara o maior liderado e o segundo o Vezina do mellor porteiro da tempada regular[144]. Coa vitoria dos Bruins, Bergeron converteuse no vixésimo quinto xogador, e oitavo canadense, en lograr a Triple Gold Club, reservada a aqueles que gañaran á vez o campionato do mundo, os Xogos Olímpicos e a Copa Stanley[145].

Tempada 2011-2012[editar | editar a fonte]

Tras a súa vitoria na Stanlely, os Bruins perderon a Mark Recchi ao se retirar e a Michael Ryder e Tomas Kaberle ao marcharen a outros equipos, facéndose pola contra co defensa Joe Corvo e o atacante Benoît Pouliot. Os Bruins abriron a tempada regular cunha perda na casa diante os Philadelphia Flyers, mentres no segundo partido lograron o seu primeiro éxito contra o Tampa Bay Lightning o 8 de outubro ao gañar na casa por 4–1 pero finalizaron o mes con dúas derrotas contra os seus rivais clásicos, os Montreal Canadiens, no que constituía o peor comezo dun defensor do campionato desde a adopción do actual método de eliminatorias en 1994.[146][147]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Porter, David L. (1995) Biographical Dictionary of American Sports: 1992-1995 supplement for baseball, football, basketball, and other sports. Greenwood, páx. 589
  2. "Charles Francis Adams en vermonter.com". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2014. Consultado o 28 de maio de 2014. 
  3. Charles Francis Adams en Hockey Hall of Fame
  4. Jozsa, Frank P. (2006) Big Sports, Big Business: A Century of League Expansions, Mergers, and Reorganizations. Greenwood, páx 15.
  5. "The History of The Hub of Hockey", Boston Bruins
  6. Oxford Dictionary of English. Oxford University Press, 2010
  7. Brown, William (2006)The Montreal Maroons: The Forgotten Stanley Cup Champions, Vehicule Press, p. 43
  8. Holzman, Morey e Nieforth, Joseph (2002) Deceptions and doublecross: how the NHL conquered hockey Dundurn Press, p. 262
  9. Goyens, Chrys e Orr, Frank (2000), Blades on Ice: A century of professional hockey Markham: Team Power Enterprises, p. 42
  10. Diamond, Dan, ed. (2002), Total Hockey: The Official Encyclopedia of the National Hockey League Second Edition, Nova York: Total Sports Publishin, p. 203
  11. www.sportsecyclopedia.com (ed.). "Montreal Maroons (1924-1938)". Consultado o 1 de novembro de 2010. .
  12. P. Anson. www.flyershistory.com, ed. "Montreal Maroons 1 @ Boston Bruins 2 - Dec. 1, 1924". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2014. Consultado o 1 de novembro de 2010. 
  13. Brown, William (2006)The Montreal Maroons: The Forgotten Stanley Cup Champions, Vehicule Press, p. 49
  14. Tempada 1925-1926 na National Hockey League
  15. www.legendsofhockey.net (ed.). "Legends of Hockey -- The Legends -- Honoured Player -- Shore, Eddie -- Biography". Consultado o 6 de novembro de 2010. 
  16. "1926-27 Boston Bruins roster and player statistics". www.hockeydb.com. Consultado o 6 de novembro de 2010. .
  17. (en inglés) www.hockeydb.com (ed.). "1926-27 NHL League Leaders at hockeydb.com". Consultado o 6 de novembro de 2010. .
  18. "Senators and Bruins Ready for Second Game Tonight, Pres. Calder Issues Ruling". Ottawa Citizen. 1927. 
  19. "Wild Scenes When Ottawa Trounced Boston Bruins, 3-1". Montreal Gazette. 14 de abril de 1927. p. 16. 
  20. A súa marca 248 goles durante a súa carreira na NHL superouna Howie Morenz que puxo fin á súa carreira na tempada 1936-1937 cun total de 271 realizacións
  21. 21,0 21,1 www.legendsofhockey.net (ed.). "Legends of Hockey -- The Legends -- Honoured Player -- Denneny, Cy -- Biography". Consultado o 6 de novembro de 2010. .
  22. www.shrpsports.com (ed.). "NHL Division Standings after Dec 30 in 1928-29 season". Consultado o 8 de novembro de 2010. .
  23. www.shrpsports.com (ed.). "NHL Division Standings after Jan 31 in 1928-29 season". Consultado o 8 de novembro de 2010. .
  24. www.shrpsports.com (ed.). "NHL Division Standings after Feb 28 in 1928-29 season". Consultado o 8 de novembro de 2010. 
  25. www.hockeydb.com (ed.). "1928-29 NHL Playoff Results". Consultado o 6 de novembro de 2010. .
  26. notrehistoire.canadiens.com (ed.). "Saison 1928-1929 - Description, photos, faits saillant et plus". Consultado o 9 de novembro de 2010. 
  27. 27,0 27,1 27,2 www.greatesthockeylegends.com (ed.). "1929 Stanley Cup - Boston Bruins". Consultado o 8 de novembro de 2010. 
  28. 28,0 28,1 28,2 "Saison 1929-1930 - Description, photos, faits saillant et plus". notrehistoire.canadiens.com. Consultado o 13 de novembro de 2010. 
  29. 29,0 29,1 www.legendsofhockey.net (ed.). "Legends of Hockey -- The Legends -- Honoured Player -- Weiland, Cooney -- Biography". Consultado o 13 de novembro de 2010. .
  30. Na tempada 1929-1930 algúns porteiros tiveron medias máis baixas pero xogando só un ou dous encontros mentres Thompson xogou 44.
  31. www.nhl.com (ed.). "Career Stats - 1929-1930 - Regular Season - Goalie - Goalie Stats Leaders for Specific Season - Goals Against Average". Consultado o 13 de novembro de 2010. .
  32. 32,0 32,1 32,2 32,3 32,4 32,5 32,6 NHL (2010) National Hockey League, Official Guide & Record Book Triumph Books, p. 216.
  33. NHL (2010) National Hockey League, Official Guide & Record Book Triumph Books, p. 164.
  34. Tan só sería batida na tempada 1981-1982 e 1992-1993
  35. NHL (2010) National Hockey League, Official Guide & Record Book Triumph Books, p. 165.
  36. Aínda que os Philadelphia Flyers a igualaron na tempada 1975-1976
  37. Brian Hedger (12 de febreiro de 2012). http://www.nhl.com, ed. "Wings tie record with 20th straight home win". 
  38. Brian Hedger. www.nhl.com, ed. "Wings beat Stars, set consecutive home win mark". Consultado o 14 de febreiro de 2012. 
  39. Coleman, Charles F. (1969) Trail of the Stanley Cup, Vol II, Kendall-Hunt, p. 99.
  40. Coleman, Charles F. (1969) Trail of the Stanley Cup, Vol II, Kendall-Hunt, p. 128
  41. 41,0 41,1 NHL (2010) Official Guide & Record Book, p. 152
  42. www.hockeydb.com. "1930-31 NHL Playoff Results". Consultado o 13 de novembro de 2010. .
  43. 43,0 43,1 notrehistoire.canadiens.com (ed.). "Saison 1930-1931 - Description, photos, faits saillant et plus". Consultado o 13 de novembro de 2010. .
  44. 44,0 44,1 44,2 44,3 44,4 44,5 44,6 NHL (2010) Official Guide & Record Book, p. 234
  45. 45,0 45,1 45,2 45,3 45,4 45,5 NHL (2010) Official Guide & Record Book, p. 153
  46. "Le Boston Achète le Fameux Nelson Stewart du Montréal". La presse. 12 de xullo. p. 16. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2014. Consultado o 13 de novembro de 2010 2010. .
  47. www.hockeydb.com (ed.). "1932-33 NHL Playoff Results". Consultado o 13 de novembro de 2010. .
  48. 48,0 48,1 48,2 48,3 48,4 48,5 NHL (2010) Official Guide & Record Book, p. 215
  49. www.legendsofhockey.net (ed.). "Legends of Hockey -- The Legends -- Honoured Player -- Bailey, Ace -- Biography". Consultado o 13 de novembro de 2010. .
  50. Kevin Shea. www.legendsofhockey.net, ed. "Legends of Hockey - Spotlight - One on One with Ace Bailey". Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2010. Consultado o 14 de novembro de 2010. .
  51. 51,0 51,1 Strachan, Al (2000) Cent ans de hockey, Hurtubise HMH, p. 34
  52. NHL (2010) Official Guide & Record Book, p 624
  53. www.legendsofhockey.net (ed.). "Legends of Hockey -- The Legends -- Honoured Builder -- Patrick, Frank -- Biography". Consultado o 13 de novembro 2010. .
  54. 54,0 54,1 54,2 54,3 54,4 NHL (2010) Official Guide & Record Book, p. 29
  55. www.hockeydb.com (ed.). "1937-38 NHL Playoff Results". Consultado o 13 de novembro de 2010. 
  56. 56,0 56,1 56,2 (en inglés) www.legendsofhockey.net (ed.). "Tiny Thompson biography". Consultado o 12 de novembro de 2010. .
  57. www.legendsofhockey.net (ed.). "Tiny Thompson career statistics". Consultado o 12 de novembro de 2010. 
  58. www.shrpsports.com (ed.). "NHL Division Standings after Nov 22 in 1938-39 season". Consultado o 12 de novembro de 2010. 
  59. www.shrpsports.com (ed.). "NHL Division Standings after Mar 19 in 1938-39 season". Consultado o 12 de novembro de 2010. 
  60. www.hockeydb.com (ed.). "1938-39 NHL Playoff Results". Consultado o 11 de novembro de 2010. .
  61. en galego « morte súbita »
  62. bruinslegends.blogspot.com (ed.). ""Sudden Death" Mel Hill". Consultado o 11 de novembro de 2010. 
  63. www.greatesthockeylegends.com (ed.). "1939 Stanley Cup: Boston Bruins". Consultado o 11 de novembro de 2010. 
  64. www.hockeydb.com (ed.). "1939-40 NHL Playoff Results". Consultado o 14 de novembro de 2010. .
  65. (en inglés) www.hockeydb.com (ed.). "1940-41 Boston Bruins roster and player statistics". Consultado o 15 de novembro de 2010. .
  66. www.shrpsports.com (ed.). "NHL Division Standings after Dec 21 in 1940-41 season". Consultado o 14 de novembro de 2010. .
  67. Máis derrotas ca vitorias
  68. www.shrpsports.com (ed.). "NHL Division Standings after Feb 11 in 1940-41 season". Consultado o 14 de novembro de 2010. .
  69. www.greatesthockeylegends.com (ed.). "1941 Stanley Cup: Boston Bruins". Consultado o 14 de novembro de 2010. .
  70. www.hhof.com (ed.). "Stanley Cup Journal". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 14 de novembro de 2010. .
  71. www.hockeydb.com (ed.). "1940-41 NHL Playoff Results". Consultado o 15 de novembro de 2010. .
  72. Joe Pelletier. bruinslegends.blogspot.com, ed. "Boston Bruins Legends: Cooney Weiland". Consultado o 20 de novembro de 2010. .
  73. www.legendsofhockey.net (ed.). "Legends of Hockey -- The Legends -- Honoured Player -- Brimsek, Frank -- Biography". Consultado o 20 de novembro de 2010. .
  74. www.legendsofhockey.net (ed.). "Legends of Hockey -- NHL Player Search -- Player -- Herb Cain". Consultado o 16 de novembro de 2010. 
  75. "1945-46 Boston Bruins roster and statistics". www.hockeydb.com. Consultado o 11 de decembro de 2010. 
  76. Fischler, Stan e Fischler, Shirley (2003) Who's Who in Hockey, Andrews McMeel Publishing,‎ p. 132.
  77. www.legendsofhockey.net (ed.). "Don Calvin Gallinger". Consultado o 13 de febreiro de 2011. 
  78. (en inglés) www.boston.com (ed.). "Few guides for this tour, 1959 European trip a hazy Bruins memory". Consultado o 9 de xaneiro de 2011. 
  79. (en inglés) www.nhl.com (ed.). "1959 European tour sparked Hull to stardom". Consultado o 9 de xaneiro de 2011. 
  80. 80,0 80,1 Duplacey, James (1998) Total Hockey: The Official Encyclopedia of the National Hockey League, Total Sports, p. 273.
  81. www.hockeydb.com (ed.). "1967 NHL Expansion Draft Picks". Consultado o 24 de xaneiro de 2011. .
  82. "One on One with Milt Schmidt". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2008. Consultado o 01 de xuño de 2014.  |editor= www.legendsofhockey.net|accessdate=11 de decembro de 2010}}
  83. www.hockeydb.com (ed.). "1967-68 National Hockey League". Consultado o 11 de decembro de 2010. 
  84. 84,0 84,1 84,2 NHL (2010) Official Guide & Record Book, p. 156
  85. www.hockeydb.com (ed.). "1968-69 National Hockey League". Consultado o 11 de decembro de 2010. 
  86. www.hockeydb.com (ed.). "1968-69 NHL Playoff Results". Consultado o 11 de decembro de 2010. 
  87. sportsillustrated.cnn.com (ed.). "Hockey's All-time Classic Lines". Consultado o 11 de decembro de 2010. 
  88. www.legendsofhockey.net (ed.). "Ted Joseph Green". Consultado o 20 de novembro de 2010. .
  89. www.cbc.ca (ed.). "Wayne Maki fractures Ted Green's skull". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2004. Consultado o 20 de novembro de 2010. .
  90. www.shrpsports.com (ed.). "NHL Division Standings after Oct 25 in 1969-70 season". Consultado o 21 de novembro de 2010. .
  91. www.shrpsports.com (ed.). "NHL Division Standings after Nov 8 in 1969-70 season". Consultado o 21 de novembro de 2010. 
  92. www.shrpsports.com (ed.). "NHL Division Standings after Mar 1 in 1969-70 season". Consultado o 21 de novembro de 2010. .
  93. www.shrpsports.com (ed.). "1969-70 Chicago Blackhawks (45-22-9)". Consultado o 21 de novembro de 2010. .
  94. www.nhl.com (ed.). "Standing 1969-1970 Regular Season". Consultado o 21 de novembro de 2010. .
  95. Moran, Jay (2009) The Rangers, the Bruins, and the End of an Era, AuthorHouse, p. 514.
  96. 96,0 96,1 96,2 96,3 96,4 96,5 NHL (2010) Official Guide & Record Book, p. 217
  97. www.legendsofhockey.net (ed.). "Legends of Hockey -- Silverware -- 1969-70 Art Ross Trophy Winner -- Orr, Bobby". Consultado o 24 xaneiro de 2011. 
  98. www.hockeydb.com (ed.). "1973-74 NHL League Leaders". Consultado o 16 de decembro de 2010. 
  99. 99,0 99,1 NHL (2010) Official Guide & Record Book, p. 157
  100. www.hockeydb.com (ed.). "1973-74 National Hockey League standings". Consultado o 16 de decembro de 2010. 
  101. NHL (2010) Official Guide & Record Book, p. 250
  102. www.legendsofhockey.net (ed.). "Phil Esposito Career Statistics". Consultado o 16 de decembro de 2010. 
  103. sportsillustrated.cnn.com (ed.). "Bye-bye Boston, Chicago Buys". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2010. Consultado o 23 de decembro de 2010. 
  104. www.nhl.com (ed.). "NHL records for most points and fewest losses still held by 1976-77 Habs". Consultado o 9 de xaneiro de 2011. 
  105. www.hockeydb.com (ed.). "1976-77 NHL Playoff Results". Consultado o 9 de xaneiro de 2011. 
  106. www.nhl.com (ed.). "This Date in Playoff History: May 21". Consultado o 9 de xaneiro de 2011. 
  107. canadiens.nhl.com (ed.). "Flashback Canadiens-Bruins: 1979". Consultado o 12 de xaneiro de 2011. 
  108. www.shrpsports.com (ed.). "1990-91 Boston Bruins (44-24-12)". Consultado o 23 de xaneiro de 2011. 
  109. www.shrpsports.com (ed.). "1991-92 Boston Bruins (36-32-12)". Consultado o 23 de xaneiro de 2011. 
  110. NHL (2010) Official Guide & Record Book, p. 233.
  111. www.legendsofhockey.net (ed.). "Ray Bourque Biography". Consultado o 23 de xaneiro de 2011. 
  112. www.legendsofhockey.net (ed.). "Legends of Hockey -- Silverware -- 1993-94 James Norris Memorial Trophy Winner -- Bourque, Ray". Consultado o 6 de febreiro de 2011. .
  113. "HOCKEY - Sullivan Earns a Tie for Devils".  |auteur= |editor= www.nytimes.com |data= 2 de febreiro de 1997}}.
  114. Tarik El-Bashir (10 de marzo de 1999). www.nytimes.com, ed. "N.H.L. ROUNDUP - LaChance Gets Lost In Shuffle". .
  115. www.legendsofhockey.net (ed.). "Legends of Hockey -- The Legends -- Honoured Player -- Bourque, Raymond -- Biography". Consultado o 6 de febreiro de 2011. 
  116. Jason Diamos (7 de marzo de 2000). www.nytimes.com, ed. "HOCKEY - The Bruins and Bourque Go Their Separate Ways". .
  117. www.hockeyhebdo.com (ed.). "Hockey sur glace - NHL: Loterie du repêchage". Consultado o 17 de xuño de 2011. 
  118. Abigail Seaver (30 de xuño de 2010). Boston Bruins, ed. "Bruins NHL Draft Party". 
  119. Boston Bruins, ed. (22 de xuño de 2010). "B's Acquire Horton, Campbell". 
  120. www.nhl.com (ed.). "NHL to open '10-11 in Helsinki, Stockholm, Prague". Consultado o 21 de xaneiro de 2011. .
  121. NHL.com (ed.). "Matchs de la saison 2010-2011 pour Tim Thomas". Consultado o 17 de xuño de 2011. 
  122. www.nhl.com (ed.). "Caps let lead slip before battling past Bruins". Consultado o 18 de xuño de 2011. 
  123. www.nhl.com (ed.). "Bruins 4, Lightning 3". Consultado o 18 de xuño de 2011. 
  124. "NHL Division Standings after Jan 9 in 2010-11 season".  |editor=www.shrpsports.com |accessdate=18 de xuño de 2011}}
  125. Boston Bruins (ed.). "2010-2011 Regular Season - Boston Bruins - Statistics". Consultado o 17 de xuño de 2011. 
  126. Boston Bruins, ed. (15 de febreiro de 2011). "Bruins Acquire Kelly From Senators". 
  127. Boston Bruins, ed. (18 de febreiro de 2011). "B's Acquire Peverley, Valabik from Atlanta". 
  128. Boston Bruins, ed. (18 de febreiro de 2011). "Bruins Acquire Kaberle from Toronto". 
  129. NHL.com, ed. (2 de abril de 2011). "Bruins clinch Northeast title on Ryder penalty shot". 
  130. John Bishop (25 de abril de 2011). Boston Bruins, ed. "Chara is a Norris Finalist". 
  131. Shawn P. Roarke (23 de abril de 2011). NHL.com, ed. "Bruins beat Habs in double overtime". 
  132. "Habs edge Bruins 2-1, push series to seven games". |editor=NHL.com|data=27 de abril de 2011|autor=Shawn P. Roarke}}
  133. Shawn P. Roarke (28 de abril de 2011). NHL.com, ed. "Bruins beat Habs 4-3 in OT to win Game 7 ". 
  134. Shawn P. Roarke (7 de maio de 2011). NHL.com, ed. "Bruins make amends, finish sweep of Flyers". 
  135. Shawn P. Roarke (17 de maio de 2011). NHL.com, ed. "Bruins hold off Lightning 6-5 to even series". 
  136. Shawn P. Roarke (27 de maio de 2011). NHL.com, ed. "Bruins win 'perfect' Game 7, advance to Cup Final". 
  137. {{cita web |url= http://bruins.nhl.com/club/news.htm?id=563988 |título= B's Want to Take Advantage of their Opportunity |autor= John Bishop |editor= Boston Bruins |data=27 de maio de 2011}.
  138. Dan Rosen (2 de xuño de 2011). NHL.com, ed. "Late goal gives Canucks 1-0 win in Game 1". 
  139. Dave Lozo (5 de xuño de 2011). NHL.com, ed. "Burrows scores :11 into OT, Canucks lead 2-0". 
  140. Dan Rosen (11 de xiño de 2011). NHL.com, ed. "Canucks win Game 5, one win away from Cup". 
  141. Dan Rosen (13 de xuño de 2011). NHL.com, ed. "Bruins chase Luongo, force Game 7 with 5-2 win". 
  142. Dan Rosen (15 de xuño de 2011). NHL.com, ed. "Bruins win Cup by blanking Canucks 4-0 ". 
  143. RDS.ca, ed. (15 de xuño de 2011). "Tim Thomas remporte le Conn Smythe". 
  144. www.nhl.com (ed.). "2011 NHL Awards winners". Consultado o 22 de xuño de 2011. 
  145. (en inglés) Triple Gold Club no IIHF
  146. Deals next for sinking B's?
  147. Bruins experiencing historic 'Stanley Cup hangover'

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Booth, Clarke. Tehabi Books, ed. Boston Bruins: Celebrating 75 Years. ISBN 0-7607-1126-7. 
  • Brown, William (2006). Vehicule Press, ed. The Montreal Maroons: The Forgotten Stanley Cup Champions (en inglés). ISBN 978-1550651287. 
  • Coleman, Charles L. (1969). Kendall-Hunt, ed. Trail of the Stanley Cup, Vol II. (en inglés). p. 912. ISBN 0840329415. 
  • Cusick, Fred (2006). Sports Publishing LLC, ed. Fred Cusick: voice of the Bruins (en inglés). p. 214. ISBN 978-1582619811. 
  • Dryden, Steve (2001). Mcclelland & Stewart Ltd, ed. The Hockey News Century of Hockey: A Season-Byseason Celebration (en inglés). ISBN 0-7710-4180-2. 
  • Duplacey, James (1998). Total Sports, ed. Total Hockey: The Official Encyclopedia of the National Hockey League (en inglés). ISBN 978-0836271140. 
  • Fischler, Stan. Sports Masters, ed. Boston Bruins: Greatest Moments and Players. ISBN 1-58261-374-5. 
  • Fischler, Stan; Fischler, Shirley (2003). Andrews McMeel Publishing, ed. Who's Who in Hockey (en inglés). p. 480. ISBN 978-0740719042. 
  • Holzman, Morey; Nieforth, Joseph (2002). Dundurn Press Ltd., ed. Deceptions and doublecross: how the NHL conquered hockey (en inglés). p. 392. ISBN 978-1550024135. 
  • Hornby, Lance (2005). Modus Vivendy, ed. Les grands moments du Hockey (en francés). ISBN 2-89523-337-3. 
  • Keene, Kerry (2003). Sports Publishing LLC, ed. Tales from the Boston Bruins (en inglés). p. 200. ISBN 978-1582615653. 
  • McFarlane, Brian (1989). Deneau Publishers, ed. One hundred years of hockey (en inglés). ISBN 0888792166. 
  • McFarlane, Brian (1999). Stoddart Publishing Co. Ltd, ed. The Bruins - (Original Six) (en inglés). ISBN 0-7737-3189-X. 
  • Moran, Jay (2009). AuthorHouse, ed. The Rangers, the Bruins, and the End of an Era (en inglés). p. 644. ISBN 978-1438989006. 
  • National Hockey League (2010). Triumph books, ed. Official Guide & Record Book / 2010 (en inglés). p. 664. ISBN 978-1-60078-303-6. NHLrecords. 
  • Nichols, John (2003). The Creative Company, ed. The History of the Boston Bruins (en inglés). p. 32. ISBN 978-1583412756. 
  • Simpson, Rob; Babineau, Steve. Wiley Publishing, ed. Black and Gold: Four Decades of the Boston Bruins in Photographs. ISBN 0-470-15473-X. 
  • Strachan, Al (2000). Hurtubise HMH ltée, ed. Cent ans de hockey (en francés). ISBN 2-89428-439-X. 
  • Vautour, Kevin (2003). Raincoast Books, ed. The Boston Bruins Book: The Most Complete Boston Bruins Book Ever Published (en inglés). ISBN 1-55022-334-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]