Guido I de Flandres
- Non confundir con Guido I de Dampierre.
Guido ou Guy de Dampierre, nado sobre 1226 e finado en Compiègne o 7 de marzo de 1305, foi conde de Flandres proclamado en 1253 pola súa nai e fíxose efectivo á morte desta última en 1279 ata 1305. Foi tamén conde de Namur desde 1264 ata 1305. Era o segundo fillo de Guillerme II de Dampierre e Margarida de Constantinopla.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa mocidade estivo marcada pola loita fratricida entre a casa de Dampierre (el e os seus curmáns) e a casa de Avesnes (os seus irmáns uterinos, maiores) pola posesión dos condados de Flandres e Hainaut. Despois de dez anos de guerra, o compromiso proposto polo rei Lois IX de Francia en 1246 foi aprobado finalmente (1256), pero os conflitos xa costaran tres anos da súa liberdade a Guido, prisioneiro dos calabozos holandeses despois da batalla de Westkapelle, na antiga illa de Walcheren, en xullo de 1253 Guido, proclamado conde pola súa nai Margarida de Constantinopla o mesmo ano, foino efectivamente despois da abdicación desta (1279), morta pouco despois.
En 1263, mercou a Balduíno II de Courtenay os dereitos deste sobre o marquesado de Namur. Henrique V de Luxemburgo conquistara o feudo de Namur e Guido intentou reconquistalo. Finalmente, un tratado de paz reconciliou aos dous inimigos: Guido casou coa filla de Henrique, a quen este último lle cedía todos os seus dereitos sobre Namur.
Acompañou a San Lois a África (1270).
Ao favorecer como os seus antecesores a industria téxtil flamenga e o comercio vital da la con Inglaterra, intentando controlar as finanzas locais, chocou co patriciado urbano, que recibiu cada vez máis apoio directo polos reis de Francia, Filipe III, e logo especialmente Filipe IV. De rebote, o común das cidades foi un fiel aliado de Guido de Dampierre e da súa dinastía.
O intento de casar a súa filla Filipina con Eduardo, fillo do rei de Inglaterra, serviu de pretexto para a intervención militar dos Capetos e para a conquista (batalla de Furnes en 1297) e a ocupación de Flandres por Filipe IV (1300 - 1302), o seu señor feudal.
Guido de Dampierre foi encarcerado. Pero a reacción patriótica dos comúns (os de Bruxas, dirixida principalmente por Pieter de Coninck, co apoio dos numerosos fillos de Guido, expulsou os franceses ("A mañá de Bruxas", venres 18 de maio de 1302). A cabalería francesa foi esmagada pola "piétaille" flamenga en Courtrai (batalla das Esporas de Ouro o 11 de xullo de 1302).
Filipe IV o Fermoso tomou a súa vinganza na batalla de Mons-en-Pévèle (18 de agosto de 1304), pero Guido de Dampierre, liberado, xa deixara a realidade do poder ao seu fillo máis vello Roberto.
Para honrar unha palabra dada, Guido constituíuse de novo como prisioneiro[1] e morreu en catividade en Compiègne (1305).
Balance histórico
[editar | editar a fonte]Vesc de Dampierre deixa a memoria dun conde ancorado no feudalismo, na süa acepción ideal, realista en termos do seu intervencionismo no comercio e na industria, que eran o fundamento da prosperidade do condado, pero incapaz de se opor ao pragmatismo dos Capetos, que xogaban habilmente para a súa vantaxe os principios feudais para ampliaren o seu poder.
Gran guerreiro e modelo de cabaleiro, este conde de Flandres é honrado e aplaudido por Jacques Bretel no seu "Torneo de Chauvency".
Ascendencia
[editar | editar a fonte]16. Guido I de Dampierre | ||||||||||||||||
8. Guillerme I de Dampierre | ||||||||||||||||
17. Helvida de Baudémont | ||||||||||||||||
4. Guido II de Dampierre | ||||||||||||||||
18. Dreux de Mouchy | ||||||||||||||||
9. Ermengarda de Mouchy | ||||||||||||||||
19. | ||||||||||||||||
2. Guillerme II de Dampierre | ||||||||||||||||
20. Arquimbaldo VII de Borbón | ||||||||||||||||
10. Arquimbaldo de Borbón | ||||||||||||||||
21. Inés de Savoia | ||||||||||||||||
5. Matilde I de Borbón | ||||||||||||||||
22. Eudes II de Borgoña | ||||||||||||||||
11. Alix de Borgoña | ||||||||||||||||
23. María de Blois | ||||||||||||||||
1. Guido de Dampierre | ||||||||||||||||
24. Balduíno IV de Hainaut | ||||||||||||||||
12. Balduíno V de Hainaut | ||||||||||||||||
25. Alix de Namur | ||||||||||||||||
6. Balduíno VI de Hainaut | ||||||||||||||||
26. Teodorico de Alsacia | ||||||||||||||||
13. Margarida de Alsacia | ||||||||||||||||
27. Sibila de Anjou | ||||||||||||||||
3. Margarida de Constantinopla | ||||||||||||||||
28. Teobaldo IV de Blois | ||||||||||||||||
14. Henrique I de Champaña | ||||||||||||||||
29. Matilde de Carintia | ||||||||||||||||
7. María de Champaña | ||||||||||||||||
30. Lois VII de Francia | ||||||||||||||||
15. María de Francia | ||||||||||||||||
31. Leonor de Aquitania | ||||||||||||||||
Matrimonios e fillos
[editar | editar a fonte]Casou en 1246 con Matilde de Béthune (m. 1264), filla e herdeira de Roberto VII de Béthune, señor de Béthune, Termonde, Richebourg e Warneton, e Isabel de Morialmez. Tiveron a:
- Roberto III dito Roberto de Béthune (1249 - 1322), conde de Flandres.
- Guillerme de Crèvecœur (m. 1311), señor de Termonde, de Richebourg e de Crèvecœur, casou en 1286 con Alix II de Clermont de Nesle, vizcondesa de Châteaudun (m. 1320). Unha das súas netas casou con Xoán I de Luxemburgo-Ligny, señor de Ligny.
- Xoán de Dampierre (m. 1291), bispo de Metz e despois de Lieja.
- Balduíno (m. 1296).
- Filipe (1263 - 1308), conde de Chieti (Thiette ou Teano) e de Lorette, casou en 1284 con Mafalda ou Matilde de Courtenay (m. 1303), condesa de Thiette, máis tarde en 1304 con Petronila de Milly (m. 1335 ), condesa de Lorette. En 1285, este quinto fillo do conde de Dampierre estivo presente no torneo de Chauvency-le-Château, preto de Montmédy, segundo Jacques Bretel.
- Margarida de Dampierre (1253 - 1285), casou en 1273 con Xoán I, duque de Brabante (m. 1294).
- María de Dampierre (m. 1297), casou en 1273 con Guillerme, fillo de Guillerme IV, conde de Juliers ou de Jülich (m. 1278), e despois en 1285 con Simón de Château-Vilain, señor de Arc (m. 1305).
- Beatriz de Dampierre (m. 1296), casou en 1270 con Florencio V de Holanda, conde de Holanda.
Viúvo, casou en segundas nupcias en 1264 con Isabel de Luxemburgo (m. 1298), filla de Henrique V de Luxemburgo, duque de Luxemburgo e Margarida de Bar. Tiveron a:
- Xoán I (1267 - 1330), conde de Namur.
- Guido de Namur (m. 1311), conde de Zelandia e de Richebourg, casou en 1311 con Margarida de Lorena (sen sucesión).
- Henrique de Dampierre (m. 1337), conde de Lodi, casou en 1309 con Margarida de Clèveris (Cleveris), e tivo a Henrique II de Lodi (m. 1366) e a Margarida.
- Margarida (m. 1331) casada en 1282 con Alexandre de Escocia (m. 1284), príncipe de Escocia, fillo de Alexandre III de Escocia e máis tarde con Renaldo I (m. 1327), conde de Gueldre.
- Beatriz ou Beatrix (m. vers 1303) casada con Hugo de Châtillon, conde de Blois (m. 1307).
- Xoana, relixiosa en Flines
- Filipa ou Filipina, prometida co príncipe de Gales (futuro Eduardo II de Inglaterra ), morta prisioneira en Blois en 1306.
- Isabel (m. 1323), casada en 1307 con Xoán de Fiennes, castelán de Bourbourg, barón de Fiennes e Tingry.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guido I de Flandres |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Le Glay Edward: Histoire des comtes de Flandre jusqu'à l'avènement de la Maison de Bourgogne, Comptoir des Imprimeurs-unis, París, MDCCCXLIII
- Platelle Henri & Clauzel Denis: Histoire des provinces françaises du Nord, 2. Des principautés à l'empire de Charles Quint (900-1519), Westhoek-Editions Éditions des Beffrois, 1989; ISBN 2-87789-004-X
- Douxchamps Cécile & José: Nos dynastes médiévaux, Wepion-Namur 1996, José Douxchamps, éditeur; ISBN 2-9600078-1-6