Arnulfo III de Flandres
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1054 |
| Morte | 22 de febreiro de 1071 Cassel |
| Causa da morte | morte en combate |
| Lugar de sepultura | Abbey of Saint Bertin (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | feudatario |
| Carreira militar | |
| Participou no conflito | Batalha de Cassel (pt) |
| Outro | |
| Título | Conde |
| Familia | Casa de Flandres |
| Pais | Balduíno VI de Flandres |
| Irmáns | Roger of Hainaut Balduíno II de Hainaut |
Arnulfo III de Flandres, chamado tamén Arnulfo o Desgraciado, nado en 1054 e finado en Bavinchove, preto de Cassel, o 22 de febreiro de 1071, foi conde de Flandres e Hainaut entre 1070 e 1071. Era fillo de Balduíno VI, conde de Flandres e de Riquilda, condesa de Hainaut[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Segundo algúns historiadores, a pouca habilidade e crueldade da súa nai, Riquilda de Hainaut, empurrada polo rei Filipe I de Francia a tomar a rexencia en detrimento do irmán de Balduíno, Roberto o Frisón, provocaron rapidamente unha insurrección da nobreza das principais cidades. Segundo outros historiadores, foi a ambición de Roberto o Frisón o que o impulsou a poñer en marcha os levantamentos. En 1071, Arnulfo III morreu na batalla de Cassel, contra Roberto, que se converteu en Conde de Flandres. O condado de Hainaut foi parar ao seu irmán máis novo Balduíno II de Hainaut (1056 - 1098).
Foi enterrado polo seu tío, que lle construíu un mausoleo en Saint-Bertin.
Lenda
[editar | editar a fonte]A morte precoz deste conde é a orixe da lenda de Gerbodon, vasalo de Arnulfo. Segundo a lenda, Gerbodon matou a Arnulfo e, cheo de remordemento, pediulle ao papa que lle cortase as mans; este ordenoulle ao seu cociñeiro que executase a tarefa agás se as mans tremesen, cousa que tivo lugar. Perdoado, Gerbodon morrería en Cluny, en loor de santidade.
Devanceiros
[editar | editar a fonte]| 16. Arnulfo II de Flandres | ||||||||||||||||
| 8. Balduíno IV de Flandres | ||||||||||||||||
| 17. Rozala de Italia | ||||||||||||||||
| 4. Balduíno V de Flandres | ||||||||||||||||
| 18. Federico de Luxemburgo | ||||||||||||||||
| 9. Oxiva de Luxemburgo | ||||||||||||||||
| 2. Balduíno VI de Flandres | ||||||||||||||||
| 20. Hugo Capeto | ||||||||||||||||
| 10. Roberto II de Francia | ||||||||||||||||
| 21. Adelaida de Aquitania | ||||||||||||||||
| 5. Adela de Francia | ||||||||||||||||
| 22. Guillerme I da Provenza | ||||||||||||||||
| 11. Costanza de Arles | ||||||||||||||||
| 23. Adelaida de Anjou | ||||||||||||||||
| 1. Arnulfo III de Flandres | ||||||||||||||||
| 6. Rainiero de Hasnon ? | ||||||||||||||||
| 3. Riquilda de Hainaut | ||||||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Arnoul III (comte de Flandre)". Biographie Nationale de Belgique. volume 1.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arnulfo III de Flandres |
