Griselda Pollock
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de marzo de 1949 Bloemfontein |
| Educación | Instituto de Arte Courtauld - Doutora en filosofía (–1980) Instituto de Arte Courtauld - mestría en artes (–1972) Universidade de Oxford - grao en Artes (–1970) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Historia da arte e estudos de xénero |
| Ocupación | historiador da arte, escritora, crítico de arte, profesora universitaria, académico da cultura |
| Empregador | Faculty of Environment (en) Universidade de Leeds (1977–) Universidade de Manchester (1974–1977) Universidade de Reading (1972–1974) |
| Membro de | |
| Obra | |
| Doutorando | Pamela Ann Elizabeth Crawford (en) |
| Premios | |
| |
| Sitio web | fine-art.leeds.ac.uk… |
Griselda Pollock, nada en Bloemfontein o 11 de marzo de 1949,[1] é unha teórica das artes visuais, analista cultural e historiadora da arte británica especialista en estudos feministas poscoloniais.[2] Dedicou parte da súa obra ó estudo da relación entre a muller e a arte. É coñecida pola súa innovación teórica e metodolóxica, combinada con lecturas de arte histórica e contemporánea, cine e teoría cultural. Dende 1977, Pollock foi unha das estudosas máis influentes da arte moderna, de vangarda, arte posmoderna e arte contemporánea. Tamén exerceu grande influencia na teoría feminista, a historia da arte feminista e os estudos de xénero.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Suráfrica e trasladouse coa súa familia ó Canadá, onde pasou a súa adolescencia. Posteriormente trasladouse a Gran Bretaña onde estudou Historia Moderna na Universidade de Oxford (1967-1970) e Historia da arte Europea no Courtauld Institute of Art (1970-72). Recibiu o seu doutoramento en 1980 cun estudo sobre Vincent van Gogh e a pintura dos Países Baixos: unha lectura das súas nocións do moderno. Despois de ensinar nas Universidades de Reading e Manchester ingresou na Universidade de Leeds en 1977 como profesora de Historia da arte e Cine e foi nomeada Catedrática de Historias Sociais e Críticas da arte en 1990. En 2001 converteuse en Directora do Centro de Análise Cultural, Teoría e Historia na Universidade de Leeds, onde é Profesora de Historias Sociais e Críticas da arte.[4] En 2017, Griselda Pollock celebrou 40 anos de docencia na Escola de Belas Artes, Historia da arte e Estudos Culturais na Universidade de Leeds.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sleeman 2002, p. 453.
- ↑ Chilvers & Glaves-Smith 2009, p. 561.
- ↑ See Sue Malvern, "Griselda Pollock", in Chris Murray (ed.), Key Writers on Art: The Twentieth Century (Londres: Routledge, 2002) p. 199f.
- ↑ Griselda Pollock, Looking Back to the Future (Londres: Routledge, 2001) p. 363.