Charles Norbert Roëttiers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Charles Norbert Roëttiers
Nacemento15 de agosto de 1720 (ou 1692).
  París
Francia
Falecemento19 de novembro de 1772 (52 anos)
  París
Francia
ÁreaDeseño e gravado de moedas e medallas.
NacionalidadeFrancés
ProxenitoresJoseph Charles Roëttiers.
editar datos en Wikidata ]

Charles Norbert Roëttiers, nado en París o 15 de agosto de 1720 e finado na mesma cidade o 19 de novembro de 1772, foi un medallista e deseñador de moeda francés, o décimo segundo en ocupar o posto de gravador xeral de moeda de Francia.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Charles Robert Roëttiers pertencía a unha ampla familia de gravadores, prateiros e ourives franceses, de orixe flamenga.[2][3] Era fillo de Joseph Charles Roëttiers (1691-1779), de quen aprendeu a arte do gravado da medalla e a moeda, e neto de Joseph Roëttiers (1635-1703).[4][5]

Medalla de Charles Norbert Roëttiers (1770): construción da Monnaie de Paris.[6][7]
1 escudo. Lois XV (1771), obra de Charles Norbert Roettiers e do seu pai Joseph Charles Roëttiers. [8]

En 1753 foi nomeado gravador xeral de moedas de Francia, posto no que foi o sucesor do seu pai. No entanto, logo do falecemento de Charles Norbert en 1772, foi novamente o seu pai quen reasumiu o posto interinamente, ata 1774, cando lle foi cedido a un novo titular, Pierre Simon Benjamin Duvivier.[9]

Desde 1759 ata a súa morte foi tamén gravador particular de moedas e medallas do rei na Monnaie de París.[5]

Charles Robert foi un asiduo participante nos Salóns de París, onde amosou as súas medallas e outras creacións, nas edicións de 1753, 1761, 1765, 1769 e 1771.[9]

As formas máis habituais de asinar as súas moedas e medallas foron: C. N. R. ou ROETTIERS FILIUS ou ROETT. FILIUS ou ROETTIERS FIL. ou ROETT. FIL. ou R. FIL. ou R. F. ou C. N. ROETTIERS FILIUS.[10]

Charles Robert Roëttiers foi admitido como membro da Real Academia de Pintura e Escultura o 31 de decembro de 1764, en recoñecemento a unha medalla da súa creación que representaba a fraternidade entre ambas as artes, coa lenda AMICAE QUAMVIS AEMULAE.[4][9]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Joseph Charles Roëttiers
Francia
Gravador xeral de moedas de Francia

1753 - 1772
Sucesor:
Joseph Charles Roëttiers