Seguindo o ronsel do sucedido en Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest , Will Turner (Orlando Bloom) e Elizabeth Swann (Keira Knightley) están aliados co capitán Barbossa (Geoffrey Rush), nunha busca desesperada para liberar o capitán Jack Sparrow (Johnny Depp) das mans de Davy Jones. Mentres, o terrorífico barco fantasma O holandés errante, baixo o control da East India Trading Company, causa estragos ó longo dos Sete Mares. Will e Elizabeth, navegando no medio da traizón, a felonía e mares salvaxes, deben seguir adiante rumbo a Singapur e enfrontarse ó astuto pirata chinés Sao Feng (Chow Yun-fat). Agora, nos mesmos confíns da Terra, todos eles deben elixir un bando na batalla final, xa que non só as súas vidas e fortunas, senón tamén o futuro da piratería clásica, pende dun fío.