O sexto sentido
| O sexto sentido | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||||||
|
Cor
| |||||||||||
|
Formato de imaxe
| |||||||||||
| Autoría | |||||||||||
|
Director/a
| |||||||||||
|
Compositor/a
| |||||||||||
|
Guionista
| |||||||||||
|
Director/a fotografía
| |||||||||||
|
Editor/a de cine
| |||||||||||
|
Deseñador/a vestiario
| |||||||||||
| Temática | |||||||||||
|
Tema principal
| |||||||||||
|
Ambientado en
| |||||||||||
|
Personaxes
| |||||||||||
| Publicación | |||||||||||
|
Produtor/a
| |||||||||||
|
Compañía produtora
| |||||||||||
|
Distribuidor/a
| |||||||||||
|
Recadación
| |||||||||||
|
Custo
| |||||||||||
|
Formato de distribución
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
O sexto sentido (en inglés: The Sixth Sense) é un filme estadounidense de terror escrito e dirixido por M. Night Shyamalan que se estreou en 1999. O filme conta a historia de Cole Sear (Haley Joel Osment), un neno que é quen de ver e falar cos mortos, e o seu psicólogo (Bruce Willis), que trata de axudalo. O filme afirmou a Shyamalan como guionista e director, e introduciu ó público ó seu particular cine, que se caracteriza polos seus finais sorprendentes.
Dende o momento da súa estrea, foi aclamado pola crítica, que fixo especial fincapé nas actuacións (especialmente de Osment e Willis), a súa atmosfera, e o seu sorprendente final. O filme foi o segundo en recadación de 1999 (detrás de Star Wars Episode I: The Phantom Menace), conseguindo 293 millóns nos Estados Unidos e 379 millóns internacionalmente. Foi nomeado a 6 Premios Óscar, incluíndo a categoría de mellor filme.
Sinopse
[editar | editar a fonte]É unha película que conta a ficticia historia dun illado e preocupado neno (Haley Joel Osment), quen di que ve xente morta, e un psicólogo infantil (Bruce Willis) que trata de axudalo.

Personaxes
[editar | editar a fonte]- Bruce Willis como Dr. Malcolm Crowe
- Haley Joel Osment como Cole Sear
- Toni Collette como Lynn Sear
- Olivia Williams como Anna Crowe
- Donnie Wahlberg como Vincent Grey
- Glenn Fitzgerald como Sean
- Mischa Barton como Kyra Collins
- Trevor Morgan como Tommy Tammisimo
- Bruce Norris como Mr. Stanley Cunningham
- Angelica Page como Mrs. Collins
- Greg Wood como Mr. Collins
- Peter Tambakis como Darren
- Jeffrey Zubernis como Bobby
Galardóns
[editar | editar a fonte]A película foi nomeada a varios Premios da Academia, incluíndo mellor actor secundario (Haley Joel Osment), Óscar á mellor actriz secundaria (Toni Collette) e Óscar ó mellor director (M. Night Shyamalan).
- 1999: 6 nomeamentos ó Óscar, incluíndo filme, director, montaxe, guión.
- 1999: 2 nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor actor secundario, guión.
- 1999: 4 nomeamentos BAFTA, incluíndo mellor montaxe, filme, guión.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O sexto sentido na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 1999
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por M. Night Shyamalan
- Filmes con banda sonora de James Newton Howard
- Filmes de The Kennedy/Marshall Company
- Filmes de Spyglass Entertainment
- Filmes rodados en Pensilvania
- Filmes ambientados en 1998
- Filmes sobre pantasmas
- Filmes sobre psiquiatría
- Filmes de 1999 con versión en galego