Saltar ao contido

Polistes versicolor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Polistes versicolor

Polistes versicolor en busca de alimento
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Hymenoptera
Suborde: Apocrita
Familia: Vespidae
Subfamilia: Polistinae
Tribo: Polistini
Xénero: Polistes
Especie: P. versicolor
Nome binomial
Polistes versicolor
(Olivier, 1791)
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto
Polistes versicolor

Polistes versicolor é unha especie de insecto himenóptero da suborde dos apócritos, familia dos véspidos, subfamilia dos polistinos e tribo dos Polistini, unha das numerosas comprendidas no xénero Polistes.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi descita en 1791 polo naturalista e entomólogo francés Guillaume-Antoine Olivier, co nome de Vespa versicolor.[1][2]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, véxase Polistes.

O epíteto específico, versicolor, Olivier tomouno do adxectivo do latín clásico vesicolor, -ōris, "de varias cores", en alusión á coloración deste animal.

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais e polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]

  • Polistes opalinus Saussure, 1853
  • Polistes vulgaris Bequard, 1934
  • Vespa myops Fabricius, 1798
  • Vespa versicolor Olivier, 1792 (protónimo)

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Dentro desta especie recoñécense as tres subespecies seguintes:[1][2][3][4]

  • Polistes versicolor flavoguttatus Bequaert, 1934
  • Polistes versicolor kaieteurensis Bequaert, 1934
  • Polistes versicolor versicolor (Olivier, 1792)

Distribución

[editar | editar a fonte]

Polistes versicolor é a especie de avespa suramericana máis amplamente distribuída, sendo particularmente común nos estados brasileiros do sueste.

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Polistes versicolor é unha avespa eusocial. O seu niño, feito de fibras vexetais mastigadas, é normalmente dun único favo descuberto unido ao substrato por un só pecíolo.[6] Esta avespa atópase frecuentemente en zonas urbanas. Os novos niños e colonias adoitan seren fundados por unha asociación de femias, ás veces en edificios humanos.[7] O ciclo da colonia de P. versicolor oscila entre os 3 e os 10 meses, aínda que non parece haber ningunha relación entre o desenvolvemento da colonia e a estación do ano. Aínda que estas avespas teñen claros ciclos anuais de colonia, moitas raíñas novas teñen a oportunidade de hibernar.[6] As xerarquías de dominio dentro destas agregacións caracterízanse pola agresión física das femias dominantes cara ás femias asociadas, que tenden a ser irmás.[8] Os movementos tamén se usan a miúdo como forma de comunicación dentro da colonia.[9] P. versicolor é xeralmente depredadora, e captura unha ampla gama de insectos, aínda que a miúdo tamén se alimenta de pole e néctar.[10] Polo tanto, P. versicolor pode ser útil como polinizadora ou como controladora efectiva de pragas.[11]

  1. 1,0 1,1 1,2 Polistes versicolor (Olivier, 1791) no GBIF. Consultado o 24 de xullo de 2021.
  2. 2,0 2,1 Polistes versicolor (Olivier, 1792) en BioLib. Consultado o 24 de xullo de 2021.
  3. Zara, Fernando & Jose Balestieri. (2000): "Behavioural Catalogue of Polistes versicolor Olivier (Vespidae: Polistinae) Post-emergent Colonies." Naturalia 25: 301-319.
  4. Gobbi, Nivar; Fernando B. Noll & Marcelo A. H. Penna (2006): "‘Winter’ Aggregations, Colony Cycle, and Seasonal Phenotypic Change in the Paper Wasp Polistes versicolor in Subtropical Brazil". Naturwissenschaften 93 (10): 487-94.
  5. Carpenter, James M. (1996). "Distributional checklist of species of the genus Polistes (Hymenoptera, Vespidae, Polistinae, Polistini). título= "Distributional checklist of species of the genus Polistes (Hymenoptera, Vespidae, Polistinae, Polistini)". American Museum novitates. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2021. Consultado o 24 de xullo de 2021. 
  6. 6,0 6,1 Torres, R. F.; V. O. Torres, Y. R. Suárez & W. F. Antonialli-Junior (2014): "Effect of the Habitat Alteration by Human Activity on Colony Productivity of the Social Wasp Polistes versicolor (Olivier) (Hymenoptera: Vespidae)". Sociobiology 61 (1): 100-106.
  7. De Oliveira, Simone; Mariana De Castro & Fabio Prezoto. (2010): "Foundation Pattern, Productivity and Colony Success of the Paper Wasp, Polistes versicolor." The Journal of Insect Science 10 (125).
  8. González, J. A.; F. S. Nascimento & S. F. Gayubo (2002): "Observations on the Winter Aggregates of Two Polistine Paper Wasps (Hymenoptera Vespidae Polistinae)." Tropical Zoology 15 (1): 1-4.
  9. Esch, Harald (1971): "Wagging Movements in the Wasp Polistes versicolor vulgaris Bequaert". Zeitschrift für vergleichende Physiologie 72 (3): 221-225.
  10. Kohler, Andreas (2008): "Floral Preferences of the Polistine Wasp Polistes versicolor versicolor Olivier, 1792 (Hymenoptera: Vespidae: Plostinae, Polistini) in Santa Cruz Do Sul, Southern Brazil". Biociencias 16 (2).
  11. Prezoto, Fábio; Helba H. Santos-Prezoto, Vera L. Machado & José C. Zanuncio (2006): "Prey Captured and Used in Polistes versicolor (Olivier) (Hymenoptera: Vespidae) Nourishment". Neotropical Entomology 35 (5): 707-709.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Aguiar, Alexandre P. et al. (2013): "Order Hymenoptera". En Zhang, Z.-Q. (ed.): "Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa 3703: 1–82.
  • Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3.
  • Grimaldi, D. & Engel, M. S. (2005): Evolution of the Insects. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5218-2149-0.
  • Huber, John T. (2009): "Biodiversity of Hymenoptera". Capítulo 12. En Robert G. Foottit & Peter H. Adler: Insect Biodiversity: Science and Society. Hoboken, New Jersey: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-5142-9.
  • Michener, Charles D. (2007): The Bees of the World. 2ª ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0.
  • O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-8160-5712-5.
  • Sharkey, Michael J. (2007): "Phylogeny and Classification of Hymenoptera". Zootaxa 1668: 521–548.
  • Vilhelmsen, Lard (2001): "Phylogeny and classification of the extant basal lineages of the Hymenoptera (Insecta)". Zoological Journal of the Linnean Society 131: 393–442.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]