Pizza Hut
Pizza Hut | |
---|---|
![]() | |
![]() Restaurante de Pizza Hut en Bremen, estado de Indiana, nos Estados Unidos. | |
Fundación | 15 de xuño de 1958 |
Localización | Plano, Texas, ![]() |
Fundador | Dan Carney Frank Carney |
Industria | Restaurantes |
Na rede | |
pizzahut.com ![]() | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pizza Hut é unha cadea de restaurantes e franquía internacional con sede en Plano, especializada en pizzas. O Pizza Hut é a maior cadea de pizzarías do mundo, con 16 796 restaurantes en todo o mundo a data de marzo de 2018.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Pizza Hut foi fundado en 1958 por dous universitarios, Dan e Frank Carney, na cidade de Wichita, Kansas. A empresa gañou recoñecemento nacional na súa primeira campaña publicitaria, chamada "Putt Putt to Pizza Hut", que debutou na televisión estadounidense no 1965. No 1977 a compañía foi comprada por Pepsi. O símbolo máis distinto do Pizza Hut é o característico teito pintado en vermello, coma un chapeu, presente tamén no logotipo da empresa. Un feito curioso é que a pesar de estar presente en case todo o mundo, Pizza Hut nunca ousou entrar no mercado italiano.
A compañía anunciou un cambio de marca que se iniciou o 19 de novembro de 2014. O cambio de marca foi un esforzo para aumentar as vendas, que caeran nos dous anos anteriores. O menú ampliouse para introducir varios elementos como sabores de codia e once novas especialidades en empanadas. Tamén se actualizaron os uniformes de traballo para os empregados.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial da empresa Arquivado 08 de outubro de 2018 en Wayback Machine. (en castelán)