Guillaume-Antoine Olivier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGuillaume-Antoine Olivier
Biografía
Nacemento19 de xaneiro de 1756
Les Arcs, preto de Toulon (Provenza)
Morte1 de outubro de 1814
Lión
Datos persoais
País de nacionalidadefrancesa
Formación profesionalMedicina
EducaciónUniversidade de Montpellier
Actividade
Campo de traballoBioloxía, naturalista, entomoloxía e botánica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmédico, naturalista, entomólogo, enciclopedista
Membro de
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaOlivier Editar o valor em Wikidata
Lámina de Lucanus cervus, en Entomologie, ou histoire naturelle des Insectes (1808)

Guillaume-Antoine Olivier, nado o 19 de xaneiro de 1756 en Les Arcs, preto de Toulon (Provenza), e finado o 1 de outubro de 1814 en Lión, foi un médico e naturalista francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Olivier estudou medicina na Facultade de Medicina de Montpellier. Descubriu a historia natural a través do contacto con Pierre Marie Auguste Broussonet. Practicou a medicina na súa vila natal, pero creeu que este traballo non era interesante e non se pagaba ben. Jean-Baptiste Gigot D'Orcy, posuidor dunha rica colección mineralóxica e entomolóxica, contratouno para ir recoller insectos aos Países Baixos, Gran Bretaña e outros países.

Foi este traballo o que lle permitiu escribir os artigos sobre insectos e arañas da Encyclopédie e, máis tarde, o seu gran traballo sobre os escaravellos (Entomologie ou Histoire naturelle des insectes, avec leurs caractères génériques et spécifiques, leur description, leur synonymie et leur figure enluminée, 1789-1808, 6 volumes, 363 láminas).

En 1792 marchou co seu colega Jean-Guillaume Bruguière para unha gran viaxe de seis anos ao Oriente Medio visitando o Imperio Otomán, Persia e Exipto. Reuniu unha colección considerábel e regresou a Francia en 1798.

As súas coleccións reunidas nesta viaxe consérvase no Museo Nacional de Historia Natural de Francia de París (agás unha pequena parte, que está no Museo de Edimburgo). Publicou en 1807 o relato da súa viaxe baixo o título de Voyage dans l'Empire Ottoman, l'Égypte et la Perse (París, 3 volumes).

Foi elixido membro da Academia de Ciencias de París o 5 de germinal do ano VIII (26 de marzo de 1800) e pouco despois foi profesor de zooloxía na Escola de Veterinaria de Maisons-Alfort.

Olivier foi amigo de Johan Christian Fabricius, así como o patrón e protector de Pierre André Latreille, especialmente durante o atormentado período da Revolución Francesa.

Describiu numerosas especies, entre elas Xylocopa frontalis, Epicharis rustica, Centris dimidiata, Anthophora femorata, Oplostomus fuligineus, Trigona amalthea e Polistes versicolor.

Algunhas obras[editar | editar a fonte]

  • 1789. Abeille, na Encyclopédie méthodique. Histoire naturelle. Tome quatrieme. Insectes. Volume 4
  • 1790. Encyclopedie methodique. Historie naturelle. Insectes Volume 5.
  • 1792. Encyclopedie methodique. Histoire naturelle. Insectes Voume. 5.
  • 1792. Encyclopedie methodique. Histoire naturelle. Insects. Volume 6.
  • 1801-1807. Voyage dans l'empire Othoman, l'Égypte et la Perse, 1801–1807. Volume 1, Volume 2, Volume 3.
  • 1811. Latreille, P. A. e M. Olivier (ed.): Encyclopédie Méthodique. Histoire Naturelle. Insectes Volume 8.

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

  • A abreviatura Olivier emprégase para recolecer a Guillaume-Antoine Olivier como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[1]
  • A abreviatura Olivier emprégase para recolecer a Guillaume-Antoine Olivier como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Augustin-François de Silvestre: Notice biographique sur M. Guillaume-Antoine Olivier lue à la séance publique de la Société d'agriculture, le 9 avril 1815. (Ler en liña).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]