Linguaxe de nai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A linguaxe de nai é a linguaxe que a nai humana utiliza co seu fillo pequeno. As súas principais características son (Ferguson, 1977) ton alto, entoación esaxerada, morfemas prolongados e simplificados, frases sinxelas e breves, utilización de onomatopeas, diminutivos, e repetición de palabras e medias frases.