Gregorio Pedro XV Aghachanean
Gregorio Pedro XV Aghachanean | |
---|---|
![]() | |
Patriarca da Igrexa católica armenia | |
Biografía | |
Nacemento | 15 de setembro de 1895 en Akhaltsikhe, Xeorxia |
Pasamento | 16 de maio de 1971 en Roma, Italia |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 23 de decembro de 1917 |
Consagración episcopal | 21 de xullo de 1935, por Sargis Ter Abrahamean |
Creado cardeal | 18 de febreiro de 1946, por Pío XII |
Elixido patriarca | 30 de novembro de 1937 |
Patriarca de Cilicia | |
1937 - 1962 | |
Predecesor | Avedis Pedro XIV Arpiarean |
Sucesor | Ignacio Pedro XVI Patanean |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Gregorio Pedro XV Aghachanean[1] (en armenio: Գրիգոր Պետրոս ԺԵ. Աղաճանեան, Grigor Petros ŽE. Aġač̣anean), nado o 15 de setembro de 1895 en Akhaltsikhe (Imperio Ruso) e finado o 16 de maio de 1971 en Roma, foi o 15º patriarca de Cilicia da Igrexa católica armenia dende o 30 de novembro de 1937 até o 25 de agosto de 1962.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Akhaltsikhe, na gobernación de Tiflis do Imperio Ruso (hoxe Xeorxia), o 15 de setembro de 1895.[2][3] Estudou no seminario de Tiflis e posteriormente na Pontificia Universidade Urbaniana, e o 23 de decembro de 1917 foi ordenado sacerdote en Roma.[2]
O 11 de xullo de 1935 foi nomeado bispo titular de Comana Armeniae, e recibiu a ordenación episcopal o 21 de xullo de mans do bispo auxiliar armenio de Roma Sargis Ter Abrahamean.[4]
O 30 de novembro de 1937 foi elixido patriarca de Cilicia. O papa Pío XII creouno cardeal o 18 de febreiro de 1946, co título de cardeal-presbítero de San Bartolomeo all’Isola.
O 18 de xuño de 1958 foi nomeado proprefecto da Congregación para a Propagación da Fe, e dous anos despois prefecto. O 25 de xuño de 1962 renunciou como patriarca de Cilicia, e seguiu a traballar en Roma. Retirouse como prefecto da congregación o 19 de outubro de 1970, e días despois foi nomeado cardeal-bispo de Albano.
Finou en Roma o 16 de maio de 1971.
Premios e distincións[editar | editar a fonte]
Foi nomeado doutor honoris causa en Leis polo Boston College en 1952,[5] pola Universidade de San Tomé de Manila en 1958, polas universidades Católica de América e de Notre Dame en 1960, e pola Universidade Nacional de Irlanda en 1961. Foi tamén nomeado Cabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana en 1963.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ O seu apelido aparece tamén como Agagianian, Aghagianian, Agadżanian e Aghajanian .
- ↑ 2,0 2,1 Lentz, Harris M. (2002). Popes and Cardinals of the 20th Century: A Biographical Dictionary (en inglés). McFarland & Company. p. 7. ISBN 9780786410941.
- ↑ Outras fontes dan o 18 de setembro.
- ↑ "The Eastern Churches Quarterly". The Eastern Churches Quarterly (en inglés) (Ramsgate (Inglaterra): St. Augustine's Abbey) 6: 348. 1969. OCLC 1567277.
- ↑ "Boston College Fact Book 1996 - 1997: Honorary Degrees Awarded by Boston College 1952-1995". Boston College (bc.edu) (en inglés). Consultado o 04/05/2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Avedis Pedro XIV Arpiarean |
Patriarca de Cilicia 1937 - 1962 |
Sucesor: Ignacio Pedro XVI Patanean
|
Predecesor: Samuel Alphonsus Stritch |
Prefecto da Congregación para a Propagación da Fe 1958 - 1970 |
Sucesor: Agnelo Rossi
|
- Nados en 1895
- Nados en Akhaltsikhe
- Bispos católicos de Xeorxia
- Bispos da Igrexa católica armenia
- Bispos católicos do século XX
- Patriarcas de Cilicia
- Cardeais de Xeorxia
- Cardeais creados por Pío XII
- Alumnos da Pontificia Universidade Urbaniana
- Profesores do Pontificio Colexio Armenio
- Doutores honoris causa pola Universidade Católica de América
- Doutores honoris causa pola Universidade Nacional de Irlanda
- Doutores honoris causa polo Boston College
- Doutores honoris causa pola Universidade de Santo Tomás
- Galardoados coa Orde ao Mérito da República Italiana
- Finados en 1971
- Doutores honoris causa pola Universidade de Notre Dame