Saltar ao contido

Black Hawk Down

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Black Hawk Down
Hans Zimmer Editar o valor en Wikidata
 Título
Black Hawk Down Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Interpretado por
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
Ken Nolan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
Temática
 Tema principal
 Ambientado en
 Baseado en
 Inspirado na obra de
 Dedicado a
Publicación
 Data de publicación
28 de decembro de 2001 (Estados Unidos de América)
10 de outubro de 2002 (Alemaña)
2001
18 de decembro de 2001 Editar o valor en Wikidata
 País de orixe
 Produtor/a
 Produtor/a executivo
 Selo discográfico
 Recadación
172.989.651 $
108.638.745 $ Editar o valor en Wikidata
 Custo
92.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Formato de distribución
 Puntuación da crítica
7.0/10 Rotten Tomatoes (2 de marzo de 2025)
74/100 Metacritic (2 de marzo de 2025)
76% Rotten Tomatoes (2 de marzo de 2025) Editar o valor en Wikidata
 Nomeamentos
Óscar ó mellor director (12 de febreiro de 2002)
Óscar á mellor montaxe (12 de febreiro de 2002)
Óscar á mellor fotografía (12 de febreiro de 2002)
Óscar ó mellor son (12 de febreiro de 2002) Editar o valor en Wikidata
Dimensións
 Duración
2 horas e 23 minutos Editar o valor en Wikidata
Localizacións
 Localización rodaxe
Identificadores
ISAN0000-0000-40CC-0000-Q-0000-0000-X Editar o valor en Wikidata
VIAF196916959 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
IMDB: tt0265086 Filmaffinity: 104172 Allocine: 35144 Rottentomatoes: m/black_hawk_down Mojo: blackhawkdown Allmovie: v257740 TCM: 451096 Metacritic: movie/black-hawk-down TV.com: movies/black-hawk-down-2002 Netlix: 60022056 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Black Hawk Down é un filme estadounidense de 2001 gañador de 2 premios Óscar, mellor son e mellor montaxe, dun total de 4 participacións. Foi dirixido por Ridley Scott e escrito por Ken Nolan. O argumento baséase no libro homónimo de Mark Bowden que narra o feito real acontecido durante unha misión estadounidense de pacificación, con mandato da ONU, en Somalia, en 1993.

Durante outubro de 1993, soldados estadounidenses de elite, Rangers e Delta Force son enviados a Mogadixo, Somalia, como parte dunha operación de paz das Nacións Unidas: os cargamentos de alimentos enviados pola ONU son sistematicamente roubados polas milicias dos señores da guerra, notablemente Mohamed Farrah Aidid, o máis poderoso, que non dubidan en ametrallar a inocentes civís para conseguilo. O xeneral William F. Garrison (EEUU) está ao mando da operación que, segundo os seus asesores, non debería levar máis aló de dúas semanas, mais os final tarda máis tempo do debido, polo que Washington impaciéntase. Entón establécese unha nova misión, levada a cabo polas forzas Rangers e Delta dos Estados Unidos. O obxectivo é capturar a un grupo de guerrilleiros liderados por Aidid que promoven o estado de anarquía e con eles como reféns, negociar o fin da guerra civil. Cando empeza a misión todo parece ir ben; un grupo de helicópteros UH-60 Black Hawk e OH-6 Little Bird con membros dos Delta Force e dos Rangers abordo diríxese a Mogadixo, nun aparente estado de calma. Un espía infiltrado sobre o terreo indica onde se reúnen os personaxes a capturar. Pero a guerra urbana é un escenario complexo onde os helicópteros son gravemente vulnerables ao fogo desde edificios, especialmente ás granadas autopropulsadas (RPG).

Cando un dos soldados Rangers cae dun helicóptero, comezan seriamente os problemas. Un dos rebeldes logra impactar a un Black Hawk e derrúbao, outro dos helicópteros que acode ao rescate tamén é impactado. Con dous helicópteros derribados, a misión convértese nunha misión de rescate. É un escenario inesperado que se abre nun momento de graves problemas, xa que as milicias non só están ben armadas, senón que se confunden entre as masas de persoas. Soldados da ONU de Malaisia, Paquistán e EUA entran por terra ante a gravidade da situación. Vulnerables tamén ás granadas autopropulsadas e aos AK-47 das milicias, pronto se encontrarán con feridos e falecidos entre as súas filas.

Ao final convértese a misión nunha desesperada carreira contra reloxo para rescatar aos caídos, atrapados e feridos nunha cidade que se converteu en zona de combate mortal. Lograrán finalmente conducir os superviventes cara a salvación. Esgotados e feridos, son recibidos á entrada da zona segura (un estadio deportivo) por pícaros rindo que corren e xogan, paquistanís amables con bandexas de té e auga. Os refachos dos AK-47 aínda soan tras eles.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

75th Rangers

[editar | editar a fonte]

Delta Force

[editar | editar a fonte]

160th SOAR – Night Stalkers

[editar | editar a fonte]

Misceláneos

[editar | editar a fonte]
Ano Categoría Receptor(es) Resultado
2001 Mellor montaxe Pietro Scalia Gañador
2001 Mellor son Michael Minkler
Myron Nettinga
Chris Munro
Gañadores
2001 Mellor director Ridley Scott Nomeado
2001 Mellor fotografía Slawomir Idziak Nomeado
Ano Categoría Receptor(es) Resultado
2001 Mellor montaxe Pietro Scalia Nomeado
2001 Mellor fotografía Slawomir Idziak Nomeado
2001 Mellor son Chris Munro
Per Hallberg
Michael Minkler
Myron Nettinga
Karen M. Baker
Nomeados
  1. "Black Hawk Down" (en inglés). IMDb. Consultado o 28 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]