Haley Joel Osment
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1988 (36 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Residencia | Nova York |
Educación | Escola de Artes Tisch da Universidade de Nova Iorque (pt) Flintridge Preparatory School (en) |
Altura | 1,68 m |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de televisión, actor de dobraxe, actor de cinema, actor de teatro |
Período de actividade | 1992 - |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Pai | Ry G |
Irmáns | Emily Osment |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | kidactors.com… |
|
Haley Joel Osment (HJO), nado nos Ánxeles[1] (California) o 10 de abril do 1988, é un actor estadounidense. Despois dunha serie de papeis de filmes e televisión durante os 90, incluíndo unha pequena interpretación en Forrest Gump onde facía do fillo do personaxe do título, Osment acadou sona internacional coa súa actuación como Cole Sear no suspense de 1999 do director M. Night Shyamalan, O sexto sentido. Entre outras honras, recibiu un nomeamento ós Premios Oscar como mellor actor secundario polo seu papel no filme. Posteriormente, Osment protagonizou varios papeis en filmes de alto perfil de Hollywood; incluíndo Pay It Forward e A.I. Recentemente, fixo o seu debut de Broadway nun rexurdimento de American Buffalo, cos seus compañeiros John Leguizamo, e Cedric the Entertainer.[2]
Traectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Theresa Osment (Seifert, apelido de solteira), profesora, e Michael Eugene Osment,[3] actor de teatro e filmes, ámbolos dous nativos de Alabama. Ten unha irmá catro anos máis nova ca el, Emily Osment, quen alén de ser tamén actriz é cantante e compositora. Os pais de Osment describen a súa infancia como unha "boa educación sureña antiga", e o seu pai comentou que cando Osment estaba aprendendo a falar, evitaba adrede falar coma un bebé para se comunicar co seu fillo.[4]
Criado como católico[5], estudou na Escola Preparatoria Flintridge en La Cañada Flintridge.[6] De neno, tiña talento en moitos deportes coma o baloncesto, fútbol, loita, e golf.[7]
Haley comezou a actuar á idade de catro anos cando se presentou a un casting de Pizza Hut para un anuncio publicitario nun centro comercial. Tal anuncio lanzou a súa carreira, e nese ano conseguiu o seu primeiro papel en televisión. Inda ben sendo moi pequecho, gañou o papel do fillo de Forrest Gump, o nome do cal tamén era Forrest Gump, na película do ano 1994 do mesmo nome. Obtivo papeis en numerosas series de televisión, incluíndo Walker, Ranger de Texas (interpretando un rapaz que agonizaba de SIDA), Murphy Brown e The Jeff Foxworthy Show.
Porén, non foi ata 1999 que Osment acadou o éxito co seu papel no coñecido filme O sexto sentido que co-protagonizou con Bruce Willis. Este papel fíxoo merecedor do Premio Saturno e unha nomeamento ós Premios Óscar ao Mellor Actor Secundario, no entanto, finalmente foi para Michael Caine (con quen máis adiante Haley protagonizaría Secondhand Lions).
Máis tarde, Haley apareceu en Pay it Forward (2000), e finalmente en A.I. Artificial Intelligence (2001) de Steven Spielberg, filme que o posicionou indiscutibelmente coma un dos principais actores xuvenís de Hollywood. Este papel valeulle outro Premio Saturn.
Dende aquela, volveu aparecer nas pantallas protagonizando Secondhand Lions e actualmente prepárase para a estrea de Home of the Giants 2006. Neste último período tamén traballou como actor de dobraxe, brindando a súa voz para videoxogos e seriais de televisión. Interpretou o personaxe Sora da serie de videoxogos Kingdom Hearts, producido por Disney e Squaresoft.
Un dos diálogos de Haley n'O Sexto Sentido, "Vexo xente morta (I see dead people"), foi explotado en programas de televisión e bromas nos Estados Unidos e volveuse parte da colección de frases famosas do cine que Hollywood desenvolveu na súa historia.
Haley atribúe o seu éxito como actor ós seus pais.
Vida Persoal
[editar | editar a fonte]Haley Joel Osment vive actualmente nos Ánxeles cos seus pais e maila súa irmá, Emily Osment, que tamén traballou como actriz na popular serie de Disney Channel, Hannah Montana, e Spy Kids. Haley estuda na Escola Preparatoria de Flintridge, en California.
As bandas favoritas de Osment son R.I.M., Pink Floyd, Led Zeppelin e Coldplay. Gústanlle os lagartos e ten dous como mascotas.
No 2007 foi detido por conducir bébedo e por exceso de velocidade. Tamén estivo detido por posesión de drogas.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1994 | Forrest Gump | Forrest Gump, Jr. | |
Mixed Nuts | Little Boy | ||
1996 | Bogus | Albert Franklin | |
For Better or Worse | Danny | ||
1998 | Ransom of Red Chief | Andy Dorset | (Filme TV) |
1999 | O sexto sentido | Cole Sear | Nomeamento – Academy Award for Best Supporting Actor |
I'll Remember April | Peewee Clayton | ||
2000 | Pay It Forward | Trevor McKinney | |
Discover Spot | Spot the Dog | Voz | |
2001 | A.I. Artificial Intelligence | David | |
Edges of the Lord | Romek | ||
2002 | The Hunchback of Notre Dame II | Zephyr | Voz |
The Country Bears | Beary Barrington | Voz | |
2003 | Secondhand Lions | Walter | |
The Jungle Book 2 | Mowgli | Voz | |
2005 | Immortal Grand Prix | Takeshi Jinno | Serie anime TV; Voz |
2008 | Home of the Giants | Robert "Gar" Gartland | Completo |
2009 | Montana Amazon | Womple | Post-Produción |
Truth & Treason | Helmuth Hübener | Pre-produción |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Haley Joel Osment Biography (1988-)". filmreference.com. Consultado o 2008-10-01.
- ↑ "Playbill 19 Aug 2008". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2009. Consultado o 28 de abril de 2009.
- ↑ Navarro, Mireya (2007-09-23). "When Childhood Is a Tough Role". New York Times. Consultado o 2008-10-03.
- ↑ Copelan, Libby (2001-07-02). "Acting Older Than His Age". The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2008. Consultado o 2008-10-01.
- ↑ Duke, Paul F. (2000-04-25). "Osment, Dafoe honing 'Edges'". Variety. Consultado o 2008-10-01.
- ↑ "'Sixth Sense' Star Charged With DUI". Zap2it.com (Tribune Media Services). 2006-08-18. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2008. Consultado o 2008-10-01.
- ↑ "Haley and the ego problem". The Daily Telegraph. 1999-11-04. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2008. Consultado o 2008-10-02.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Haley Joel Osment |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 06 de xaneiro de 2006 en Wayback Machine.