Saltar ao contido

Dune (filme de 2021)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dune
Logotipo
 Instancia de
 Título
Dune (en)
DUNE (ja) Editar o valor en Wikidata
 Baseado en
 Inspirado na obra de
 Lingua orixinal
 Imaxe tomada con
Obras e produtos
 Formato de distribución
 Franquía de medios
 Cor
 Formato de imaxe
 Ambientado en
 Universo ficticio
 Personaxes
Implicados
 Autor/a
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
Organizacións
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Economía e industria
Custo165000000 $ Editar o valor en Wikidata
Recadación401847900 $ Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
13 de outubro de 2021 (Indonesia, Filipinas, Tailandia)
21 de outubro de 2021 (Hungría, Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Croacia, Chipre, República Checa, O Salvador, Guatemala, Honduras, Irlanda, Israel, México, Nicaragua, Panamá, Perú, Portugal)
14 de outubro de 2021 (Grecia, Malaisia)
15 de outubro de 2021 (Ghana, Nixeria, Xapón, Vietnam)
22 de outubro de 2021 (Estados Unidos de América)
20 de outubro de 2021 (Corea do Sur)
15 de setembro de 2021 (Bélxica, Francia, Luxemburgo, Noruega, Suíza, Suecia)
3 de setembro de 2021 (Bienal de Venecia)
23 de setembro de 2021 (Bahrain, Exipto, Kuwait, Líbano, Omán, Qatar, Arabia Saudita, Emiratos Árabes Unidos, Iraq)
17 de setembro de 2021 (Austria, Estonia, Finlandia, Islandia, Letonia, Lituania, España)
2 de decembro de 2021 (Australia)
16 de setembro de 2021 (Alemaña, Azerbaidján, Dinamarca, Italia, Hong Kong, Kazakhstán, Países Baixos, Rusia, Singapur, Taiwán, Ucraína) Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Parte da serie
 Sucedido por
Dimensións
Duración155 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
Recoñecemento
 Nomeamentos
 Puntuación da crítica
8.0/10 Internet Movie Database (21 de febreiro de 2026)
3.5/5 eiga.com (en) Traducir (6 de agosto de 2025)
74/100 Metacritic (10 de xullo de 2023)
83% Rotten Tomatoes (29 de novembro de 2022)
7.6/10 Rotten Tomatoes (28 de maio de 2022) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF8558164298409708630001 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0006-1ECB-0000-A-0000-0000-7 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt1160419 Filmaffinity: 847055 Allocine: 133392 Rottentomatoes: m/dune_2021 Mojo: wbevent2020 Allmovie: v720153 Metacritic: movie/dune-part-one
Facebook: dune Twitter: dunemovie Instagram: dunemovie Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Dune (titulado en pantalla Dune: Part One) é un filme de ciencia ficción de 2021 dirixido por Denis Villeneuve e escrito por Eric Roth, Jon Spaihts e o propio Villeneuve.[1] É unha coprodución internacional dos Estados Unidos, o Reino Unido, o Canadá e Hungría e constitúe a primeira entrega de dous filmes baseados nunha nova versión revisada fiel á novela homónima de 1965 de Frank Herbert.[2][3]

Está protagonizada por Timothée Chalamet, Rebeca Ferguson, Oscar Isaac, Josh Brolin, Stellan Skarsgård, Dave Bautista, Stephen McKinley Henderson, Zendaya, David Dastmalchian, Chang Chen, Sharon Duncan-Brewster, Charlotte Rampling. Jason Momoa e Javier Bardem.

A rodaxe deu inicio o 18 de marzo de 2019 nos estudos Origo Filme de Budapest así como en Xordania. A súa estrea nos Estados Unidos foi anunciada inicialmente para o 20 de novembro de 2020 en 3D e IMAX.[4] Debido á pandemia do coronavirus pospúxose para o 18 de decembro do mesmo ano.[5] Con todo, posteriormente anunciouse o seu atraso até o 1 de outubro de 2021, así como a súa estrea simultánea en salas e na plataforma de streaming HBO Max.[6][7] Finalmente decidiuse atrasar a chegada de Dune tres semanas máis, ao 22 de outubro, sendo a súa proxección internacional programada con máis dun mes de antelación á estrea estadounidense, a partir do 15 de setembro.[8] A premier foi presentada o 3 de setembro de 2021 na 78ª edición do Festival Internacional de Cine de Venecia.[9][10][11]

Tras a súa distribución, Legendary Pictures confirmou que Dune: Part Two sería dirixida de novo por Denis Villeneuve e protagonizada por Timothée Chalamet e Zendaya. A estrea desta segunda parte está programada para outubro de 2023.[12]

En 10191, o duque Leto da Casa Atreides, gobernante do planeta oceánico Caladan, é asignado polo emperador Padishah Shaddam Corrino IV para substituír a Casa Harkonnen como gobernante do feudo de Arrakis. Arrakis é un inhóspito planeta desértico e a única fonte de "especia", unha valiosa substancia que estende a vitalidade humana e é fundamental para as viaxes interestelares. En realidade, Shaddam ten a intención de que a Casa Harkonnen organice un golpe para recuperar o planeta coa axuda das tropas Sardaukar do Emperador, erradicando a Casa Atreides, cuxa influencia ameaza o control de Shaddam. Leto está preocupado, pero ve a posibilidade de aliarse coa poboación nativa de Arrakis, os Fremen, como o primeiro paso para aumentar a posición dos Atreides no Landsraad, o corpo político que representa todas as casas nobres.

A concubina de Leto, Lady Jessica, é unha acólita de Bene Gesserit, unha irmandade exclusiva que exerce habilidades físicas e mentais avanzadas. Aínda que Jessica recibiu instrucións da Bene Gesserit de ter unha filla cuxo fillo se convertería no mesiánico Kwisatz Haderach, por amor a Leto tivo en cambio un fillo, Paul. Ao longo da súa vida, Paul é adestrado polos axudantes de Leto, Duncan Idaho, Gurney Halleck e o Mentat Thufir Hawat, mentres que Jessica adestra a Paul nas disciplinas Bene Gesserit. Paul confíalles a Jessica e Duncan que está preocupado por visións do futuro. Debido á súa presciencia en desenvolvemento, a Reverenda Nai Gaius Helen Mohiam chega a Caladan e somete a Paul a unha proba mortal para avaliar o seu control de impulsos, que supera. Máis tarde, Mohiam transmite ao patriarca da Casa, o barón Vladimir Harkonnen, a necesidade de que perdoe a Paul e Jessica durante o seu golpe, accedendo este de forma enganosa.

A Casa Atreides chega a Arrakeen, o bastión de Arrakis que antes estaba nas mans da Casa Harkonnen, onde Idaho e un grupo de avanzada estiveron aprendendo sobre o seu mundo e os Fremen. Leto negocia con Stilgar, o cacique dos Fremen, e atópase coa doutora Liet-Kynes, planetóloga e xuíza imperial. Kynes informa a Leto, Paul e Halleck sobre os perigos da recolección de especia, incluídos os vermes de area xigantes que viaxan baixo o deserto. Durante un voo, ven un verme de area que se achega a un recolledor de especia activo coa tripulación varada. Esta é rescatada antes de que o verme da area a trague. A exposición de Paul ao aire cargado de especia provoca intensas premonicións.

Despois dun atentado contra a vida de Paul por parte dun axente Harkonnen, Leto pon os seus soldados en alerta máxima. O Doutor Suk Wellington Yueh desactiva os escudos protectores de Arrakeen e permite que as tropas Harkonnen e Sardaukar atafeguen as forzas Atreides. Yueh incapacita a Leto e dille que fixo un trato para entregalo ao barón a cambio da súa esposa capturada. Yueh substitúe un dos dentes de Leto por unha cápsula de gas velenoso e morre despois de entregar o Duque en mans do barón. Leto libera o gas velenoso, matando os membros da corte do barón e a si mesmo, pero o barón sobrevive. Idaho escapa e rouba un ornitóptero, pero Paul e Jessica son capturados. Os Harkonnen lévanos ao deserto para morrer, pero domínanos usando a "Voz". Ao atopar un equipo de supervivencia que Yueh lles deixou, Paul e Jessica pasan a noite nunha tenda de campaña. Paul experimenta visións dunha próxima "guerra santa" que se estende por todo o universo baixo o seu nome.

O barón entrega o mando de Arrakis ao seu sobriño Rabban e ordénalle vender reservas de especia e reiniciar a produción para remunerar o custo do golpe. Paul e Jessica son atopados por Idaho e Kynes e diríxense a unha antiga estación de investigación, pero os Sardaukar localízaos rapidamente. Duncan e varios Fremen sacrifícanse para permitir que Jessica, Paul e Kynes escapen das instalacións. Kynes, emboscada polas tropas de Sardaukar, atrae un verme das areas que os devora xunto con ela. Paul e Jessica chegan ao deserto profundo e atópanse cos Fremen, entre eles Stilgar e Chani, a moza das visións de Paul. O guerreiro Fremen Jamis protesta pola súa admisión e morre a mans de Paul nun duelo ritual a matar. Contra os desexos de Jessica, Paul únese aos Fremen coa intención de traer a paz a Arrakis.[13][14][15]

Produción

[editar | editar a fonte]
  • Timothée Chalamet como Paul Atreides, o herdeiro ducal da Casa Atreides.
  • Rebecca Ferguson como Lady Jessica, nai de Paul e consorte do duque Leto.
  • Oscar Isaac como Duque Leto Atreides, pai de Paul e duque da Casa Atreides outorgado coa custodia de Arrakis.
  • Josh Brolin como Gurney Halleck, o mestre de armas da Casa Atreides e un dos mentores de Paul.
  • Stellan Skarsgård como Barón Vladimir Harkonnen, Barón da Casa Harkonnen, inimigo da Casa Atreides e antigo administrador de Arrakis.
  • Dave Bautista como Glossu Rabban, o sobriño do barón Harkonnen.
  • Stephen McKinley Henderson como Thufir Hawat, o Mentat da Casa Atreides.
  • Zendaya como Chani, unha misteriosa moza Fremen que aparece nas visións de Paul.
  • David Dastmalchian como Piter De Vries, o Mentat da Casa Harkonnen.
  • Chang Chen como Dr. Wellington Yueh, un doutor Suk doctor ao servizo da Casa Atreides.
  • Sharon Duncan-Brewster como Dr. Liet-Kynes, o ecoloxista imperial e xuíz do cambio en Arrakis.
  • Charlotte Rampling como Gaius Helen Mohiam
  • Jason Momoa como Duncan Idaho, o mestre da espada da casa Atreides e un dos mentores de Paul.
  • Javier Bardem como Stilgar, o líder da tribo Fremen en Sietch Tabr.
  • Babs Olusanmokun como Jamis, un Fremen de Sietch Tabr.
  • Benjamin Clementine como Herald of the Change, xefe dunha delegación imperial en Caladan
  • Golda Rosheuvel como Shadout Mapes, unha Fremen que traballa como empregada do fogar da Casa Atreides.
  • Roger Yuan como Tenente Lanville, segundo ao mando de Gurney Halleck.[16]

O 12 de xullo de 2018 informouse que a produción de Dune se iniciaría no mes de febreiro de 2019, tendo lugar nos estudos Orgio Filme, en Budapest (Hungría), onde Villeneuve rodou a súa anterior película, Blade Runner 2049.[17] Case unha semana despois confirmouse que Timothée Chalamet se atopaba en negociacións para protagonizar as dúas partes da biloxía do director canadense.[18] O 26 do mesmo mes, e segundo un chío de Brian Herbert, confirmábase que o director preparaba dous filmes ambientados no desértico planeta Arrakis.[19]

Hans Zimmer, encargado da banda sonora do filme.

Hans Zimmer foi elixido como responsable da banda sonora da película.[20][21] Zimmer afirmou que iniciou a composición de Dune cerca do comezo da produción da película en marzo de 2019.[22] O compositor traballara xa con Villeneuve en Blade Runner 2049. Previamente á súa elección, o director británico Christopher Nolan dirixiuse a Zimmer para compor a que sería a súa próxima película, Tenet, pero este último optou por Dune xa que declarou que lle encantaba o libro.[23]

A música de fondo incluída no primeiro tráiler oficial foi o clásico tema de Pink Floyd de 1973 Eclipse, con arranxos de Zimmer.[24]

Wadi Rum, Xordania, localización en exteriores do set de rodaxe.

A produción deu inicio o 18 de marzo de 2019 nos estudos Origo Filme de Budapest, así como en Xordania.[25][4]

O 20 de xullo de 2019 finalizou a rodaxe da primeira película do libro.[26]

Segundo un informe de Deadline do 18 de xuño de 2020, o equipo de rodaxe preparouse para realizar filmacións adicionais durante agosto en Europa: «O equipo planea regresar a Budapest, Hungría, onde se filmou a película en 2019 nos Origo Filme Studios». A mesma revista confirmou que a refilmación «non causará un atraso e Dune estrearase a tempo na data que segue prevista para os Estados Unidos, o 18 de decembro».[27] Finalmente, a data do trinque foi cambiada para o 2021 por outras razóns alleas á rodaxe.

Estrea internacional

[editar | editar a fonte]

En maio de 2021, Variety informou que Dune estaba en conversacións para realizar a súa estrea mundial no Festival Internacional de Cine de Venecia.[28] A través dun novo informe da mesma revista especulouse que a adaptación tería un lanzamento exclusivo en cines, sendo isto desmentido pouco despois.[29][30] O 17 de xuño confirmouse que Dune sería presentada na 78ª edición do Festival de Cine de Venecia fóra de competición.

A premier da película proxectouse o venres 3 de setembro na Sala Grande do Palacio do cine no Lido de Venecia.[9][10][11] Tres días despois estreouse nunha proxección especial en Le Grand Rex en París, Francia.[31]

Recepción

[editar | editar a fonte]

Tras o seu premier no Festival de Cine de Venecia, Dune recibiu unha acollida xeralmente positiva por parte dos críticos, pero dividiu a algúns deles.[32][33] Na páxina web de críticas e recensións Rotten Tomatoes a película obtivo un índice de aprobación do 83% sobre unha base de 436 recensións, cunha cualificación media de 7.6/10. O consenso dos críticos da páxina web di: "Dune loita ocasionalmente co seu complexo material orixinal, pero eses aspectos vense eclipsados en gran medida polo alcance e a ambición desta adaptación visualmente emocionante".[34] En Metacritic, a película obtivo unha puntuación media ponderada de 74 sobre 100, baseado en 66 críticas, o cal indica "críticas xeralmente favorables".[35] As audiencias enquisadas por CinemaScore déronlle á película unha cualificación media de "A–" nunha escala de A+ a F, mentres que PostTrak informou que os espectadores deron unha puntuación positiva do 84% (cunha cualificación media de 4.5 de 5 estrelas) e o 66% dixo que definitivamente a recomendaría.[36]

Premios e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Premio Día da cerimonia Categoría Destinatarios Resultado
American Filme Institute Awards 7 de xaneiro de 2022 As dez mellores películas do ano Dune Gañador
Hollywood Music in Media Awards 17 de novembro de 2021 Mellor banda sonora orixinal nunha película de ciencia ficción/fantasía Hans Zimmer Gañador
National Board of Review 3 de decembro de 2021 As dez mellores películas de 2021 Dune Gañador
Washington D.C. Area Filme Critics Association Awards 6 de decembro de 2021 Mellor director Denis Villeneuve Nomeado
Mellor guión adaptado Jon Spaihts, Denis Villeneuve e Eric Roth Nomeado
Mellor fotografía Greig Fraser Gañador
Mellor deseño de produción Patrice Vermette, Richard Roberts e Zsuzsanna Sipos Gañador
Mellor edición Joe Walker Nomeado
Mellor partitura Hans Zimmer Gañador
Atlanta Filme Critics Circle Awards 6 de decembro de 2021 Mellor película Dune Décimo lugar
Mellor partitura Hans Zimmer Gañador
Premios Satellite 5 de xaneiro de 2022 Mellor película/drama Dune Pendente
Mellor director Denis Villeneuve
Mellor guión adaptado Denis Villeneuve, Eric Roth e Jon Spaihts
Mellor fotografía Greig Fraser
Mellor montaxe cinematográfica Joe Walker
Mellor dirección de arte e deseño de produción Patrice Vermette, Richard Roberts e Zsuzsanna Sipos
Mellor deseño de vestiario Jacqueline West
Mellor partitura orixinal Hans Zimmer
Mellor son (edición e mestura) Mac Ruth, Mark A. Mangini, Theo Green, Doug Hemphill e Ron Bartlett
Mellores efectos visuais Paul Lambert, Tristan Myles, Brian Connor e Gerd Nefzer
Premios Grammy 31 de xaneiro de 2022 Mellor álbum de banda sonora para medio visual Hans Zimmer[37] Pendente

O 12 de abril de 2021, o guionista Eric Roth declarou que escribira un tratamento completo para a posible secuela, e en agosto do mesmo ano, Villeneuve avanzaba que Zendaya, que dá vida a Chani, se poría á fronte da repartición na segunda parte, aínda que non se confirmara oficialmente.[38][39]

Finalmente, e tras diversos rumores e especulacións, o 26 de outubro de 2021 Legendary Pictures e Warner Bros. confirmaron Dune: Part Two, establecendo a súa data de estrea para o 20 de outubro de 2023.[12]

Hans Zimmer volveu compor a banda sonora da película, e próximo ao momento en que se deu luz verde á segunda parte, xa completara unha hora e media de música nova para axudar a inspirar a Villeneuve a preparala.[40][41]

Triloxía

[editar | editar a fonte]

Nunha entrevista, Villeneuve non descartou que Dune chegase a ser unha triloxía, baseándose na novela de Herbert Dune Messiah para Dune: part 3.[42][43]

Noutros medios

[editar | editar a fonte]

Serie de televisión

[editar | editar a fonte]

O 10 de xuño de 2019 deuse a coñecer que, xunto á película, Legendary Television produciría unha serie de televisión para o servizo de streaming de WarnerMedia, HBO Max, cuxo título sería Dune: The Sisterhood. A serie centraríase na irmandade Bene Gesserit e serviría como precursor da película. Villeneuve dirixiría o episodio piloto con Spaihts escribindo o guión, sendo ambos os produtores executivos xunto a Brian Herbert.[44][45][46] Con todo, o 6 de novembro de 2019 informouse que Spaihts abandonaba o proxecto por desacordos coa produtora Legendary Television.[47] O 23 de xullo de 2021, notificouse que a serie precursora atopara un novo autor-produtor, Diane Ademu-John.[48]

Videoxogos

[editar | editar a fonte]

O 27 de febreiro de 2019, informouse que a empresa de videoxogos Funcom alcanzara un acordo en exclusiva con Legendary Studios para desenvolver xogos baseados nas obras literarias de Frank Herbert.[49]

  1. "Dune: First 10 minutes previewed (SPOILERS)". 2021-07-21.
  2. Gimeno, Santiago (5 de xuño de 2019). "La adaptación de 'Dune' de Denis Villeneuve respetará al máximo la novela de Frank Herbert". sensacine.com. Consultado o 7 de xuño de 2019.
  3. Davids, Brian (21 de xuño de 2019). "Why Dave Bautista Risked His Career to Defend James Gunn" (en inglés). The Hollywood Reporter. Consultado o 23 de xuño de 2019.
  4. 1 2 "Cameras Roll on Warner Bros. Pictures and Legendary Entertainment’s Epic Adaptation of “Dune”" (en inglés). Business Wire. 18 de marzo de 2019. Consultado o 18 de marzo de 2019.
  5. D'Alessandro, Anthony (2 de agosto de 2019). "Warner Bros. Dates Baz Luhrmann Elvis Presley Movie, Shifts Dune & More". Deadline Hollywood. Consultado o 2 de agosto de 2019.
  6. Albertini (5 de outubro de 2020). "'Dune' se retrasa: la prometedora película de Denis Villeneuve no llegará a los cines hasta otoño de 2021". Espinof. Consultado o 5 de outubro de 2020.
  7. Tones, John (3 de decembro de 2020). "'Dune', 'Matrix 4' y el resto del catálogo de Warner de 2021 se estrenarán simultáneamente en streaming en HBO Max y en cines". Xataka. Consultado o 4 de decembro de 2020.
  8. "Warner vuelve a retrasar varias semanas el estreno de ‘Dune’". Cinemanía. 26 de xuño de 2021. Consultado o 26 de xuño de 2021.
  9. 1 2 "Villeneuve presentará su nueva película "Dune" en el Festival de Venecia". SWI swissinfo.ch. 17 de xuño de 2021. Consultado o 17 de xuño de 2021.
  10. 1 2 "Dune, by director Denis Villeneuve, to have world premiere at the 78th Venice Film Festival". La Biennale di Venezia 2021. Consultado o 3 de setembro de 2021.
  11. 1 2 Martínez, Luis (3 de setembro de 2021). "Y 'Dune', por fin, se hizo carne y habitó entre los clásicos". El Mundo. Consultado o 3 de setembro de 2021.
  12. 1 2 Pinedo, Ebenizer (26 de outubro de 2021). "‘Dune 2’ ya es oficial: Legendary confirma la segunda parte de la película de Denis Villeneuve". Hipertextual. Consultado o 26 de outubro de 2021.
  13. "Dune de Denis Villeneuve se estrenará en noviembre de 2020". Europa Press. 17 de febreiro de 2019. Consultado o 17 de febreiro de 2019.
  14. Vega Garrandés, Cristina (18 de marzo de 2019). "Sinopsis oficial de 'Dune' de Denis Villeneuve para celebrar el comienzo del rodaje". sensacine.com. Consultado o 18 de marzo de 2019.
  15. Martín, Cynthia (16 de abril de 2019). "Jason Momoa dice que 'Dune' es mucho "más grande" que 'Juego de tronos' o 'Aquaman'". Fotogramas. Consultado o 18 de abril de 2019.
  16. Gabriel, Marcus (23 de marzo de 2021). "Roger Yuan Reveals His Role in Dune Movie Sequel". DuneNewsNet.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2021. Consultado o 23 de marzo de 2021.
  17. Consuegra, Mario (12 de xullo de 2018). "Denis Villeneuve comenzará la producción de Dune en febrero de 2019". cines.com. Consultado o 12 de xullo de 2018.
  18. Arcones, Juan (17 de xullo de 2018). "Timothée Chalamet, en negociaciones para protagonizar el 'Dune' de Villenueve". Fotogramas. Consultado o 17 de xullo de 2018.
  19. "Confirmado: Denis Villeneuve adaptará ‘Dune’ en dos partes". Cinemanía. 24 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2019. Consultado o 26 de xullo de 2018.
  20. Moreno, Ismael (18 de marzo de 2019). "Hans Zimmer compondrá la banda sonora de Dune". Areajugones.es. Consultado o 18 de marzo de 2019.
  21. Lipworth, Elaine (17 de xullo de 2019). "Hans Zimmer no trabajará con Christopher Nolan por primera vez en una década". Areajugones.es. Consultado o 18 de xullo de 2019.
  22. "Cameras Roll on Warner Bros. Pictures and Legendary Entertainment's Epic Adaptation of Dune". 18 de marzo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2019. Consultado o 18 de marzo de 2019.
  23. Barfield, Charles (16 de xullo de 2019). "Hans Zimmer Explains Why He Chose ‘Dune’ Over Christopher Nolan’s Latest & Says He Never Saw The David Lynch 1984 Film". The Playlist. Consultado o 30 de agosto de 2019.
  24. González, Alberto (10 de setembro de 2020). "Dune: el tráiler de la película esconde un guiño a la versión fallida de Alejandro Jodorowsky". Vandal. Consultado o 11 de setembro de 2020.
  25. Mcnary, Dave (15 de febreiro de 2019). "Denis Villeneuve’s ‘Dune’ Gets November 2020 Release Date" (en inglés). Variety. Consultado o 15 de febreiro de 2019.
  26. Preston, Richard E. (24 de xullo de 2019). "Dune movie wraps production, “Dune: The Sisterhood” gets a showrunner" (en inglés). FanSided. Consultado o 25 de xullo de 2019.
  27. Quinteros, Paulo (18 de xuño de 2020). "La primera película de Dune tendrá refilmaciones en agosto". La Tercera. Consultado o 18 de xuño de 2020.
  28. Luna, Mishel (14 de maio de 2021). "Dune podría estrenarse en el Festival de Cine de Venecia". Tomatazos. Consultado o 15 de maio de 2021.
  29. Terracota, Sofi (17 de maio de 2021). "Dune tendrá lanzamiento exclusivo en cines". Tomatazos. Consultado o 18 de maio de 2021.
  30. Cazallas, Javier (19 de maio de 2021). "Una ejecutiva de Warner desmiente que Dune se vaya a estrenar antes en cines que en HBO Max". Hobbyconsolas. Consultado o 19 de maio de 2021.
  31. "‘Dune’ de Denis Villeneuve llegó a París". Revista Única. 6 de setembro de 2021. Consultado o 7 de setembro de 2021.
  32. Lewis, Isobel (5 de xaneiro de 2021). "Dune: Critics divided over Denis Villeneuve’s ‘dazzling’ and ‘boring’ sci-fi adaptation". Consultado o 8 de xaneiro de 2021.
  33. Nedd, Alexis (4 de setembro de 2021). "The first 'Dune' reviews are up. Here's what critics have to say.".
  34. "Dune". Rotten Tomatoes. Consultado o 10 de decembro de 2021.
  35. "Dune". Metacritic. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2021. Consultado o 10 de decembro de 2021.
  36. Anthony D'Alessandro (22 de outubro de 2021). "'Dune' Shifting Between $30M-$32M Opening Weekend – Friday Midday Box Office Update".
  37. Lewis, Hilary (23 de novembro de 2021). "Grammys: Jon Batiste Tops With 11 Nominations as Recording Academy Expands General Field Categories". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2021.
  38. Serrano, Alejandro (12 de abril de 2021). "El coguionista de “Dune” Eric Roth habla sobre la adaptación: «Espectacular»". Fantasymundo. Consultado o 13 de abril de 2021.
  39. "Zendaya será la protagonista de 'Dune 2', según Denis Villeneuve". Fotogramas. 17 de agosto de 2021. Consultado o 17 de agosto de 2021.
  40. "Hans Zimmer to Return for Denis Villeneuve's 'Dune: Part Two'". 26 de outubro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2021.
  41. Desowitz, Bill (20 de outubro de 2021). "'Dune': How Composer Hans Zimmer Invented a Retro-Future Musical Sound for the Arrakis Desert Planet". Consultado o 30 de outubro de 2021.
  42. "Denis Villeneuve no descarta que ‘Dune’ sea unha trilogía". Cinemanía. 22 de agosto de 2021. Consultado o 23 de agosto de 2021.
  43. "No hay dos sin tres: Denis Villeneuve quiere hacer "al menos tres" películas de 'Dune'". Cinemanía. 28 de outubro de 2021. Consultado o 28 de outubro de 2021.
  44. "Denis Villeneuve prepara una serie de ‘Dune’ para expandir el universo de ciencia ficción". La Vanguardia. 11 de xuño de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2019.
  45. Goldberg, Lesley (10 de xuño de 2019). "'Dune: The Sisterhood' TV Series a Go at WarnerMedia" (en inglés). The Hollywood Reporter. Consultado o 10 de xuño de 2019.
  46. Otterson, Joe (10 de xuño de 2019). "‘Dune’ Series Ordered at WarnerMedia Streaming Service, Denis Villeneuve to Direct" (en inglés). Variety. Consultado o 10 de xuño de 2019.
  47. "‘Dune: The Sisterhood’ se queda sin showrunner". Cinemanía. 6 de novembro de 2019. Consultado o 7 de novembro de 2019.
  48. "La serie precuela de ‘Dune’ encuentra su showrunner en ‘La mansión de Bly Manor’". Cinemanía. 23 de xullo de 2021. Consultado o 23 de xullo de 2021.
  49. Castellano, Álvaro (27 de febreiro de 2018). "Habrá, al menos, tres nuevos videojuegos sobre Dune". 3djuegos.com. Consultado o 27 de febreiro de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]