Hans Morgenthau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Hans Morgenthau
Nome completoHans Joachim Morgenthau
Nacemento17 de febreiro de 1904
 Coburgo
Falecemento19 de xullo de 1980
 Nova York
NacionalidadeAlemaña
Alma máterInstituto Universitário de Altos Estudos Internacionais
Ocupaciónxuíz, politicólogo, escritor, filósofo e catedrático de universidade
PremiosGran Cruz da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña
editar datos en Wikidata ]

Hans Joachim Morgenthau, nado en Coburg o 17 de febreiro de 1904 e finado en Nova York o 19 de xullo de 1980, foi unha das grandes figuras do século XX no estudo da política internacional. A obra de Morgenthau pertence á tradición do realismo na teoría das relacións internacionais, e adoita ser considerado con George F. Kennan e Reinhold Niebuhr, un dos tres líderes realistas estadounidenses do período posterior á segunda guerra mundial. Morgenthau fixo importantes contribucións á teoría das relacións internacionais e ao estudo do dereito internacional. A súa obra Politics Among Nations, publicada por primeira vez en 1948, tivo cinco edicións durante a súa vida.

Morgenthau tamén escribiu amplamente sobre a política internacional e a política exterior dos Estados Unidos para publicacións como The New Leader, Commentary, Worldview, The New York Review of Books e The New Republic. Coñecía e mantiña correspondencia con moitos dos líderes intelectuais e escritores da súa época, como Reinhold Niebuhr,[1] George F. Kennan,[2] Carl Schmitt[3] e Hannah Arendt.[4][5] Nun punto a comezos da guerra fría, Morgenthau era conselleiro do Departamento de Estado dos Estados Unidos cando Kennan dirixía a Policy Planning Staff, e por segunda vez durante as administracións de Kennedy e Johnson ata que foi cesado por Johnson cando comezou a criticar publicamente a política estadounidense na guerra de Vietnam.[6] Durante a maior parte da súa carreira, non obstante, Morgenthau foi estimado como intérprete da política exterior dos Estados Unidos.[7]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Morgenthau naceu nunha familia xudía asquenací en Coburg (Alemaña) en 1904, e logo de asistir ao Casimirianum, estudou nas universidade de Berlín, Frankfurt e Múnic, e procurou un traballo de postdoutoramento no Instituto de Estudos Internacionais de Xenebra, Suíza.

Deu clases e practicou o dereito en Frankfurt antes de emigrar aos Estados Unidos en 1937, despois de varios anos en Suíza e España. Entre 1939 e 1943, ensinou en Kansas City e asistiu á Keneseth Israel Shalom Congregation alí.[8] Morgenthau deu clases posteriormente na Universidade de Chicago ata 1973, cando asumiu unha cátedra na City University of New York (CUNY).

Cando marchou a Nova York, Morgenthau separouse da súa esposa, que permaneceu en Chicago en parte a causa de problemas médicos. Sábese que tivo plans de iniciar novas relacións mentres estaba en Nova York, unha delas coa filósofa política Hannah Arendt,[9] e outra con Ethel Person (falecida en 2012), profesora de medicina na Universidade de Columbia.[10]

O 8 de outubro de 1979, Morgenthau era un dos pasaxeiros do voo 316 de Swissair que se estrelou mentres trataba de aterar no Aeroporto Internacional de Ellinikon.[11] O voo tiña destino a Bombay e Pequín.

Morgenthau faleceu o 19 de xullo de 1980, pouco despois de ser ingresado no Lenox Hill Hospital de Nova York cunha úlcera perforada.[12] Está enterrado na sección Chabad do cemiterio Montefiore,[13] nas proximidades do Lubavitcher Rebbe, co que tivo unha relación respectuosa.[14]

Obras seleccionadas[editar | editar a fonte]

  • Scientific Man versus Power Politics (1946) Chicago, IL: University of Chicago Press.
  • Politics Among Nations: The Struggle for Power and Peace (1948, e edicións posteriores) Nova York, NY: Alfred A. Knopf.
  • In Defense of the National Interest (1951) Nova York, NY: Alfred A. Knopf.
  • The Purpose of American Politics (1960) Nova York, NY: Alfred A. Knopf.
  • Crossroad Papers: A Look Into the American Future (ed.) (1965) Nova York, NY: Norton.
  • Truth and Power: Essays of a Decade, 1960–70 (1970) Nova York, NY: Praeger.
  • Essays on Lincoln's Faith and Politics. (1983) Lanham, MD: Univ. Press of America for the Miller Center of Public Affairs at the Univ. of Virginia. Copublicado cunha separata de David Hein.
  • The Concept of the Political (2012; orig. 1933) Introdución de H. Behr e F. Roesch. Palgrave Macmillan.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rice, Daniel. Reinhold Niebuhr and His Circle of Influence, University of Cambridge Press, 2013, complete chapter on Hans Morgenthau.
  2. Rice, Daniel. Reinhold Niebuhr and His Circle of Influence, University of Cambridge Press, 2013, complete chapter on George Kennan.
  3. E., Scheuerman, William (2006-09-22). "Carl Schmitt and Hans Morgenthau: Realism and Beyond" (en inglés). 
  4. Klusmeyer, Douglas. "Beyond Tragedy: Hannah Arendt and Hans Morgenthau on Responsibility, Evil and Political Ethics." International Studies Review 11, no.2 (2009): 332–351.
  5. Rösch, Felix (2013-11-01). "Realism as social criticism: The thinking partnership of Hannah Arendt and Hans Morgenthau". International Politics (en inglés) 50 (6): 815–829. ISSN 1384-5748. doi:10.1057/ip.2013.32. 
  6. Zambernardi, L. (2011). "The Impotence of Power: Morgenthau's Critique of American Intervention in Vietnam". Review of International Studies 37 (3): 1335–1356. doi:10.1017/S0260210510001531. 
  7. Morgenthau, Hans (1982). In Defense of the National Interest: A Critical Examination of American Foreign Policy, with a new introduction by Kenneth W. Thompson (Washington, D.C.: University Press of America, 1982).
  8. Hartmut Behr e Felix Roesch, intro. to Morgenthau's The Concept of the Political, Palgrave Macmillan, 2012, p.13.
  9. Young-Bruehl, Elizabeth. Hannah Arendt: For Love of the World, Second Edition. Yale University Press, 2004.
  10. Mazur, G. O., ed. One Hundred Year Commemoration to the Life of Hans Morgenthau. Nova York: Semenenko, 2004.
  11. Small amount of plutonium missing from crashed jet
  12. "Hans Morgenthau dies; noted political scientist". The Telegraph, 21 de xullo de 1980.
  13. "Research Results". 
  14. ""Diamonds of the Rebbe" by Mordechai Staiman". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]