Henry Fox Talbot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Henry Fox Talbot
William Henry Fox Talbot, by John Moffat, 1864.jpg
Fox Talbot, por John Moffat, 1864.
Nome completoWilliam Henry Fox Talbot
Data de nacemento11 de febreiro de 1800
Lugar de nacementoMelbury, Dorset Inglaterra
Data de falecemento17 de setembro de 1877
Lugar de falecementoLacock, Wiltshire Inglaterra
CónxuxeConstance Fox Talbot
editar datos en Wikidata ]

William Henry Fox Talbot, nado o 11 de febreiro de 1800 en Melbury, Dorset e finado o 17 de setembro de 1877 en Lacock, Wiltshire, foi un inventor e fotógrafo pioneiro británico que inventou o proceso do calotipo, un precursor dos procesos fotográficos dos séculos XIX e XX. Talbot foi tamén un destacado fotógrafo que realzou grandes contribucións ao desenvolvemento da fotografía como un medio artístico. O seu traballo nos anos 1840 na reprodución fotomecánica levou á creación do proceso de gravación fotoglífico, o precursor do fotogravado. Talbot temén é recordado como o titular dunha patente que, dalgún xeito, afectou ao desenvolvemento inicial da fotografía comercial no Reino Unido. Ademais, realizou algunhas das primeiras fotografías importantes de Oxford, París, Reading e York.