Henrique I de Champaña
Henrique I de Champaña | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | decembro de 1127 |
Lugar de nacemento | Vitry-en-Perthois |
Falecemento | 16 de marzo de 1181 |
Lugar de falecemento | Troyes |
Soterrado | Saint-Étienne (Troyes) |
Ocupación | aristócrata |
Pai | Teobaldo II de Champaña |
Nai | Matilda da Caríntia |
Cónxuxe | María de Francia, condesa de Champagne |
Fillos | Henrique II de Jerusalém, Scholastique of Champagne, Maria de Champanhe e Teobaldo III de Champaña |
Irmáns | Adela de Champaña, Inês de Blois, Matilda de Champagne, Maria de Champanhe, Teobaldo V el Bueno, Estêvão I de Sancerre e Guillaume aux Blanches Mains |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Henrique I de Champaña, finado o 17 de marzo de 1181, coñecido como o liberal, foi conde de Champaña (1152 - 1181).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Orixes familiares[editar | editar a fonte]
Era o fillo máis vello do conde Teobaldo II de Champaña (tamén chamado Teobaldo IV de Blois) e Matilda de Carintia.
Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]
En 1164 casou con María de Francia e de Aquitania, filla de Luís VII de Francia e de Leonor de Aquitania. Tiveron catro fillos:
- Escolástica de Champaña (falecida en 1219), casou con Guillerme IV de Mâcon.
- Henrique II de Champaña (1166-1197).
- María de Champaña (falecida en 1204), casou co emperador Balduíno I de Constantinopla.
- Teobaldo III de Champaña (1179-1201).
Segunda Cruzada[editar | editar a fonte]
Henrique participou na Segunda Cruzada baixo a dirección de Luís VII de Francia. Levaba unha carta de recomendación de Bernardo de Claraval dirixida a Manuel I Comneno, emperador bizantino, que figura entre os notables presentes na asemblea celebrada por Balduíno III de Xerusalén en Acre o 24 de xuño de 1148.
Champaña[editar | editar a fonte]
Á morte do seu pai, Henrique optou por tomar só a Champaña, deixando aos seus irmáns máis novos as outras posesións da familia (incluídas Blois, Chartres, Sancerre e Châteaudun). No momento parecía sorprendente, xa que os demais territorios eran máis ricos e desenvolvidos, pero Henrique debeu prever as posibilidades de Champaña e durante o seu goberno o condado converteuse nun dos máis ricos e poderosos dos principados franceses. Henrique estableceu a orde no goberno sobre os baróns de Champaña, e puido contar coa lealdade de 2.000 vasalos, feito que o converteu nun dos señores feudais máis poderosos de Francia. Logrou esta orde e poder convertendo a Champaña nun lugar seguro para reunir os comerciantes e baixo a súa protección creáronse as feiras de Champaña, convertendo este territorio nunha das prazas para o comercio de longa distancia e das finanzas máis importantes da Idade Media en Europa. A capital de Champaña en Troyes converteuse tamén nun recoñecido centro literario.
En Xerusalén, captura e morte[editar | editar a fonte]
En 1179 Henrique volveu a Xerusalén cun grupo de cabaleiros franceses, incluíndo os seus parentes Pedro de Courtenay -irmán de Luís VII- e Filipe de Dreux, bispo de Beauvais. Henrique volveu a Europa por vía terrestre a través de Asia Menor, pero foi capturado e mantido como refén por Kilidj Arslan II, o sultán dos selxúcidas de Rüm. O emperador bizantino pagou o rescate e Henrique foi liberado, pero morreu ao pouco tempo. Foi sucedido polo seu fillo máis vello Henrique II de Champaña.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Henrique I de Champaña ![]() |