Maisons-Alfort
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Francia | ||||
| Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
| Rexións | Illa de Francia | ||||
| Departamento | Val do Marne | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 56.799 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | Paris attraction area (en) Paris unité urbaine (en) | ||||
| Superficie | 5,35 km² | ||||
| Bañado por | Río Marne | ||||
| Altitude | 28 m-47 m-37 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Sucedido por | Alfortville | ||||
| Organización política | |||||
| • Mayor of Maisons-Alfort (en) | Olivier Capitanio (en) | ||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 94700 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | maisons-alfort.fr | ||||
Maisons-Alfort é unha localidade e comuna de Francia, na rexión da Illa de Francia, departamento de Val do Marne, e no distrito de Créteil.
A comuna está formada por dous cantóns: o cantón de Maisons-Alfort-Nord e o cantón de Maisons-Alfort-Sud.
Xeografía
[editar | editar a fonte]
Está situada no banlieu (arredores) de París, a tres quilómetros ao sueste da capital, na marxe sur do río Marne.
O seu posicionamento permítelle un acceso rápido a varios grandes eixes de comunicación na Illa de Francia, como a A4 no norte ou a A86 no sur.
A súa poboación actual convértea na sexta cidade máis grande do departamento, detrás de Créteil, Vitry-sur-Seine, Champigny-sur-Marne, Saint-Maur-des-Fossés e Ivry-sur-Seine.
Os seus habitantes chámanse maisonnais.
O concello está situado a unha altitude de entre os 473 e os 283 msnm.[1]
O municipio ocupa unha superficie de 5,35 km², e o 1 de xaneiro de 2007 a súa poboación era de 55 655 habitantes,[2] polo que a densidade de poboación nese ano era de 10 402,8 hab./km².
No está integrada en ningunha Communauté de communes ou similar. Antigamente era máis extensa, xa que perdeu parte do seu territorio cando se creou a cidade de Alfortville en 1885.
Maisons-Alfort é unha das 47 cidades do Val de Marne, cuxa cidade principal é Créteil. O seu territorio ten forma triangular (ver mapa adxunto)
Os seus límites son:
- Polo oeste, está separada de Alfortville pola liña ferroviaria do RER D
- Polo norte, está limitada polo Marne
- Polo sueste, fai fronteira con Créteil
- A 1,2 km ao sur da súa punta atópase o Carrefour Pompadour, un cruzamento de estradas entre a ruta nacional 6, a vía nacional 186, a autovía A86, a estrada departamental 60 (autovía de continuidade da estrada nacional 406).
Demografía
[editar | editar a fonte]| Ano | 1793 | 1800 | 1851 | 1876 | 1896 | 1901 | 1921 | 1936 | 1946 | 1954 | 1962 | 1968 | 1975 | 1982 | 1990 | 1999 | 2007 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Poboación | 1 077 | 807 | 1 812 | 7 619 | 9 479 | 10 547 | 20 997 | 34 384 | 36 485 | 40 358 | 51 186 | 53 149 | 54 146 | 51 065 | 53 375 | 51 103 | 53 085 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Maisons-Alfort en cassini.ehess.fr.
- ↑ Maisons-Alfortno INSEE.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maisons-Alfort |
